Saltar ao contido

Octógono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Octógono regular.

Un octógono é un polígono de 8 lados. Un octógono regular é aquel que ten os lados iguais na súa lonxitude e os seus ángulos internos miden o mesmo.

O ángulo interno de cada vértice dun octógono regular mide 135º e a suma de tódolos seus ángulos interiores é 1080º. A área "A" dun octógono regular de lonxitude de lado "a" vén dada por:

Construción

[editar | editar a fonte]

Un octógono pódese construír cunha regra e un compás. Para facelo só hai que seguir os pasos que se indican na imaxe animada.