Saltar ao contido

Framestore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Framestore

Entrada das oficinas de Framestore.
Fundación1986
LocalizaciónLondres, Reino Unido Reino Unido
IndustriaCine, efectos visuais
Na rede
http://www.framestore.com
IMDB: co0103818 Facebook: Framestore Twitter: Framestore Instagram: framestore Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Framestore é unha empresa de efectos visuais británica coa súa sede preto de Oxford Street, en Londres. Fundada en 1986, adquiriu Computer Film Company en 1997, fusionándose posteriormente. A compañía traballa en diferentes eidos dos medios de comunicacións: filmes, anuncios, vídeos musicais, animacións tradicional 2D e dixital, e recibiu premios e nomeamentos para os BAFTA e os Óscar.

No ano 2004, a empresa estableceu unha oficina no distrito de SoHo, en Nova York. Dende entón abriu outras oficinas en Os Ánxeles, Chicago e Montreal.

Departamentos

[editar | editar a fonte]

Na actualidade conta cos seguintes departamentos:[1]

  • Animation (Animación)
  • Art Department (Departamento de Arte para audiovisual)
  • Branded Entertainment (Entretemento de marca)
  • Capture Lab (Laboratorio de captura)
  • Colour (Cor)
  • Design Studio (Estudio de Deseño)
  • Framestore Pictures (Imaxes de Framestore)
  • Labs (Laboratorios)
  • Pre-production Services (Servizos de pre-produción)
  • Previsualisation (Previsualización)
  • Real-Time / Engine (Tempo real / Motor)
  • Stills (Fotografía e imaxe fixa)
  • Theme Park Attractions (Atraccións de parques temáticos)
  • Technology & Research (Tecnoloxía e Investigación)
  • VFX (Efectos visuais)
  • Ventures (Incubadora interna de empresas)
  • Virtual Reality (Realidade virtual)
  1. "About Us". Framestore. 2016-02-09. Consultado o 2023-03-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]