Saltar ao contido

Berenguela de León e Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de maio de 2024 ás 20:20 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaBerenguela de León e Castela

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1180 Editar o valor en Wikidata
Alcazar de Segovia, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de novembro de 1246 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Mosteiro de las Huelgas, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de las Huelgas Editar o valor en Wikidata
Raíña de Castela
6 de xuño de 1217 – 1 de xullo de 1217
Rexente
1214 – 1217
Consorte real de León
1197 – 1204 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConsorte real de León (1197–1204)
Rei de Castela Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAfonso VIII de León e Galicia (1198 (Gregoriano)–1204), disolución
Conrado II de Suabia (1188 (Gregoriano)–1196), magnicidio Editar o valor en Wikidata
FillosLeonor de León
 () Afonso VIII de León e Galicia
Fernando III de Castela
 () Afonso VIII de León e Galicia
Constanza de León
 () Afonso VIII de León e Galicia
Afonso, infante de Castela
 () Afonso VIII de León e Galicia
Berengária de Leão
 () Afonso VIII de León e Galicia Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso VIII de Castela Editar o valor en Wikidata  e Leonor Plantagenet Editar o valor en Wikidata
IrmánsHenrique I de Castela
Urraca de Castela
Branca de Castela
Leonor de Castela
Constanza de Castilla
Sancho de Castilla
Mafalda de Castilla
Sancha de Castilla
Ferdinand of Castile Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX866536 WikiTree: Bourgogne-212

Berenguela, ou Berengaria, de Castela, nada en Segovia, Reino de Castela en 1179,[1] [2] [3][4] ou en 1180,[2] [5] [6] [7] e finada o 8 de novembro de 1246 no Mosteiro de las Huelgas, Burgos, Reino de Castela, foi raíña de Castela en 1217,[8] e raíña consorte de León e Galicia entre 1197 e 1204, polo seu matrimonio co rei Afonso VIII de León e Galicia.[9]

Orixes familiares

[editar | editar a fonte]

Era a filla primoxénita do rei Afonso VIII de Castela e da súa esposa a raíña Leonor Plantagenet. A súa irmá Branca de Castela foi raíña consorte de Francia, e rexente este reino durante a minoridade do seu fillo Lois, o futuro rei Lois IX, san Lois. Por liña paterna era bisneta doutra Berenguela, a esposa de Afonso VII de León e irmá de Ramón Berenguer IV de Barcelona o Santo. E por liña materna era neta de Henrique II de Inglaterra duque de Normandía e conde de Anjou, e doutra importante muller da época, Leonor de Aquitania, duquesa de Aquitania e de Gascuña, e condesa de Poitiers.[10][11][12]

Política matrimonial

[editar | editar a fonte]

Durante os primeiros aos da súa vida, Berenguela foi a herdeira nominal ao trono do Reino de Castela, pois os infantes nacidos posteriormente non sobreviviron, o que a converteu nun partido moi desexado en toda Europa.[13]

O primeiro compromiso matrimonial de Berenguela acordouse en 1187, cando ela tiña só 7 ou 8 anos de idade, con Conrado II de Suabia (1170-1198), duque de Rothenburg e quinto fillo do emperador xermánico Frederico I Barbarroxa.[14] Ao ano seguiente, en Seligenstadt, asinouse o contrato matrimonial, que incluía un dote de 42 000 marabedís,[14] tras o cal Conrado marchou a Castela, onde se celebraron os esponsais en Carrión de los Condes en xuño de 1188.[15] [16]

Retrato de Berenguela, no Tomo III do libro de Manuel Rodríguez 1788): Retratos de los Reyes de España desde Atanarico hasta nuestro católico monarca Don Carlos III.

O 29 de novembro de 1189 naceu o infante Fernando, que foi designado herdeiro do trono de Castela, e o emperador Frederico, vendo frustradas as súas aspiracións en Castela perdeu todo interese en manter o compromiso do seu fillo e os esponsais foron cancelados,[16] a pesar do dote de 42 000 áureos da infanta. Conrado e Berenguela nunca voveron a verse. Berenguela solicitou ao papa a anulación do compromiso, seguramente influída por axentes externos, como a súa avoa Leonor de Aquitania, á quen non lle interesaba ter a un Hohenstaufen como veciño dos seus feudos franceses. Pero estes temores veríanse posteriormente neutralizados cando o duque foi asasinado en 1196 en Durlach (cidade alemá, que hoxe é o barrio maior de Karlsruhe, no Land de Baden-Württemberg), presuntamente polo marido dunha muller á que violara ese mesmo ano, aínda que outras fontes din que Conrado foi trabado nun ollo por unha virxe á que estaba tratando de violar, morrendo como consecuencia da infección.[17]

En decembro de 1197 Berenguela casou, na cidade de Valladolid, co seu primo segundo o rei Afonso VIII de León e Galicia, fillo de Fernando II de León e de Urraca, infanta de Portugal. Deste matrimonio naceron cinco fillos.[16] Pero, a pesar de que o papa Celestino III autorizara esta unión, en 1204, o papa Inocencio III, proclamou un interdito sobre os reinos de León e Castela, ameazando con declarar como ilexítimos aos fillos nacidos da parella,[18] e anulouno alegando o parentesco dos cónxuxes,[19]. Esta era a segunda anulación para Afonso, e ambos os esposos solicitaron vehementemente unha dispensa para permaneceren xuntos. Pero este papa foi un dos máis duros en cuestións matrimoniais, así que a denegou, aínda que a parella conseguiu que a súa descendencia fose considerada como lexítima. Disolvido o enlace matrimonial, Berenguela regresou a Castela ao lado dos seus pais,[16] onde se dedicou ao coidado dos seus fillos, ingresando despois no Mosteiro de Santa María la Real de Las Huelgas, en Burgos, onde profesou como monxa, segundo a Crónica de Alberico de Tres Fontes.[18][20]

Rexente de Castela (1214–1217)

[editar | editar a fonte]
Castelo de Dona Berenguela en Bolaños de Calatrava, Cidade Real.

Ao morrer Afonso VIII en 1214, herdou a Coroa de Castela o irmán máis novo de Berenguela, o xove infante Henrique, que tan só tiña dez anos de idade, polo que se abriu un período de rexencia, primeiro baixo a nai do rei, Leoor Plantaxent, que durou exactamente vinte e catro días, até a súa morte, e despois baixo a da súa irmá Berenguela.[21]

Comezaron entón conflitos e disturbios internos ocasionados pola nobreza, principalmente pola Casa de Lara, que obrigaron a Berenguela a ceder a titoría do rei e a rexencia do reino ao conde Álvaro Núñez de Lara, para evitar conflitos civís no reino.[22]

En febreiro de 1216 celebrouse en Valladolid unha curia extraordinaria á que asistiron magnates casteláns como Lope Díaz de Haro, Gonzalo Rodríguez Girón, Álvaro Díaz de Cameros, Alfonso Téllez de Meneses e outros, que acordaron, co apoio de Berenguela, facer fronte común diante de Álvaro Núñez de Lara. A finais de maio dese mesmo ano, a situación tornouse perigosa en Castela para Berenguela, que decidiu refuxiarse no castelo de Autillo de Campos,[23] cuxo tenente era o nobre Gonzalo Rodríguez Girón —un dos fieis á rexente— e enviar ao seu fillo Fernando, o futuro rei, á Corte de León, canda seu pai, Afonso VIII de León e Galicia.

O 15 de agosto de 1216 reuníronse todos os magnates do Reino de Castela para intentaren chegar a un acordo que evitase a guerra civil, pero as súas desavinzas levaron aos Girón, os Téllez de Meneses e os Haro a afastarse definitivamente do Lara.

Raíña de Castela (1217)

[editar | editar a fonte]

O conflito acabou resolvéndose dunha forma drástica e accidental, xa que o pequeno rei Henrique morreu tres anos máis tarde, o 6 de xuño de 1217 despois de recibir unha ferida na cabeza causada por unha tella que se desprendeu accidentalmente cando se encontraba xogando con outros nenos no palacio do bispo de Palencia.[24]

Foi así como o encargo de reinar recaeu sobre os ombros de Berenguela. O conde Álvaro Núñez de Lara levou o cadáver de Henrique ao castelo de Tariego para ocultar a súa morte, aínda que a noticia chegou de todos os xeitos a Berenguela.[25] Case inmediatamente, o 2 de xullo do mesmo ano, a raíña abdicou en favor de Fernando, fillo que tivera de Afonso VIII de León e Galicia, que subiu así ao trono como Fernando III de Castela.[16] [26]

Raíña nai: conselleira real (1217-1246)

[editar | editar a fonte]
Estatua de Berenguela de León e Castela no Parque do Retiro de Madrid.
Armas unidas de Castela e León, usadas pola primeira vez por Fernando III.

Pese a que non quixo ser raíña, Berenguela estivo sempre ao lado do seu fillo, como conselleira, intervindo na política do reino, aínda que de forma indirecta.

Destacou a mediación de Berenguela en 1218 cando a intrigante familia nobiliaria dos Lara, co antigo rexente Álvaro Núñez de Lara á cabeza, conspirou para que o pai de Fernando III e rei de León e Galicia, Afonso VIII, penetrara en Castela para facerse co trono do seu fillo. Porén, o falecemento do conde de Lara facilitou a intervención de Berenguela, que logrou que pai e fillo asinaran o 26 de agosto de 1218 o pacto de Toro que poría fin aos enfrontamentos castelán-leoneses.[27]

Concertou o matrimonio do seu fillo coa princesa Beatriz de Suabia, filla do duque Filipe de Suabia, e neta de dous emperadores: Frederico Barbarroxa e Isaac II Anxo. Este matrimonio cun membro dunha familia tan importante elevaba o avoengo dos reis de Castela e abría a porta para que Fernando participara nos asuntos europeos de forma activa. O matrimonio celebrouse o 30 de novembro de 1219 na catedral de Burgos.

En 1222 Berenguela interveu novamente a favor de seu fillo, ao conseguir a sinatura do Convenio de Zafra, que puxo fin ao enfrontamento cos Lara ao concertarse o matrimonio entre Mafalda, filla e herdeira do señor de Molina, Gonzalo Pérez de Lara, e o seu fillo e irmán de Fernando, Afonso.

En 1224 logrou o matrimonio da súa filla Berenguela con Xoán de Brienne, rei de Xerusalén,[28] nunha manobra que acercaba a Fernando III ao trono leonés, xa que Xoán de Brienne era o candidato que Afonso VIII de León e Galicia pensara para que contraera matrimonio cunha das súas fillas. Ao adiantarse Berenguela, evitaba que as fillas do seu anterior esposo, Sancha e Aldonza, tiveran un marido que puidera reclamar o trono leonés.

Pero quizais a intervención máis decisiva de Berenguela a favor do seu fillo Fernando produciuse en 1230, cando faleceu Afonso VIII de León e Galicia e designou como herdeiras ao trono ás súas fillas Sancha e Aldonza, froito do seu primeiro matrimonio con Tareixa de Portugal, en detrimento dos dereitos de Fernando. Berenguela reuniuse en Benavente coa nai das infantas e conseguiu a sinatura da Concordia de Benavente, pola que estas renunciaban ao trono en favor do seu medio irmán a cambio dunha substanciosa cantidade de diñeiro e outras vantaxes. Dese modo uníronse para sempre os Reinos de León e Castela na persoa de Fernando III o Santo.

Véxase tamén: Concordia de Benavente.

Berenguela interveu tamén no segundo matrimonio de Fernando III tras a morte de Beatriz de Suabia, xa que aínda que tiveran suficiente descendencia, fíxoo «co fin de que a virtude do rei non se menoscabara con relacións ilícitas». Nesta ocasión, a elixida foi unha nobre francesa, Xoana de Danmartín, candidata da tía do rei de Francia e irmá de Berenguela, Branca de Castela, raíña consorte de Francia polo seu matrimonio con Lois VIII.

Últimos anos e morte

[editar | editar a fonte]
Sarcófago de Berenguela no Mosteiro de las Huelgas (Burgos).

Berenguela exerceu como unha auténtica raíña mentres que o seu fillo Fernando se encontraba no sur da península, nas súas longas campañas de reconquista de Al-Ándalus. Gobernou Castela e León coa habilidade que sempre a caracterizou, asegurándolle ao fillo ter as costas ben cubertas. Entrevistouse por última vez co seu fillo en Pozuelo de Calatrava en 1245, tras o cal volveu a Castela onde faleceu ao ano seguinte, 8 de novembro de 1246, no Mosteiro de las Huelgas, Burgos, onde repousan os seus restos.

Os cronistas da época retrátana como unha muller virtuosa. Foi protectora de mosteiros e supervisou persoalmente as obras das catedrais de Burgos e Toledo. Así mesmo, tamén se preocupou da literatura, encargando ao cronista Lucas de Tui unha crónica sobre os reis de Castela e León, sendo tamén mencionada nas obras de Rodrigo Jiménez de Rada.

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Do seu matrimonio con Afonso VIII de León e Galicia tivo cinco fillos:

Predecesor:
Henrique I

Raíña de Castela

6 de xuño - 2 de xullo de 1217
Sucesor:
Fernando III

Xenealoxía

[editar | editar a fonte]
  1. Cruz 2006, pp. 9 e 16.
  2. 2,0 2,1 Martínez Díez 2007, p. 46.
  3. O historiador Martínez Díez opina que probabelmente puido nacer en 1179 aínda que a Crónica Latina dá a súa data de nacemiento en 1180. Isto é debido a que a súa ama, chamada Estefanía, recibiu en maio de 1181 unha herdanza en recompensa, e nesa época a lactancia prolongábase até os dous anos de idade.
  4. Anónimo (1999): Crónica latina de los Reyes de Castilla. Madrid: Ediciones Akal. ISBN 978-84-4600-919-1.
  5. González González 1960, pp. 196-200.
  6. Julio González afirma que naceu no ano 1180 "sen dúbida ningunha".
  7. González González 1960, pp. 197.
  8. A titulación completa era Regina Castelle et Toleti (Raíña de Castela e Toledo).
  9. "Alfons IX., König von Leon 1188-1230". Lexikon des Mittelalters: (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2004. 
  10. Dinastías reais de Castela, en Medieval Lands (en inglés)
  11. Casa de Ivrea - genealogy Arquivado 09 de novembro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)
  12. Afonso VIII - genealogie Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en mittelalter (en alemán)
  13. Shadis 2010, p. 33.
  14. 14,0 14,1 Shadis 2010, pp. 55–56.
  15. Cruz 2006, p. 32.
  16. 16,00 16,01 16,02 16,03 16,04 16,05 16,06 16,07 16,08 16,09 Martínez Díez 2007, p. 47.
  17. Rieger, Dietmat (1988): "Le motif du viol dans la littérature de la France médiévale entre norme courtoise et réalité courtoise". Cahiers de civilisation médiévale, 31 (123): 241-267.
  18. 18,0 18,1 Cronica Alberici Monachi Trium Fontium (en latín).
  19. Sánchez de Mora 2003, p. 232.
  20. Alberico,​ Albéric ou Aubry de Trois-Fontaines (en latín: Albericus Trium Fontanum; en castelán: Alberico de Tres Fuentes; en galego: Alberico de Tres Fontes), nado en Liexa e finado en Trois-Fontaines-l'Abbaye o 25 de xaneiro de 1252, foi un monxe cisterciense da abadía de Trois-Fontaines-l'Abbaye, a quen se atribúe a autoría da Cronica Alberici Monachi Trium Fontium, crónica medieval que abarca desde a creación do mundo até o ano 1241.
  21. Cruz 2006, p. 112.
  22. Sánchez de Mora 2003, p. 238.
  23. Sánchez de Mora 2003, p. 265.
  24. Sánchez de Mora 2003, pp. 266-267.
  25. Sánchez de Mora 2003, p. 267.
  26. Sánchez de Mora 2003, p. 269.
  27. Sánchez de Mora 2003, p. 276.
  28. Cruz 2006, pp. 183.
  29. 29,0 29,1 29,2 Cruz 2006, p. 68.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]