What The...
What The... é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de hardcore punk Black Flag. O disco ía editarse orixinalmente o 5 de novembro de 2013, despois do lanzamento de tres sinxeos promocionais entre maio de xullo.[1][2] Porén, o 5 de novembro o disco foi lanzado tan só a través de servizos de stream en liña como Spotify e Rdio, e o lanzamento físico adiouse ata o día 3 de decembro.[3]
What The... | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Black Flag | ||||
Publicado | 5 de novembro de 2013 | |||
Gravación | 2013 | |||
Duración | 43:55 | |||
Xénero(s) | hardcore punk | |||
Selo(s) | SST Records | |||
Produtor | Greg Ginn | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Trátase do primeiro álbum de estudio da banda dende In My Head (1985), marcando a brecha máis longa entre dous álbums de estudo na súa carreira, ademais de ser a súa primeira gravación co vocalista Ron Reyes desde Jealous Again (1980) e do batería Gregory "Drummer" Moore. Este álbum tamén foi a primeira vez desde My War (1984) na que o guitarrista Greg Ginn tocou o baixo nun álbum de Black Flag baixo o nome de Dale Nixon. Tres semanas despois do lanzamento do álbum, Reyes foi despedido durante unha actuación en Australia debido a diferenzas con Ginn. O representante da banda e skater profesional Mike Vallely substituíu a Reyes na voz.[4]
Listaxe de cancións
editarTódolos temas escritos e compostos por Greg Ginn e Ron Reyes, agás "Off My Shoulders" composta por Ginn..
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "My Heart's Pumping" | 2:12 |
2. | "Down in the Dirt" | 3:39 |
3. | "Blood and Ashes" | 1:48 |
4. | "Now Is the Time" | 1:47 |
5. | "Wallow in Despair" | 1:30 |
6. | "Slow Your Ass Down" | 1:50 |
7. | "It's So Absurd" | 1:11 |
8. | "Shut Up" | 1:43 |
9. | "This Is Hell" | 2:01 |
10. | "Go Away" | 2:32 |
11. | "The Bitter End" | 2:02 |
12. | "The Chase" | 2:17 |
13. | "I'm Sick" | 1:45 |
14. | "It's Not My Time to Go-Go" | 1:36 |
15. | "Lies" | 2:47 |
16. | "Get Out of My Way" | 1:01 |
17. | "Outside" | 2:44 |
18. | "No Teeth" | 1:44 |
19. | "To Hell and Back" | 1:43 |
20. | "Give Me All Your Dough" | 1:28 |
21. | "You Gotta Be Joking" | 1:17 |
22. | "Off My Shoulders" | 3:18 |
Notas
editar- ↑ Punknews.org (2013-10-24). "Black Flag to release 'What The...'". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2024-06-03.
- ↑ "Black Flag Unveil New 'What The...' Album". Exclaim! (en inglés). Consultado o 2024-06-03.
- ↑ Punknews.org (2013-11-05). "Music: Black Flag: 'What The...'". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2024-06-03.
- ↑ Lipshutz, Jason (2013-11-27). "Black Flag Singer Ron Reyes Fired Mid-Show". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-06-04.