Black Flag
Black Flag foi unha banda de hardcore punk formada en 1976 no sur de California. Está considerada a primeira banda de hardcore punk. Foi co-fundada por Greg Ginn, guitarrista, principal compositor e único membro que estivo na banda durante toda a súa traxectoria.
Black Flag | |
---|---|
Logo de Black Flag. | |
Orixe | Hermosa Beach (California), Estados Unidos |
Período | 1976 - 1986 2003 |
Xénero(s) | hardcore punk |
Membros | Henry Rollins Greg Ginn Chuck Dukowski Keith Morris Chavo Pederast ROBO Dez Cadena Bill Stevenson Kira Roessler Chuck Biscuits Emil Johnson C'el Revuelta Anthony Martinez David Horvitz Raymond Pettibon |
Artistas relacionados | Circle Jerks, Misfits, Minutemen, Descendents, OFF!, Rollins Band |
Na rede | |
http://blackflagofficial.com/ e https://www.blackflagband.com/ | |
O son de Black Flag mesturaba a simplicidade crúa dos Ramones con solos de guitarra atonais e frecuentes cambios de tempo. As letras, compostas principalmente por Ginn, e ao igual que noutras bandas de punk rock de finais dos 70 e principios dos 80, tiñan unha mensaxe anti-autoritario e inconformista, con cancións que falaban do illamento social, a neurose, a pobreza ou a paranoia.
Membros
editar- Keith Morris (voz 1976-1979)
- Chavo Pederast (voz 1979-1980)
- Dez Cadena (voz 1980-1981, guitarra 1981-1983)
- Henry Rollins (voz 1981-1986)
- Greg Ginn (guitarra 1976-1986)
- Spot (baixo 1976-1977)
- Chuck Dukowski (baixo 1977-1983)
- Kira Roessler (baixo 1983-1985)
- C'el Revuelta (baixo 1985-1986)
- Brian Migdol (batería 1977-1979)
- ROBO (batería 1979-1981)
- Bill Stevenson (batería 1981-1982, 1982-1985)
- Emil Johnson (batería 1982)
- Chuck Biscuits (batería 1982)
- Anthony Martínez (batería 1985-1986)
Discografía
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Damaged | 1981 | SST Records |
My War | 1984 | SST Records |
Family Man | 1984 | SST Records |
Slip It In | 1984 | SST Records |
Loose Nut | 1985 | SST Records |
In My Head | 1985 | SST Records |
What The... | 2013 | SST Records |