Saltar ao contido

Simon Gallup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 28 de xullo de 2011 ás 09:40 por Amirobot (conversa | contribucións) (r2.7.1) (bot Engadido: tr:Simon Gallup)

Modelo:Artista musical

Simon Jonathon Gallup (nado o 1 de xuño de 1960 en Duxhurst, Surrey) é un músico inglés, baixista da banda post-punk The Cure.

Biografía

Simon é o máis novo de seis irmáns nacidos da parella formada por Bob e Peg Gallup. Xunto coa súa primeira muller, Carol Thompson, tocou nunha banda chamada The Magazine Spies. Antes de unirse a The Cure, Gallup tamén foi baixista do grupo de punk rock Lockjaw.

Gallup comezou a tocar con The Cure en 1979, substituíndo a Michael Dempsey no baixo. Tamén fai labores de teclista dende a saída de Matthieu Hartley en 1980. En 1982 foi expulsado do grupo despois dunha suposta pelexa nun bar con Robert Smith, pouco tempo despois de gravar o álbum Pornography e de rematar a súa xira de promoción.

Durante ese tempo formou o grupo Fools Dance, e en 1984 regresou a The Cure, onde toca na actualidade.