Saltar ao contido

Magnesia do Sípilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 17 de xullo de 2018 ás 15:51 por Corribot (conversa | contribucións) (top: +control autoridades using AWB)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Magnesia do Sípilo (Magnesia Ad Sipylum, Μαγνησία ὑπὸ Σιπύλῳ) foi unha cidade de Lidia na parte noroeste do monte Sípilo (Sipylus) e na parte sur do río Hermo (Hermus). Como a súa homónima de Xonia é supostamente unha fundación da xente de Magnesia de Tesalia.

A súa fama deriva da importante batalla librada nas súas murallas entre os romanos dirixidos polos Escipións, e Antíoco III o grande o -190, na que o rei seléucida foi derrotado e perdeu acto seguido as súas posesións en Asia Menor. A cidade rendeuse rapidamente aos romanos.

Durante a guerra con Mitrídates do Ponto no século -I, os habitantes da cidade defendéronse do ataque dos pónticos.

Durante o reinado de Tiberio a cidade foi destruída por un terremoto e o emperador deu diñeiro para a súa reconstrución.

Aínda era unha cidade de certa importancia ao século V e continúa sendo mencionada durante o período bizantino.

Foi tamén residencia temporal dos sultáns turcos.

O seu nome moderno é Manisa e as ruínas da antiga cidade son moi pouco importantes.