Boston Red Sox
Boston Red Sox | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1901 En Boston desde 1901 | |||
| |||
Afiliacións de Grandes Ligas | |||
| |||
Uniforme actual | |||
Dorsais retirados | 1, 4, 6, 8, 9, 14, 26, 27, 34, 45, 42 | ||
Cores | |||
| |||
Nome | |||
| |||
Alcumes | |||
| |||
Estadio | |||
| |||
Títulos das Grandes Ligas | |||
Series Mundiais (9) | 1903, 1912, 1915, 1916, 1918, 2004, 2007, 2013, 2018 | ||
American League (14) | 1903, 1904, 1912, 1915, 1916, 1918, 1946, 1967, 1975, 1986, 2004, 2007, 2013, 2018 | ||
División Leste (10) | 1975, 1986, 1988, 1990, 1995, 2007, 2013, 2016, 2017, 2018 | ||
Wild card (7) | 1998, 1999, 2003, 2004, 2005, 2008, 2009 | ||
Administración | |||
Dono(s) | John Henry | ||
Adestrador | John Farrell | ||
Presidente | Dave Dombrowski |
Os Boston Red Sox son un equipo profesional de béisbol estadounidense con sede na cidade de Boston, Massachusetts. Os Red Sox compiten na división Leste da American League da Major League Baseball (MLB). Nado no ano 1901 como un dos oito membros fundadores da American League, o equipo xoga os seus partidos como local no Fenway Park desde 1912. No seu palmarés destacan oito trofeos das Series Mundiais, tendo participado en doce delas. O nome do equipo foi escollido ao redor de 1908 polo propietario do equipo naquela altura, John I. Taylor, seguindo a estela doutros equipos coñecidos como "Boston Red Stockings", incluíndo o predesor dos Atlanta Braves.
Nos anos sucesivos á fundación da Liga Americana, os de Boston eran un dos equipos dominadores da competición. De feito, derrotaron aos Pittsburgh Pirates na primeira edición das Series Mundiais en 1903, vencendo noutras catro máis até 1918. Porén, a partir dese ano, entraron nunha das maiores xeiras sen gañar un campionato da historia do béisbol, a coñecida como "Maldición do Bambino". A orixe deste termo provén do trasapaso de Babe Ruth aos New York Yankees dous anos despois do título de 1918, encadeando posteriormente 86 anos sen gañar un título. A mala xeira foi rota coa vitoria nas Series Mundiais de 2004. Durante este período o equipo fixo parte dalgúns dos momentos máis históricos das World Series como o mad dash de 1946, o "Impossible Dream2 de 1967, o home run de Carlton Fisk en 1975 ou o erro de Bill Buckner en 1986. Tras a vitoria de 2004 chegarían tres máis, unha en 2007, outra en 2013 e outra en 2018, sendo o primeiro equipo en conseguir tres títulos no século XXI. A historia dos Red Sox está tamén marcada pola súa rivalidade cos Yankees, estando considerada a máis feroz e histórica do deporte norteamericano.[1][2][3]
Os Boston Red Sox son propiedade do Fenway Sports Group, tamén dono do Liverpool F.C. da Premier League de fútbol inglesa. A nivel de públicom son un dos equipos que máis seareiros arrastran nos seus partidos como visitante, non sendo un dos equipos con maior media de asistentes por partido como local debido á pouca capacidade do Fenway Park (37.731 espectadores).[4] Desde o 15 de maio de 2003 até o 10 de abril de 2013, os Red Sox venderon todas as entradas do seu partidos, conseguindo encher o seu estadio durante 820 partidos consecutivos, récord do deporte profesional estadounidense.[5][6] É tamén destacábel que os seareiros adoptaron a canción "Sweet Caroline" de Neil Diamond como un himno do equipo.[7]
Estadios
[editar | editar a fonte]- Fenway Park (1912-presente).
- Huntington Avenue Baseball Grounds (1901-1911).
Números retirados
[editar | editar a fonte]Bobby Doerr 2B Técnico Retirado en 1988 |
Joe Cronin SS Mgr, GM Retirado en 1984 |
Johnny Pesky SS, 3B Mgr, Coach Retirado en 2008 |
Carl Yastrzemski LF, 1B, DH Retirado en 1989 |
Ted Williams LF Retirado en 1984 |
Jim Rice LF, DH Coach Retirado en 2009 |
Carlton Fisk C Retirado en 2000 |
Jackie Robinson - Retirado en 1997 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Shaughnessy 2005, p. 21
- ↑ Frommer & Frommer 2004, p. 78
- ↑ Bodley, Hal (October 21, 2004). "Sport's ultimate rivalry; Yanks-Red Sox epic battles go way back". USA Today. p. 3C. Consultado o 26-02-2018.
- ↑ "MLB Attendance Report – 2007". ESPN. 01-11-2007. Consultado o 26-02-2018.
- ↑ Golen, Jimmy (15-05-2007). "Tigers 7, Red Sox 2". USA Today. Associated Press. Consultado o 26-02-2018.
- ↑ Smith, Aaron (30-03-2011). "Top five most loyal MLB fan bases". Yahoo! Sports. Arquivado dende o orixinal o 25-07-2020. Consultado o 26-02-2018.
- ↑ Vosk, Stephanie (29-05-2005). "Another mystery of the Diamond, explained at last". Boston Globe. Consultado o 26-02-2018.