Saltar ao contido

Paporroibo real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O paporroibo real[2] (Pyrrhula pyrrhula) é un pequeno paxaro da familia dos frinxílidos.

Características

[editar | editar a fonte]

É un pequeno paxaro, duns 10 centímetros de longo, cun gran dimorfismo sexual: o macho ten a cabeza negra, o lombo gris e un rechamante peito dun vermello intenso. Porén, a femia ten o peito algo claro, cun lombo e unha cabeza grises. Tanto o macho como a femia teñen unha fita branca nas ás.

É un paxaro común en Europa e nas zonas tépedas de Asia. É fundamentalmente unha ave estábel, pero os exemplares que viven nas rexións máis setentrionais realizan migracións cara ao sur no verán. Vive tamén en parques e xardíns, e prefire os bosques de coníferas.

Comportamento

[editar | editar a fonte]
Femia (esquerda) e macho (dereita) de cardeal
Pyrrhula pyrrhula europoea
Pyrrhula pyrrhula

Fai o niño en árbores e arbustos, con postas de entre catro e sete ovos. Aliméntase sobre todo de sementes e de abrochos de froiteiras.

Viven en parella ou en familias reducidas, e non forman grandes comunidades nin bandadas. Como dato curioso, os espermatozoides do cardeal son redondeados e cun acrosoma romo, feito non frecuente entre os paseriformes.

O Cardeal dos Azores, que nun comezo se crera unha subespecie deste cardeal, agora tense por unha especie de seu.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]