Mundial de Fútbol de 1938: Diferenzas entre revisións
Liña 306: | Liña 306: | ||
|golesvisita = Dobay {{gol|35}} |
|golesvisita = Dobay {{gol|35}} |
||
|informe = http://www.fifa.com/worldcup/archive/france1938/matches/match/1157/#match-lineups |
|informe = http://www.fifa.com/worldcup/archive/france1938/matches/match/1157/#match-lineups |
||
}} |
|||
=== Cuartos de final === |
|||
{{Partidos |
|||
|local = {{sel|Italia}} |
|||
|resultado = 3 - 1 |
|||
|visita = {{sel|Francia}} |
|||
|data = [[12 de xuño]] de [[1938]], 17:00 |
|||
|estadio = [[Stade Olympique de Colombes|Stade Olympique]] |
|||
|cidade = [[Colombes]] |
|||
|asistencia = 58.455 |
|||
|árbitro = Louis Baert ([[Bélxica]]) |
|||
|goleslocal = Colaussi {{gol|9}}<br/>[[Silvio Piola|Piola]] {{gol|51}} {{gol|72}} |
|||
|golesvisita = Heisserer {{gol|10}} |
|||
|informe = http://www.fifa.com/worldcup/archive/france1938/matches/match/1164/#match-lineups |
|||
}} |
|||
{{Partidos |
|||
|local = {{sel|de=do|Brasil}} |
|||
|resultado = 1 - 1 |
|||
|visita = {{sel|Checoslovaquia}} |
|||
|data = [[12 de xuño]] de [[1938]], 17:00 |
|||
|estadio = [[Stade Chaban-Delmas|Parc Lescure]] |
|||
|cidade = [[Bordeos]] |
|||
|asistencia = 22.021 |
|||
|árbitro = Pál von Hertzka ([[Hungría]]) |
|||
|goleslocal = [[Leônidas]] {{gol|30}} |
|||
|golesvisita = [[Oldřich Nejedlý|Nejedlý]] {{gol|65|[[Penalti|pen.]]}} |
|||
|informe = http://www.fifa.com/worldcup/archive/france1938/matches/match/1152/#match-lineups |
|||
}} |
|||
<br/> |
|||
==== Desempate ==== |
|||
{{Partidos |
|||
|local = {{sel|de=do|Brasil}} |
|||
|resultado = 2 - 1 |
|||
|visita = {{sel|Checoslovaquia}} |
|||
|data = [[14 de xuño]] de [[1938]], 18:00 |
|||
|estadio = [[Stade Chaban-Delmas|Parc Lescure]] |
|||
|cidade = [[Bordeos]] |
|||
|asistencia = 18.141 |
|||
|árbitro = Georges Capdeville ([[Francia]]) |
|||
|goleslocal = [[Leônidas]] {{gol|57}}<br/>Roberto {{gol|62}} |
|||
|golesvisita = Kopecký {{gol|25}} |
|||
|informe = http://www.fifa.com/worldcup/archive/france1938/matches/match/1153/#match-lineups |
|||
}} |
}} |
||
Revisión como estaba o 22 de xuño de 2020 ás 18:56
Modelo:Campionato internacional de fútbol O Mundial de Fútbol de 1938 (en francés: Coupe du Monde 1938) foi a terceira edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse en Francia entre o 4 e o 19 de xuño de 1938. O formato do torneo foi igual ao da anterior edición de 1934 en Italia, cunha fase de eliminatorias a partido único. En caso de empate, xogábase unha prórroga de 30 minutos, e se o resultado seguía igual, celebrábase un encontro de desempate ao día seguinte.
O clima prebélico que se vivía antes da Segunda Guerra Mundial marcou o torneo, onde só participaron quince países pola renuncia de Austria. O país centroeuropeo, clasificado para a fase final, fora ocupada pola Alemaña nazi tres meses antes do torneo, tendo os seus xogadores que competir coa selección alemá. Ao igual que no anterior mundial, a grande maioría dos equipos eran do continente europeo (12 de 15). Os países de América do Sur negáronse a participar no torneo en protesta pola elección de novo dun país europeo para albergar o campionato. Os únicos representantes americanos foron o Brasil e debutante Cuba. O outro equipo non europeo do torneo foron as Indias Orientales Neerlandesas (actual Indonesia), que ademais foi o primeiro equipo asiático en participar.[1]
O equipo italiano, vencedor catro anos antes, de novo adxudicouse o título de campión no Stade de Colombes após gañar na final a Hungría por 4 a 2. Entre os italianos destacou Giuseppe Meazza como a grande estrela do equipo. Por outra banda, o seleccionador Vittorio Pozzo foi o primeiro adestrador en gañar a Copa do Mundo en dúas ocasións.[2] O máximo goleador do torneo foi o brasileiro Leônidas. Ao ano despois da finalización do torneo estourou a Segunda Guerra Mundial, o cal produciu que o torneo non se retomase até a edición de 1950 no Brasil.[3][4]
Antecedentes e elección
A elección da sede para o Mundial de 1938 tivo lugar en Berlín (Alemaña) o 13 de agosto de 1936 en plenos Xogos Olímpicos. Coas candidaturas de Francia, Alemaña e a Arxentina sobre a mesa, os membros da FIFA elixiron por maioría absoluta aos franceses. Era a segunda vez que un país europeo albergaría este evento, despois de que a anterior edición tivese lugar en Italia.[5] Os arxentinos daban por seguro que serían os organizadores despois de que o presidente da FIFA e fundador da Copa, Jules Rimet, o insinuase aos dirixentes da Asociación do Fútbol Arxentino (AFA) nunha visita oficial. Segundo a súa versión, interpretaban que habería alternancia entre os continentes de Europa e América para cada edición. Con todo, Rimet quedou convencido co proxecto francés e o resto dos membros decantáronse a favor dos europeos polo número de estadios e por cuestións de transporte.[5]
Resultados da votación | |
---|---|
País | Votos |
Francia | 19 |
Arxentina | 3 |
Alemaña | 1 |
Ao non haber alternancia, case todos os países de América renunciaron á fase clasificatoria. O Uruguai seguía molesta co peso de Europa na FIFA e a súa ausencia maioritaria no Mundial de 1930, así que a Asociación Uruguaia de Fútbol non se inscribiu. Do mesmo xeito actuou Colombia. A AFA só quería participar se non xogaban eliminatorias, e aínda que a FIFA o plantexou, os clubs da Primera División presionaron á AFA porque non querían ceder aos seus futbolistas.[6] Por esta razón, a Arxentina ausentouse da Copa Mundial por vez primeira na súa historia. O Brasil, interesado en organizar a edición de 1942, si asistiu e foi o único representante suramericano.[7]
O Mundial de 1938 celebrouse nun contexto de crise política a finais da década de 1930. España estaba inmersa nunha Guerra Civil desde facía dous anos, e o auxe do totalitarísmo en Italia e Alemaña supuña unha ameaza para a liberdade de Europa.[8] Tres meses antes da Copa Mundial, o réxime de Adolf Hitler se anexionara o estado de Austria como unha provincia do III Reich, dentro da súa política expansionista. Isto afectou á organización porque Austria, que estaba clasificada para a fase final, deixou unha praza vacante.[9] En resposta, o público francés foi moi hostil contra italianos e xermanos nos seus encontros. En Asia a situación tamén era complicada debido á segunda guerra sino-xaponesa.
Clasificación
Por primeira vez nunha Copa Mundial a selección anfitrioa, Francia, e a vixente campioa, Italia, tiñan a praza asegurada. O resto de aspirantes debía competir nunha fase clasificatoria marcada polas retiradas e a situación política mundial. A fase de Europa tivo dificultades para configurar as eliminatorias. Un exemplo foi o Suíza contra Portugal: os suízos non querían ir a Lisboa para non cruzar unha España en guerra, así que se acordou un partido único en Milán que terminou en vitoria helvética. Ademáis Exipto e Palestina, únicos representantes de África e Asia Occidental respectivamente, acabaron nos grupos europeos porque non tiñan rivais máis próximos nos seus continentes. Os palestinos caeron ante Grecia, mentres que a Exipto expulsóuselle por negarse a xogar contra Romanía en ramadán. As catro selecciones británicas tamén quedaron fóra porque non formaban parte da FIFA. Os únicos debutantes do vello continente foron Noruega e Polonia. Por outra banda, a pesar de ser ter clasificado, Austria tivo que renunciar debido á anexión do país por parte de Alemaña tres meses antes da inauguración.
En América do Sur case todas as seleccións renunciaron en desconformidade coa elección de sede. Así, o Brasil foi o único representante do continente.[6] A cota norteamericana quedou cuberta con Cuba, debutante na Copa Mundial grazas á renuncia de todos os seus rivais. Inicialmente estaba prevista unha eliminatoria directa entre varios países, mais a renuncia de varios deles levou á celebración dun triangular na Habana entre Cuba, Costa Rica e Güiana Neerlandesa. O gañador viaxaría a Francia para enfrontarse a un país suramericano. Porén, a retirada de costarriqueños e güianeses por razóns económicas deu aos cubanos unha pasaxe directa á fase final.[10]
De igual modo produciuse a clasificación das Indias Orientais Neerlandesas (actual Indonesia), primeiro representante de Asia nos mundiais.[1] En xaneiro de 1938 estaba previsto que disputase un partido contra a selección do Xapón en Saigón (Indochina). Os nipóns renunciaron pola guerra sino-xaponesa e as Indias, sen praza garantida, debían viaxar en maio até Róterdam (Países Baixos) para enfrontarse a Estados Unidos, único rival norteamericano. Os estadounidenses non quixeron facer un desprazamento tan longo e, aínda que a Güiana Neerlandesa pediu substituílos, pois ao ser colonia neerlandesa non tiñan problemas para a viaxe, a FIFA non o permitiu.[10]
Lista de participantes
As seguintes 15 seleccións disputaron a fase final.
Sedes
O torneo estaba programado para celebrarse en once estadios en dez cidades distintas. Con todo, finalmente o estadio Stade de Gerland de Lión non albergou ningún pola renuncia de Austria.
Colombes (área de París) | Marsella | París | Bordeos |
---|---|---|---|
Stade Olympique de Colombes | Stade Vélodrome | Parc des Princes | Parc Lescure |
Capacidade: 60.000 | Capacidade: 48.000 | Capacidade: 40.000 | Capacidade: 34.694 |
Estrasburgo | Le Havre | ||
Stade de la Meinau | Stade Municipal | ||
Capacidade: 30.000 | Capacidade: 22.000 | ||
Reims | Tolosa | Lille | Antibes |
Vélodrome Municipal | Stade du T.O.E.C. | Stade Victor Boucquey | Stade du Fort Carré |
Capacidade: 21.684 | Capacidade: 15.000 | Capacidade: 15.000 | Capacidade: 7.000 |
Cadro do torneo
Por segunda e última vez na historia da Copa Mundial de Fútbol, o torneo desenvolveuse por completo nun sistema de partidos eliminatorios simples e non cunha primeira rolda de grupos. Este sistema soamente fora utilizado na Copa de Mundo de 1934.
Oitavos de final | Cuartos de final | Semifinais | Final | |||||||||||
5 de xuño - Marsella | ||||||||||||||
Italia | 2 | |||||||||||||
12 de xuño - París (C.) | ||||||||||||||
Noruega | 1 | |||||||||||||
Italia | 3 | |||||||||||||
5 de xuño - París (C.) | ||||||||||||||
Francia | 1 | |||||||||||||
Francia | 3 | |||||||||||||
16 de xuño - Marsella | ||||||||||||||
Bélxica | 1 | |||||||||||||
Italia | 2 | |||||||||||||
5 de xuño - Estrasburgo | ||||||||||||||
Brasil | 1 | |||||||||||||
Brasil | 6 | |||||||||||||
12 de xuño - Bordeos (14 de x.) | ||||||||||||||
Polonia | 5 | |||||||||||||
Brasil | 1(2) | |||||||||||||
5 de xuño - Le Havre | ||||||||||||||
Checoslovaquia | 1(1) | |||||||||||||
Checoslovaquia | 3 | |||||||||||||
19 de xuño - Paris (C.) | ||||||||||||||
Países Baixos | 0 | |||||||||||||
Italia | 4 | |||||||||||||
5 de xuño - Reims | ||||||||||||||
Hungría | 2 | |||||||||||||
Hungría | 6 | |||||||||||||
12 de xuño - Lille | ||||||||||||||
Indias Neerlandesas | 0 | |||||||||||||
Hungría | 2 | |||||||||||||
4 de xuño - París (P.) (9 de x.) | ||||||||||||||
Suíza | 0 | |||||||||||||
Suíza | 1(4) | |||||||||||||
16 de xuño - Paris (P.) | ||||||||||||||
Alemaña | 1(2) | |||||||||||||
Hungría | 5 | |||||||||||||
5 de xuño - Lión | ||||||||||||||
Suecia | 1 | Terceiro posto | ||||||||||||
Suecia | w/o | |||||||||||||
12 de xuño - Antibes | 19 de xuño - Bordeos | |||||||||||||
Austria | - | |||||||||||||
Suecia | 8 | Brasil | 4 | |||||||||||
5 de xuño - Tolosa (9 de x.) | ||||||||||||||
Cuba | 0 | Suecia | 2 | |||||||||||
Cuba | 3(2) | |||||||||||||
Romanía | 3(1) | |||||||||||||
Encontros
Oitavos de final
Suíza | 1 - 1 | Alemaña | 4 de xuño de 1938, 17:00 – Parc des Princes, París Asistencia: 27.152 Árbitro: John Langenus (Bélxica) |
Abegglen 43' | Informe |
Gauchel 29' | |
Hungría | 6 - 0 | Indias Orientais Neerlandesas | 5 de xuño de 1938, 17:00 – Vélodrome Municipal, Reims Asistencia: 9.000 Árbitro: Roger Conrié (Francia) |
Kohut 13' Toldi 15' Sárosi 28' 89' Zsengellér 35' 76' |
Informe |
||
Suecia | n/d | Austria | 5 de xuño de 1938 – Stade Gerland, Lión |
Cuba | 3 - 3 | Romanía | 5 de xuño de 1938, 17:00 – Stade du T.O.E.C., Tolosa Asistencia: 7.000 Árbitro: Giuseppe Scarpi (Italia) |
Socorro 44' 103' Magriñá 69' |
Informe |
Bindea 35' Baratky 88' Dobay 105' | |
Italia | 2 - 1 | Noruega | 5 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Vélodrome, Marsella Asistencia: 19.000 Árbitro: Alois Beranek (Alemaña)[11] |
Ferraris 2' Piola 94' |
Informe |
Brustad 83' | |
Francia | 3 - 1 | Bélxica | 5 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Olympique de Colombes, Colombes Asistencia: 30.454 Árbitro: Hans Wüthrich (Suíza) |
Veinante 1' Nicolas 16' 69' |
Informe |
Isemborghs 38' | |
Brasil | 6 - 5 | Polonia | 5 de xuño de 1938, 17:30 – Stade de la Meinau, Estrasburgo Asistencia: 13.452 Árbitro: Ivan Eklind (Suecia) |
Leônidas 18' 93' 104' Romeu 25' Perácio 44' 71' |
Informe |
Scherfke 23' (pen.) Wilimowski 53' 59' 89' 118' | |
Checoslovaquia | 3 - 0 | Países Baixos | 5 de xuño de 1938, 18:30 – Stade Municipal, Le Havre Asistencia: 11.000 Árbitro: Hans Wüthrich (Suíza) |
Košťálek 93' Zeman 111' Nejedlý 118' |
Informe |
||
Desempates
Suíza | 4 - 2 | Alemaña | 9 de xuño de 1938, 18:00 – Parc des Princes, París Asistencia: 20.025 Árbitro: Ivan Eklind (Suecia) |
Walaschek 42' Bickel 64' Abegglen 75' 78' |
Informe |
Hahnemann 8' Lörtscher 22' (p.m.) | |
Cuba | 2 - 1 | Romanía | 9 de xuño de 1938, 18:00 – Stade du T.O.E.C., Tolosa Asistencia: 8.000 Árbitro: Alfred Birlem (Alemaña) |
Socorro 51' Fernández 57' |
Informe |
Dobay 35' | |
Cuartos de final
Italia | 3 - 1 | Francia | 12 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Olympique, Colombes Asistencia: 58.455 Árbitro: Louis Baert (Bélxica) |
Colaussi 9' Piola 51' 72' |
Informe |
Heisserer 10' | |
Brasil | 1 - 1 | Checoslovaquia | 12 de xuño de 1938, 17:00 – Parc Lescure, Bordeos Asistencia: 22.021 Árbitro: Pál von Hertzka (Hungría) |
Leônidas 30' | Informe |
Nejedlý 65' (pen.) | |
Desempate
Brasil | 2 - 1 | Checoslovaquia | 14 de xuño de 1938, 18:00 – Parc Lescure, Bordeos Asistencia: 18.141 Árbitro: Georges Capdeville (Francia) |
Leônidas 57' Roberto 62' |
Informe |
Kopecký 25' | |
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "FIFA World Cup history: France, 1938" [Historia da Copa do Mundo da FIFA: Francia, 1938]. Australian Broadcasting Corporation (en inglés). 15 de maio de 2014.
- ↑ "Entrenador clásico: Vittorio Pozzo" [Adestrador clásico, Vittorio Pozzo]. FIFA.com (en castelán).
- ↑ "1942: el mito del Mundial Olvidado" [1942: O mito do Mundial Esquecido]. Vavel (en castelán).
- ↑ "How Brazil Saved The World Cup In The Aftermath Of World War II" [Como o Brasil salvou a Copa do Mundo a raíz da Segunda Guerra Mundial]. National Public Radio (en inglés). 11 de xuño de 2014.
- ↑ 5,0 5,1 "Argentina no disputará el Mundial" [A Arxentina non xogorá o Mundial]. ESPN Deportes (en castelán). 30 de abril de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 Cantaro, E. (9 de febreiro de 2014). "Un mundo sin cracks criollos". Télam (en castelán).
- ↑ Aceves, A. (26 de marzo de 2014). "Viva Brasil: Francia 1938, Mundial de pocos países" [Forza Brasil: Francia 1938, Mundial de poucos países]. Excelsior.
- ↑ Jurado, J. e Estepa J. "Francia 1938". Marca.
- ↑ "La guerra a la vuelta de la esquina" [A guerra ao virar a esquina]. ESPN Deportes (en castelán). 16 de xullo de 2013.
- ↑ 10,0 10,1 "World Cup 1938 Qualifying" [Clasificación para a Copa do Mundo de 1938]. RSSSF (en inglés).
- ↑ Austríaco, mais finalmente representou á Federación Alemá de Fútbol polo Anschluss.