Saltar ao contido

Router

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 6 de marzo de 2020 ás 19:37 por Banjo (conversa | contribucións) (Desfixéronse as edicións de Redrigo20 (conversa); cambiado á última versión feita por Alfonso Márquez)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Avaya ERS-8600

Un router ou encamiñador[1] é un equipo usado para a comunicación entre diferentes redes de computadores. Este equipamento prové da comunicación entre computadores distantes entre si e mesmo con protocolos de comunicación diferentes.

Características

[editar | editar a fonte]

Os routers son dispositivos que operan na capa 3 do modelo OSI de referencia. A principal característica dos enrutadores é seleccionar o porto máis apropiado para pasar os paquetes recibidos; ou sexa, encamiñar os paquetes polo mellor camiño dispoñible para un determinado destino.

Un router básico conecta unha rede ethernet cunha conexión de banda larga. Estes routers normalmente inclúen conectores para as dúas redes (13, 17), un procesador básico (4), RAM (6) e memoria flash (7).

Funcionamento

[editar | editar a fonte]

Os encamiñadores inician e fan a manutención de tabelas de rutas executando procesos e protocolos de actualización de rutas, especificando os enderezos e os dominios de encamiñamento, atribuíndo e controlando métricas de encamiñamento. O administrador pode facer a configuración estática das rutas para a propagación dos paquetes ou a través de procesos dinámicos executando nas redes. Os encamiñadores pasan adiante os paquetes baseándose nas informacións contidas na tabela de encamiñamento. O problema da configuración das rutas estáticas é que, de haber algunha alteración na rede que afecte esa ruta, o administrador debe refacer a configuración manualmente. A obtención de rutas dinámicas é diferente. Despois de que o administrador faga a configuración a través de comandos para iniciar o encamiñamento dinámico, o coñecemento das rutas actualizarase automaticamente sempre que se reciban novas informacións a través da rede. Esa actualización faise a través do intercambio de coñecemento entre os encamiñadores de rede.

Protocolos de encamiñamento

[editar | editar a fonte]

Son protocolos que serven para intercambiar informacións de construción dunha tabela de encamiñamento. É importante resaltar a diferenza entre protocolo de encamiñamento e protocolo encamiñado.

  • O protocolo encamiñado é aquel que prové de información adecuada no seu direccionamento de rede para que os seus paquetes sexan encamiñados, como o TCP/IP e o IPX.
  • O protocolo de encamiñamento posúe mecanismos para a compartición de informacións de rutas entre os dispositivos de encamiñamento dunha rede, permitindo o encamiñamento dos paquetes dun protocolo encamiñado.

Exemplo de protocolo de encamiñamento: RIP e IGRP.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para encamiñador.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]