Xuventudes Socialistas de España
Xuventudes Socialistas de España (JSE) é a organización xuvenil de ideoloxía de esquerda, socialista democrático, progresista, republicana e laica afín ao Partido Socialista Obrero Español[1]. Ten independencia ou autonomía orgánica e política respecto ao PSOE. Foi fundada en Erandio, Biscaia, en 1903 por Tomás Meabe[2].
JSE | |
---|---|
Partido político de España | |
Historia | |
Fundación | 1903, Erandio, Biscaia |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | esquerda, laicismo, republicanismo, socialdemocracia, progresismo federalismo, ecoloxismo, internacionalismo, feminismo, europeísmo |
Outros datos | |
Sede | C/Ferraz, 70. 28008 Madrid |
Publicación | Renovación |
Na rede | |
www.jse.org | |
Orixes
editarA situación laboral dos mozos españois, sobre todo nas empresas mineiras e siderúrxicas do norte de España, así como a vontade de combater o nacionalismo vasco, levou a Tomás Meabe a fundar a primeira agrupación de mozos socialistas en Bilbao en 1903, imitando o modelo austríaco e de acordo coas teses propugnadas por Rosa Luxemburgo. En 1905, celebrábase en Madrid o II Congreso ordinario do Partido Socialista, no que se recoñece a organización de Meabe como rama xuvenil do PSOE.
Do 14 ao 17 de abril de 1906 celebraron o seu primeiro congreso como Federación Nacional de Xuventudes Socialistas de España. Esta primeira toma de contacto non vén acompañada dun programa político claro, limitándose a formular unha opción antimilitarista. Tamén se caracterizaban pola súa loita contra o alcoholismo xuvenil, moi estendido entre a clase obreira naquela época. O seu órgano de prensa dende febreiro de 1907 foi Renovación. A organización é recoñecida como tal polo PSOE en 1908.
En 1910 realizou as primeiras mobilizacións masivas contra a Guerra de Marrocos e, posteriormente, contra a Primeira guerra mundial.
Moi activa durante a folga xeral durante a coñecida como crise española de 1917, obtería nas filas do PSOE o seu primeiro deputado en 1918.
As Xuventudes Socialistas na actualidade
editarTras a legalización en marzo de 1977, celebran o XIII Congreso en Madrid e elíxese a Juan Antonio Barragán como Secretario xeral, o primeiro dirixente non exiliado. A partir desta data, as JSE seguen o mesmo camiño que o PSOE, renunciando ao marxismo como doutrina única socialista. En 1984, Javier de Paz é elixido secretario xeral das JSE.
Dende 2012 o Secretario Xeral é Marcelino Torre Canto, sucedendo a Sergio Gutiérrez Prieto, eurodeputado do PSOE, elixido no Congreso Federal de 2007. Sergio Gutiérrez saíu elixido como único candidato do 23º Congreso Federal celebrado o 20, 21 e 22 de xullo de 2007, contando con máis do 90% do apoio dos delegados.
As Xuventudes Socialistas de España son membros do Consello da Xuventude de España, ostentando a Coordinación interna.