Xosé Ramón Barreiro
Xosé Ramón Barreiro Fernández, nado en Ribeira o 2 de decembro de 1936 e finado na Coruña o 17 de marzo de 2021,[1] foi un historiador galego e presidente da Real Academia Galega de 2001 a 2009.[2] Foi membro do consello asesor da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do Centro de Estudios Xacobeos, do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, do Seminario de Estudos Galegos e do Consello da Cultura Galega.
Traxectoria
editarLicenciouse e doutorouse en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma.[1] Foi sacerdote, e exerceu no poboado construído durante a construción do encoro de Portodemouros.[3] En 1974 obtivo a licenciatura en Filosofía e Letras, con premio extraordinario. Doutorouse en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese O campesino galego no século XIX: economía e sociedade e foi catedrático de Historia Contemporánea de Galicia na mesma universidade. Foi o primeiro decano, elixido democraticamente, da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela.[1] Desde o 20 de decembro de 2001 até o 23 de xaneiro de 2010 foi presidente da Real Academia Galega, substituíndo a Francisco Fernández del Riego.[4]
Entre as súas achegas ao campo xurídico destacan, entre outras, El origen litúrgico del Derecho Canónico ou La estabilidad del beneficio mentres que a súa obra histórica repártese en numerosos libros e estudos. Barreiro Fernández participou en diversos congresos nacionais e internacionais, dirixindo os organizados sobre Estudos Xacobeos (1970), Rosalía de Castro (1985) e Ramón Otero Pedrayo (1988).
Os seus traballos de investigación céntranse sobre todo na historia contemporánea de Galiza e están recollidos en artigos e obras publicadas en castelán e en galego. Destacan: El carlismo gallego (1976), Historia Contemporánea de Galicia (1981), obra pola que recibiu o Premio da Crítica 1982, La imprenta en Galicia (1982), Historia de la imprenta en Galicia (1990) ou os catro volumes dedicados ós séculos XIX e XX que publicou dentro do proxecto editorial Galicia (1991).
Foi un dos creadores do Clube Nacionalista Alén Nós.[2]
Obra en galego
editarEnsaio
editar- A parroquia hoxe (Editorial Galaxia, 1970)
- Historia de Galicia IV. Edade Contemporánea (Galaxia, 1981)
- Historia da Universidade de Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela, 1998-2002)
- A Casa grande do Pozo (Fundación Caixa Galicia, 2004)
- Historia social da Guerra da Independencia en Galicia (Edicións Xerais de Galicia, 2009)
- Murguía (Galaxia, 2012)
- Os incómodos sociais. A transgresión intelectual en Galicia (Trifolium, 2019; sobre Francisco María del Valle-Inclán, Manuel Freire Castrillón, Antonio Benito Fandiño e Xoán Manuel Pereira de Castro)
Obras colectivas
editar- O movemento obreiro en Galicia: catro ensaios (Edicións Xerais de Galicia, 1990)
- Instantes dunha vida: Manuel Murguía, Día das Letras Galegas, Arteixo 2000, un nome, un pobo, unha data (Concello de Arteixo, 2000; con F. Senén e H. Rabuñal)
- Manuel Murguía (La Voz de Galicia, 2000; con Xosé Luís Axeitos)
- Cartas a Murguía (Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2005)
- O Tratado da Constitución europea: visións desde Galiza (Baía Edicións, 2005)
- Manuel Lugrís Freire, o compromiso (La Voz de Galicia, 2006; con Xosé Luís Axeitos)
- A gran historia de Galicia (coordinador; La Voz de Galicia, 2007)
- Os símbolos de Galicia (Consello da Cultura Galega e Real Academia Galega, 2007; edición con Xosé Luís Axeitos e Ramón Villares)
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional (Editorial Galaxia, 2011)
- Arredor das Irmandades da Fala (Edicións Xerais de Galicia, 2016)
Obra en castelán
editarEnsaio
editar- El trabajo manual del clero (Porto y Cía. Editores, 1968; con Juan José Cebrián Franco e Rafael Silva Costoyas)
- Los gallegos (Madrid: Istmo, 1976; con Díaz-Fierros; Fabra et al.)
- El carlismo gallego (Pico Sacro, 1976; reeditado e revisado en 2008 e publicado en galego como O carlismo galego, en Edicións Laiovento)
- El levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo (Pico Sacro, 1977)
- El campesinado gallego en el siglo XIX. Economía y sociedad (Universidade de Santiago de Compostela, 1980)
- Temática gallega. Historia política. Siglos XIX-XX, 4 t. (A Coruña: Gamma, 1982)
- 1982: Liberales y absolutistas en Galicia (1808-1833) (Edicións Xerais de Galicia, 1982)
- Historia de la ciudad de La Coruña (La Voz de Galicia, 1986)
- AA.VV. (1991). Historia de Galicia (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X..
- Historia de la imprenta en Galicia (La Voz de Galicia, 1992; con Antonio Odriozola)
- Galicia, pórtico de la gloria: las rías y sus puertos, (Edlesa, 1996; con varios autores). Traducido a inglés, francés e alemán
- La central térmica de Meirama y su entorno (Unión Fenosa. 2001)
- Parlamentarios de Galicia: biografías de deputados e senadores (1810-2003) (coordinador; Parlamento de Galicia, 2003)
- Maruja Mallo, una memoria en construcción: series y obras desconocidas de la etapa americana (Galaxia, 2016; con Beatriz López Morán)
Recoñecementos
editarAdemais do Premio da Crítica co que foi galardoado en 1982 e a Medalla Castelao (1991),[1] Barreiro Fernández recibiu o Premio Televisión Española en Galicia (1988).
- Obra en homenaxe á súa figura
- 2008: A patria enteira: homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández (Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela e Real Academia Galega). Editores: Xosé Luís Axeitos, Emilio Grandío e Ramón Villares.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Redacción (17 de marzo de 2021). "Falece aos 84 anos o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández". La Voz de Galicia. Consultado o 7 de abril de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 García Iglesias, José Manuel (18 de marzo de 2021). "Xosé Ramón Barreiro". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2021.
- ↑ Fernández Ferreiro, José (12 de febreiro de 1966). "El salto de Portodemouros entrará en servicio en los primeros meses de 1967". La Noche. p. 30.
- ↑ "Xosé Ramón Barreiro, novo presidente da Real Academia Galega". La Voz de Galicia. 20 de decembro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2016. Consultado o 25 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Ramón Barreiro |
Bibliografía
editar- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. pp. 56–57. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 43. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
editar- Pousa, Luis (23/8/2009) "Xosé Ramón Barreiro: A burguesía galega non xoga o papel que debería" Galicia Hoxe, arquivada dende o orixinal o 29/6/2013.
Predecesor: Francisco Fernández del Riego |
Presidente da RAG 2001–2010 |
Sucesor: Xosé Luís Méndez Ferrín |