Skrillex
Sonny John Moore, nado no barrio de Highland Park, na cidade dos Ánxeles, o 15 de xaneiro de 1988, é un DJ, cantante e produtor musical estadounidense coñecido polo seu nome artístico Skrillex. Sonny Moore uniuse á banda post-hardcore From First to Last como o seu cantante en 2004, e gravou dous álbums con eles Dear Diary, My Teen Angst Has a Body Count (2004) e Heroine, (2006). Deixou a banda para comezar a súa carreira en solitario en 2007.[1][2] Comezou a súa primeira xira en solitario a finais de 2007. Despois de recrutar novos membros para a nova banda, Moore uniuse á xira Alternative Press Tour para apoiar a All Time Low e The Rocket Summer.[3]
Despois de lanzar o EP Gypsyhook EP no 2009, Moore tiña previsto a gravación do seu álbum de estudio Bells, xunto co produtor Noah Shain. Porén, parou a produción do álbum e comezou a súa andaina baixo o nome de Skrillex, distribuíndo o EP My Name Is Skrillex mediante descarga gratuíta na súa páxina oficial de MySpace. Máis tarde, lanzou o Scary Monsters and Nice Sprites a finais de 2010 e More Monsters and Sprites a mediados de 2011, cos cales conseguiu un éxito comercial moderado. O 30 de novembro de 2011, foi nomeado a cinco Premios Grammy, e gañou tres galardóns: "Mellor Álbum Dance/Electrónica", "Mellor Gravación Dance" e "Mellor Gravación Remixed, Non Clásica".[4] On 5 de decembro de 2011, a BBC anunciou que estaba nomeado á votación Sound of 2012.[5] O 12 de decembro de 2011, foi galardoado co Premio MTV como Mellor artista do ano de música dance electrónica.[6] Skrillex gañou un total de seis Premios Grammy.
Discografía
- Gypsyhook EP (2009)
- My Name Is Skrillex (2010)
- Scary Monsters and Nice Sprites (2010)
- More Monsters and Sprites (2011)
- Bangarang (2011)
- Make It Bun Dem After Hours EP (2012)
- Leaving (2013)
- Recess (2014)
- Skrillex and Diplo Present Jack Ü (con Diplo como Jack Ü) (2015)
- Bandas sonoras
- 2013: Spring Breakers
Notas
- ↑ "Korn Preview New Track 'Get Up'". RTT News. 18 de abril de 2011. Consultado o 26 de abril de 2011.
- ↑ Siegal, Daniel. "Coachella 2011: Our body-grooving guide to the dance tents". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2011. Consultado o 26 de abril de 2011.
- ↑ "100 Bands You Need to Know". Alternative Press. 2008. Consultado o 21 de abril de 2011.
- ↑ "Nominees And Winners". Consultado o 30 de novembro de 2011.
- ↑ BBC (ed.). "Sound of – 2012 – Skrillex". Consultado o 14 de febreiro de 2012.
- ↑ "Skrillex Is MTV's EDM Artist Of 2011!". MTV. 12 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2012. Consultado o 14 de febreiro de 2012.
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Skrillex |