Xabarín Club
O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil da TVG que comezou a emitirse o 18 de abril de 1994.[5][6] O protagonista do programa é o personaxe animado do "Xabarín", un xabaril antropomorfo deseñado por Miguelanxo Prado[7] e ao cal dá voz Juanillo Esteban.[8][9] O "Xabarín" realiza a función de presentador do programa, o cal inclúe un club de socios, a emisión de series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia, como Xabarín News ou Os vixilantes do Camiño, a primeira serie animada de produción galega que emitiu o Xabarín Club.[10] Dende o 2 de febreiro de 2009, é transmitido pola tvG2, e dende decembro de 2016 contaba cunha aplicación específica e unha canle en liña, a Xabarín TV que funcionaba como unha lista de reprodución cos contidos do programa na páxina web da CRTVG. O 17 de xaneiro de 2024, a canle foi relanzada como unha plataforma dixital de contidos da CRTVG, dispoñible como plataforma web e como aplicación de contidos á demanda e en aberto.[11]
Xabarín Club | |
---|---|
Formato | Infantil e xuvenil |
Creado por | Suso Iglesias[1] Toñito Blanco[2] Teresa Seara |
Dirixido por | Alberte Casal Francisco Carballés |
Intérpretes | Juanillo Esteban (voz de Xabarín) Carlos Portela (Doutor TNT) Manuel Manquiña Silvia Superstar Manolo Romón Luís Tosar Xavier Viana Esteban Yáñez "Arroz Hacker"[3][4] |
País de orixe | Galicia |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Rosa Lorenzo Loli Fraga |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG (1994-2009) tvG2 (2009-presente) Plataforma dixital: 17 de xaneiro de 2024 |
Primeiro episodio | 18 de abril de 1994 |
Na rede | |
https://xabarin.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
No ano 2021, o Xabarín Club chegou á cifra récord de 146 000 socios.[12] Segundo os rexistros históricos do programa, entre 1994 e 2021 arredor dun 30% dos nenos galegos son ou foron socios.[12]
Historia
editarOrixe
editar"Cabeceira Somos do Clube da Galega [HD]". YouTube. Xabarín. |
O Xabarín Club comezou a súa emisión o 18 de abril de 1994, case dez anos despois do nacemento da TVG, o 24 de xullo de 1985.[13][14] Aínda que sempre houbo contidos para o público infantil na TVG antes da creación deste espazo, a súa emisión non era regular. A idea do Xabarín Club xurdiu como un encargo interno para a emisión de contidos infantís nun programa que tamén tivese un club social.[15][10] O concepto do club de socios era unha fórmula de éxito que xa existía nos Estados Unidos con Mickey Mouse Club ou Cartoon Network.[10] O Xabarín Club comezou como unha banda de cinco porcos (Clodio, Tareixa, Uxía, Xonxa e Carolo) liderados por un porco bravo, o Xabarín, algo inédito neste tipo de clubs, que sempre contaban con persoas como presentadores.[10]
A través da Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA), a TVG comezou mercando as series animadas xunto con outras canles autonómicas, sendo as preferidas as series xaponesas por seren máis económicas e por contar con moitos capítulos para a captación dunha audiencia fiel.[10] Na súa primeira etapa, na segunda metade da década de 1990, converteuse nun fenómeno social entre os nenos e a rapazada galega da época, que máis tarde foron identificados colectivamente como Xeración Xabarín.[16][17] Ademais da emisión de series de animación, o Xabarín Club contou coa súa propia banda sonora, composta de cancións e vídeos musicais de grupos de música do rock bravú e da movida viguesa,[18] como Killer Barbies, Siniestro Total, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Aerolíneas Federales, Os Resentidos, Yellow Pixoliñas ou Heredeiros da Crus, así como grupos da lusofonía como Kussondulola, As Amarguinhas ou Despe e Siga.
Produto do éxito destas cancións xurdiu A cantar con Xabarín, unha serie de 5 CDs gravados polos grupos que aparecen no programa. O "Xabarín" tamén achegaba novidades de cine, vídeo e DVD, así como música e bandas sonoras de novos grupos galegos, concertos, discos, series de debuxos animados, banda deseñada, mangas, eventos, mostras, certames, videoxogos, revistas e fanzines, literatura infantil e xuvenil e unha axenda de recomendacións para o lecer na fin de semana. Ademais, o éxito do programa veu acompañado das "Xabaxiras" (1998), concertos da música do programa aos que asistiron milleiros de nenos galegas.
En 1999, o Xabarín Club emitiu a primeira produción galega, Os vixilantes do Camiño, unha animación en 2D producida por Miguelanxo Prado e Suso Iglesias.[19] Está protagonizada polos personaxes do Xabarín Club e está inspirada no Camiño de Santiago. Componse de 13 episodios de 26 minutos e unha longametraxe de 80. A serie foi editada en DVD pola TVG en 2008.
Novo deseño do Xabarín
editarO "Xabarín" estreou nova imaxe en 2007 para celebrar en abril o seu 13º aniversario. Nesta nova etapa o "Xabarín" contou con novas seccións, como "Xabarín informa"; un pequeno espazo de información e novas diarias.
No ano 2013, lanzouse unha publicación de banda deseñada e literatura xuvenil chamada OINK!, dirixida a nenos dos seis aos quince anos e cuxos contidos estaban baseados no programa. Desta publicación saíron ao mercado cinco números mensuais acn custe de 3 euros. A editora foi a empresa Agalip, de Bertamiráns, con licenza da Televisión de Galicia. Na iniciativa participaron escritores e autores de banda deseñada como Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Miguel Porto, Fran Bueno, Marilar Aleixandre, Kohell, Victor Rivas, Pinto & Chinto, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, e Andrés Meixide entre outros. Miguelanxo Prado foi o autor da capa, ademais de ilustracións interiores.[20] Varios dos autores participaran tamén na revista Golfiño, unha incursión previa do Xabarín na banda deseñada. En xaneiro do 2014, coincidindo coa publicación do quinto número, iniciaron a campaña de mecenado OINK! unha revista para a rapazada galega en Verkami, aínda que en marzo só acadaran uns 8.000 dos 36.000 € que precisaban para continuaren o proxecto.[21][22]
En marzo de 2013, a CRTVG ameazou a unha páxina web de seareiros do Xabarín Club de emprender accións legais se esta non pechaba en sete días. A CRTVG alegaba uso ilícito das súas marcas rexistradas "Xabarín Club", "Xeración Xabarín" e "Xabarín News".[23] A información do peche da páxina web chegou a diversas redes sociais e medios de comunicación de ámbito galego.[24]
O 2 de decembro de 2016 comezou a transmisión da Xabarín TV,[25] unha canle en liña infantil que funciona como unha lista de reprodución.[26]
En marzo de 2019, celebrou o seu 25º aniversario cun concerto na Sala Capitol de Santiago.[27]
Iniciativa Xabarín
editarEn 2020, A Mesa pola Normalización Lingüística comezou unha campaña de recollida de sinaturas pola chamada "Iniciativa Xabarín", unha proposta para reforzar a programación infantil en galego e a creación dunha canle Xabarín.[28][7] Logo de conseguir máis de 33.000 sinaturas,[29] a iniciativa, que foi levada ao Parlamento de Galicia,[30] aprobouse por unanimidade o 11 de maio de 2021.[31] A proposta aprobada incluía a creación dunha terceira canle dirixida ao público infantil e xuvenil as 24 horas do día, e a inclusión na programación televisiva de TVE e das plataformas dixitais de contidos con versión en galego, ben sexa orixinal, dobrado ou subtitulado.[32]
Logo da aprobación da iniciativa, a CRTVG reforzou e promociouno as canles dixitais existentes con contidos infantís da CRTVG, incluíndo a aplicación específica "Xabarín", a canle web Xabarín TV e a Radio Picariña.[32] Ademais, anunciouse a creación dunha canle dixital "Xabarín" Over The Top, a cal emite contido por Internet á marxe dos operadores tradicionais de difusión.[32] Esta nova canle materializouse nunha plataforma dixital de contidos á demanda e en aberto. No momento do seu lanzamento, a plataforma do Xabarín contaba con máis de 1.400 contidos propios.[11]
Socios do club
editarAo afiliarse ao Xabarín Club, os socios obteñen varios beneficios, entre eles recibir un carné como membro do club, que a súa foto do carné apareza no programa o día do seu aniversario, recibir todos os anos unha postal de felicitación do aniversario, e poder participar nos sorteos do programa.[10]
En setembro de 1994 (5 meses despois do arranque do programa) acadáronse os 15 000 socios e un ano despois, en novembro de 1995, os 40 000. No ano 1996, case tres anos despois do nacemento do club, o número de socios ascendía a 66 000 e a súa presenza xa estaba implantada en todos os concellos de Galicia.[33] No ano 1997, en abril, xa tiña 70 000. No ano 1999, en maio, o número de socios do club acadara os 90 000, representando o 25% dos nenos galegos da época.[34][35] No ano 2004, unha década despois do seu nacemento, contaba con máis de 110 000 socios afiliados,[36] chegando á cifra de 138 000 no ano 2013.[37] No ano 2017, o Xabarín Club contaba con case 150 000 socios.[16] No ano 2021, o Xabarín Club chegou á cifra récord de 146 000 socios.[12] Segundo os rexistros históricos do programa, entre 1994 e 2021 arredor dun 30% dos nenos galegos son ou foron socios.[12]
Series emitidas
editarSeries galegas
editarSeries internacionais
editarGalardóns e recoñecementos
editarO Xabarín Club foi Premio Galicia de Comunicación no ano 1994. En 1996 recibiu o premio AGAPI ao mellor programa de televisión. En 1997, recibiu o Premio Ourense á mellor iniciativa a prol da banda deseñada galega. En 1998, recibiu o Premio TV Joven avalado polo Centre de Recherche Scientifique e o Conseil Internationale du Cinema et de la TV da UNESCO.[37][81]
En 2021, foi Premio Rebulir da Cultura Galega.[82]
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2012 | Premio de Honra Fernando Rey | Gañador[83] |
Notas
editar- ↑ "Suso Iglesias: "Antes no había Wikipedia, pero había gente sabia"". Faro de Vigo (en castelán). 9 de agosto de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Xabarín Club cumple 26 años: el programa infantil gallego que conquistó a una generación". El Español. 19 de abril de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Morre aos 35 anos o actor e músico galego Esteban Yáñez". La Voz de Galicia. 22/04/2020. Consultado o 20/05/2020.
- ↑ "Muere Esteban Yáñez, actor en 'Xabarín Club' y 'Pratos Combinados', a los 35 años por coronavirus". 20 Minutos. 22/04/2020. Consultado o 20/05/2020.
- ↑ Pérez Pena, Marcos (20 de abril de 2017). ""Esa 'Xeración Xabarín' hoxe é o sector máis activo da sociedade e iso incrementa a importancia do programa"". Praza Pública. Consultado o 9 de xaneiro de 2021.
- ↑ Uvigo.tv (ed.). "Historia da dobraxe en Galicia". Consultado o 11 de xaneiro de 2015.
- ↑ 7,0 7,1 Freixanes, Víctor F. (20 de setembro de 2020). "A xeración do xabarín". La Voz de Galicia. Consultado o 9 de xaneiro de 2021.
- ↑ Ficha na web de culturagalega.org
- ↑ Juanillo Esteban: Son a voz do Xabarín Arquivado 22 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. entrevista na TVG
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 Cidrás, Aldara (18 de abril de 2019). "A nostalxia e a xeración Xabarín". Consultado o 10 de xaneiro de 2021.
- ↑ 11,0 11,1 g24.gal, ed. (17 de xaneiro de 2024). "Nace AGalega, a plataforma dixital de contidos da CRTVG". Consultado o 18 de xaneiro de 2024.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 Capelán, Brais (17 de maio de 2021). elespanol.com, ed. "Xabarín Club: máis que unha canle, unha filosofía de vida para varias xeracións de galegos". Consultado o 10 de xaneiro de 2021.
- ↑ "25 anos da TVG". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2010. Consultado o 23 de agosto de 2010.
- ↑ Xosé López García: "Tres décadas de televisión en Galicia", CGC, Santiago, páxina 52
- ↑ "Aí vén o Xabarín: televisión para unha nova xeración". Nós Diario. 13 de novembro de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ 16,0 16,1 crtvg.es, ed. (19 de xuño de 2017). "Xeración Xabarín en Con Amor e compañía". Consultado o 9 de decembro de 2022.
- ↑ Pérez Pena, Marcos (15 de marzo de 2013). "A potencia da 'Xeración Xabarín'". Praza Pública. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ 25 anos do Xabarín, toda unha xeración. Revista Luzes nº 63, decembro 2018.
- ↑ culturagalega.gal (ed.). "Os vixilantes do Camiño en Culturagalega.gal". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Xabarín - Revista Oink!". Miguelanxo Prado, web oficial.
- ↑ "Quedan menos de 48h para que finalice a campaña de captación de fondos da revista Oink! en Verkami". Praza.
- ↑ "OINK! Unha revista para a rapazada". Verkami.
- ↑ "Pechan a páxina web non oficial da Xeración Xabarín" Código Cero
- ↑ "Pecha unha web de fans do Xabarín Club por indicación da CRTVG" Praza Pública
- ↑ Xabarín TV-Canles directos TVG-CRTVG
- ↑ A programación para os máis pequenos, agora dispoñible en móbiles e tabletas a través da App 'Xabarín TVG'-Información corporativa da CRTVG-CRTVG
- ↑ "12/03/2019". Celebramos os 25 anos do Xabarín Club con concertos na Sala Capitol. Consultado o 19/05/2020.
- ↑ "A por unha nova xeración Xabarín". Faro de Vigo. 17 de maio de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2021.
- ↑ "A Mesa espera que a nova Lei do audiovisual do Estado recolla a demanda unánime do Parlamento Galego". Nós Diario. 24 de novembro de 2021.
- ↑ "A iniciativa Xabarín entra no Parlamento". Nós Diario. 7 de abril de 2021. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Parlamento de Galicia aprueba la iniciativa 'Xabarín' para reforzar la programación infantil en gallego". GaliciaPress (en castelán). 12 de maio de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ 32,0 32,1 32,2 "Así avanza a Iniciativa Xabarín na CRTVG". Nós Diario. 18 de xuño de 2021. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ Xeración Son Goku (ed.). "Datos dos socios do Xabarín Club (1996)". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ González, Paula (18 de outubro de 2021). "Hemeroteca 1999. La TVG celebra los cinco años con Xabarín con la emisión de «Os vixilantes do Camiño»". venagalicia.gal (A Coruña). Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 1999. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ "«Xabarín Club» celebra o seus dez anos apelando á nostalxia dos socios". La Voz de Galicia. 16 de abril de 2004. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ 37,0 37,1 Antón Losada Trabada. "Xabarín forever". El País. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "As aventuras de Minchi en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Os Axóuxeres en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Os Bolechas en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Os Bolechas One2Three en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Caracois en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Cocorico en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Os contos do camiño en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ 45,0 45,1 45,2 45,3 45,4 45,5 45,6 Series que se están a emitir na G2.
- ↑ crtvg.es (ed.). "O teacher e os Bolechas en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "O sabedoiro en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Os vixilantes do Camiño en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ 49,0 49,1 49,2 49,3 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2011. Consultado o 14 de setembro de 2011.
- ↑ crtvg.es (ed.). "O albor dos Croods en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "O amigo Ed en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "As andanzas do Gato con Botas en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ 53,00 53,01 53,02 53,03 53,04 53,05 53,06 53,07 53,08 53,09 53,10 53,11 53,12 53,13 53,14 53,15 53,16 53,17 53,18 Series que se están a emitir no Xabarín Club e na tvG2 (inicialmente G2).
- ↑ crtvg.es (ed.). "As aventuras de Rocky e Bullwinkle en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Banana Cabana en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Betty Atómica en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "O carteiro Pat en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ 58,0 58,1 58,2 58,3 58,4 Series que se están a emitir no Xabarín Club.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Dinotrux en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Doraemon, o gato cósmico en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2011. Consultado o 09 de setembro de 2011.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Era unha vez... A vida en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Era unha vez... Os inventores en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Miracle Tunes en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Moby Dick e o segredo de Mu en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Monster Allergy en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Mysticons en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Noddy detective en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "A nosa casa, as aventuras de Tip e Oh en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2000. Consultado o 18 de maio de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Planeta Fantasía en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Rántaro, o ninja pequeno en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Salve, Rei Julien en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Sherlock Holmes en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Spirit, galopando ceibe en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Telmo e Tula en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "A tropa de trapo en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Tutu en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Voltron, o defensor do universo en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ crtvg.es (ed.). "Yakari en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ culturagalega.gal (ed.). "O Xabarín Club en culturagalega.gal". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ culturagalega.org (2021-07-28). "O xurado recoñece as traxectorias e achegas culturais de cada un dos premiados". culturagalega.org. Consultado o 2021-07-28.
- ↑ Televisión de Galicia (ed.). "Reportaxe sobre o programa Xabarín Club de TVG, premio de Honra dos Mestre Mateo 2013". Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xabarín Club |
A Galipedia ten un portal sobre: Xabarín Club |
Bibliografía
editar- VV.AA. (2018): 25 anos do Xabarín, toda unha xeración. Revista Luzes nº 63. ISSN 2387-1431.