Karma
Karma (do sánscrito कर्म karmam; en pali, Kamma) significa acción. O termo ten uso relixioso dentro das doutrinas budista, hinduísta e xainista. Foi posteriormente adoptado tamén pola Teosofía, polo Espiritismo e por un subgrupo significativo do movemento New Age.
Non obstante, débese notar que non hai moita consistencia de uso do termo ou de interpretación do seu significado. As relixións utilizan o termo karma para expresar un conxunto de accións dos homes e as súas consecuencias. Este termo, na física, é equivalente á lei: "Para toda acción existe unha reacción de forza e sentido contrario". Neste caso, para toda acción realizada polo ser humano, este pode esperar unha reacción. Se practicou o mal, entón recibirá de volta un mal en intensidade equivalente ao mal causado. Se practicou o ben, entón recibirá de volta un ben en intensidade equivalente ao ben causado. Dependendo da doutrina e dos dogmas da relixión discutida, este termo pode parecer diferente, porén a súa esencia focalízase sempre nas accións e nas súas consecuencias.
Karma segundo o Budismo
[editar | editar a fonte]No Budismo, kamma ou karma é a palabra para "acto" ou "acción", e nese sentido úsase a palabra en textos máis antigos para ilustrar a importancia de desenvolver actitudes e intencións correctas. Considérase que por xerar karma os seres están presos ao Samsara, e polo tanto a meta última da práctica budista é extinguir o karma.
Non todas as ramas do Budismo lle dan importancia ao karma, como por exemplo a rama zen.
Karma segundo o Esoterismo
[editar | editar a fonte]Algúns movementos esotéricos adoitan falar do karma no sentido de "conxunto de deméritos acumulados" e en dharma como "conxunto de méritos acumulados" (polo tanto o contrario de karma). Esa terminoloxía non é consistente co uso tradicional das relixións orientais, principalmente porque dharma significa ensino ou verdade en vez de mérito ou virtude.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Karma segundo o Budismo
[editar | editar a fonte]- Kamma nos Ensinos do Buda[Ligazón morta]
- Cinco preguntas sobre o Karma[Ligazón morta]
- Karma[Ligazón morta]