Francisco Díaz-Fierros
Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de xullo de 1941, é un científico e escritor galego.
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1941 (83 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Formación profesional | Farmacia |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | Francisco Guitián Ojea |
Actividade | |
Ocupación | científico, escritor |
Membro de | |
Premios | |
Traxectoria
editarAínda que nacido en Vilagarcía, moi cedo trasladouse a Ribadeo, onde fixo o bacharelato e, despois, a Santiago de Compostela, para facer o curso preuniversitario no Instituto Xelmírez. No ano 1964 licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose na mesma universidade en 1967. Durante estes anos desenvolve un interesante labor periodístico, publicando artigos en diversos periódicos e revistas de Santiago, como La Noche, El Correo Gallego e Quintana.
O ano 1966 pasouno en Francia, como bolseiro do Laboratoire des Sols (Laboratorio dos Solos). Tamén foi bolseiro da Fundación Juan March (1968) e da fundación Pedro Barrié de la Maza (1973).
Do seu interese polo solo, e pola lingua galega, dá fe o feito de que foi, en 1978, en colaboración co profesor Antón Santamarina, o propoñente do termo "solo", no galego común, como o obxecto do estudo da edafoloxía.[1]
Ao seu regreso de Francia pasa a traballar no Centro de Edafoloxía e Bioloxía Vexetal do CSIC en Santiago, até 1970, ano no que obtén a praza de profesor adxunto de Edafoloxía na Facultade de Farmacia de Santiago. Desde 1987 foi catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago.[2] O seu labor científico céntrase, basicamente, no estudo dos solos e da climatoloxía agrícola de Galicia, sendo autor ou coautor de case 300 traballos en diferentes liñas: os factores de formación dos solos, as propiedades físicas de solos de zonas húmidas, a avaliación e cartografía dos solos de Galicia e zonas húmidas, a erosión, os procesos de degradación de superficies queimadas e a súa recuperación, ou a paleoecoloxía [3], que foron publicados en diferentes e relevantes revistas científicas. Conferenciante e membro de numerosas Sociedades Científicas nacionais e internacionais, participou en máis de trinta proxectos científicos ou técnicos, ben como membro do equipo, ben como investigador principal ou director. Como docente dirixiu 27 traballos de licenciatura e 16 teses de doutoramento.[4]
Colaborou na realización do Mapa Nacional de Suelos (1:200.000) de España, na dos mapas e memorias adxuntas dos das provincias de Oviedo, Santander, León e Huesca, na do Mapa Mundial de Solos da FAO (1:500.000) e na elaboración do mapa da zona húmida española. Tamén realizou unha actividade humanista, publicando traballos e guías sobre a natureza de Galicia, ou sobre a relación entre a natureza e as prácticas culturais. Foi presidente da Sociedade Galega de Historia Natural entre 1975 e 1980, sendo ademais director da súa revista Braña (hoxe desaparecida), e tamén ocupou o cargo de presidente da Sección I (Física do Solo) da Sociedad Española de Ciencia del Suelo entre 1988 e 1996. É presidente da xunta reitora do Seminario de Estudos Galegos e, desde 1980, membro do Consello da Cultura Galega, primeiro como coordinador da Sección de Patrimonio Natural (1983 - 1998), a partir de 1999 coordinador da Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade e, desde xullo de 2002, vicepresidente primeiro desta institución. Desde o ano 1999 ocupa o cargo de director da Colección Historia natural do Proxecto Galicia, de Hércules de Edicións.
Catedrático emérito da USC,[5] é académico numerario da Real Academia de Farmacia, Sección de Galicia, desde o ano 2000, e académico correspondente da Real Academia de Farmacia do Instituto de España. Desde o 26 de setembro de 2002 é académico numerario da Real Academia Galega,[6] data na que pronuciou o discurso Un ensaio sobre a historia ecolóxica de Galicia: o aproveitamento do solo, respondido por [[Xosé Ramón Barreiro Fernández.[7] E desde (2016), é académico de número emérito da Real Academia de Farmacia de Galicia.[8]
Principais publicacións
editarNarrativa
editar- 2022 - O gran triángulo. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-783-2. Dous franceses e un galego nas illas Pitiusas, a expedición científica que serviría para definir o metro como sistema universal de medida.
Publicacións científicas
editar- 1971 - Contribución a la climatología agrícola de Galicia. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. Secretariado de Publicaciones.
- 1982 - As especies forestais e os solos de Galicia: unha contribución ao estudo das súas relacións. O Castro-Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-148-9. (En colaboración con Xosé Luís Regueira Fernández, Antonio Paz González, Rosa María Calvo de Anta e Rosa María López Gato).
- 1984 - Capacidad productiva de los suelos de Galicia. Mapa 1:200.000. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-7191-341-8. (En colaboración con Fernando Gil Sotres).
- 1985 - O Caurel. Estudio del medio natural de las montañas gallegas. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago. ISBN 84-7191-359-3. (en colaboración).
- 1986 - "Cap. 21. Itinerario de suelos en los alrededores de Oviedo". En: C. Aramburu e F. Bastida, Eds. Geología de Asturias. Gijón: Ediciones Trea. ISBN 84-89427-30-5. (En colaboración con M. T. Taboada Castro; M. T. Barral Silva e M. A. Álvarez).
- 1996- "Cap. 21. Los suelos de Galicia". En Galicia. Geografía. Volume XVII. A Coruña: Hércules de Ediciones. ISBN 84-89468-18-4. (En colaboración M. T. Barral Silva).
- O medio natural galego, en colaboración (1986)
- A natureza ameazada. Xea, flora e fauna de Galicia en perigo (1989)
- 1992 - Atlas geoquímico de Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-0555-7. (En colaboración).
- 1992 - Os solos da Terra Chá. Lugo: Deputación Provincial. Servizo de publicacións. ISBN 84-86824-08-7. (En colaboración con Ana María Castelao Gegunde).
- 1993 - As concas fluviais de Galicia: características e riscos de contaminación difusa. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela ISBN 84-7191-965-6. (En colaboración con Avelino Nuñez Delgado e Eugenio López Periago).
- 1996 - As augas de Galicia, coordinador.[9]
- 2002 - Un ensaio sobre a historia ecolóxica de Galicia: o aproveitamento do solo. A Coruña: Real Academia Galega. ISBN 84-87987-31-1.
- 2006 - A cuestión ambiental en Galicia: raíces dunha nova cultura, 1750-1972. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-887-3. Sinopse
Publicacións sobre Ciencia e Sociedade
editar- 1971 - Os comenzos da Ciencia Moderna na Universidade Compostelana.
- 1974 - La Cultura Científica en Galicia, no libro colectivo Los gallegos.
- 1978 - "To publish or to perish" (en galego)[10]
- 1982 - Xeografía de Galicia, en colaboración.
- 1986 - La construcción del paisaje: megalitismo y ecología en la Sierra de Barbanza (Galicia). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-505-2872-0. (En colaboración con Felipe Criado Boado e María Jesús Aira Rodríguez).
- 1999 - Un Novo Mundo para un home universal. Partida de Humboldt desde A Coruña cara á súa 'viaxe' americana, coordinador.
- 2007 - Por unha nova cultura forestal fronte aos incendios: informes e conclusións. Santiago de Compostela. Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-96530-42-3. (Coord. por Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Xesús Balboa López, Xosé Luis Barreiro Rivas).
- 2009 - O darwinismo e Galicia. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 978-84-9887-265-1 (Coordinador).
- 2016 - Arredor das Irmandades da Fala, Xerais.
Obras didácticas
editar- 1986 - Unidade didáctica sobre os incendios forestais. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación. Dirección Xeral do Forestal e Medio Ambiente Natural.
- 1986 - Descobre unha árbore senlleira: respeta-las árbores é defender un anaco da nosa tradición cultural. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación. Dirección Xeral do Forestal e Medio Ambiente Natural.
- 2000 - De quén é a auga?. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. ISBN 84-95415-17-8. (En colaboración).
Galardóns
editar- Premio "Fray Bernardino de Sahagún", da Deputación de León, para traballos científicos sobre a provincia (1972).
- Premio "Federico Maciñeira" da Deputación da Coruña (1980).
- Premio da Crítica Galicia á Investigación Científica (1996).
- Premio Nacional de Pensamento e cultura científica (2008).[11]
- Premio Lois Peña Novo (2016)
Notas
editar- ↑ Santamarina Fernández, A. e Díaz-Fierros V., F. "Precisións semánticas sobor do emprego en edafoloxía das verbas "chan", "solo" e "terra" en Braña Bol. Soc. Gal. Hist. Nat., Ano 1978, Nº 2 (99-103).
- ↑ Galegos. www.galiciadigital.com Consultada o 23 de abril de 2011.
- ↑ Currículum Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Web do Consello da Cultura Galega
- ↑ Segundo a Web do Consello da Cultura Galega Currículo Francisco Díaz-Fierros Viqueira, consultada o 28 de marzo de 2011.
- ↑ Francisco Díaz-Fierros (4/7/2017). "Einstein en Galicia". Consultado o 12/7/2017.
- ↑ "Francisco Díaz-Fierros Viqueira". Real Academia Galega.
- ↑ Díaz Fierros, Francisco (2002). Un ensaio sobre a historia ecolóxica de Galicia: o aproveitamento do solo. A Coruña: RAG.
- ↑ RAFG. Académicos de Número.
- ↑ As augas de Galicia
- ↑ Artigo sobre a necesidade que tiñan os científicos galegos de encher os seus curricula para poder medrar nas súas carreiras, a necesidade de facer estudos científicos sobre os moitos problemas de Galicia, e sobre a compracencia con que as deputacións provinciais e as fundacións galegas dicían "que se estaba a facer ciencia de máis (que non servía para nada)", para negarlle fondos aos científicos. Publicado na revista Braña, Bol. Soc. Gal. Hist. Nat., Ano 1978, Nº 2 (105-110).
- ↑ "Mercedes Peón, Manuel Lourenzo e o Laboratorio de Formas, Premios Nacionais de Música, Artes Escénicas e Iniciativa Cultural". BNG-Galiza. Arquivado dende o orixinal o 28/05/2022. Consultado o 20/09/2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Díaz-Fierros |
Ligazóns externas
editar- Díaz-Fierros Viqueira, Francisco en Autores ribadenses en lingua galega. Cadernos de investigación do IES Dionisio Gamallo Fierros, Ribadeo, Nº 3, 2001. ISBN 84-600-9898-2.