Vilardevós
Vilardevós é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2024 habitantes (2693 en 2003). O xentilicio é vilarexo ou vilarense.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Vilardevós | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.702 (2023) (11,2 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 152 km² | ||||
Altitude | 743 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Manuel Cardoso Pérez | ||||
Eleccións municipais en Vilardevós | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32091 | ||||
Sitio web | vilardevos.gal | ||||
Poboación
editarCenso total | 2024 |
Menores de 15 anos | 92 (4,55 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1002 (49,51 %) |
Maiores de 65 anos | 930 (45,94 %) |
Evolución da poboación de Vilardevós Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4695 | 5639 | 6645 | 5932 | 2633 | 2324 | 2182 | 2131 | 2062 | 2024 | |||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
editarO concello, de 152,7 km², abrangue 13 parroquias. Está situado ao sueste da provincia de Ourense, limitando á súa vez ao sueste con Portugal. Limita ao norte con Castrelo do Val e Riós, ao sur con Chaves, ao leste con Vinhais, e ao oeste con Verín.
Ten unha orografía de montaña, sendo os maiores cumios os da serra de Penas Ceibes. Está atravesado polo río Támega e o río Mente.
Historia
editarAs mámoas de Vilardevós, o castro de Florderrei, un cadaleito atopado en Arzádigos e datado do século VII, mostran o poboamento destas terras desde época antiga. Como territorio fronteirizo entre España e Portugal sufriu os avatares das relacións entre ámbolos dous países; en 1569 os exércitos portugueses invadiron e devastaron estas terras chegando ata A Gudiña. Durante o antigo Réxime estiveron baixo a xurisdición do Conde de Monterrei.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Vilardevós.
-
Vilardevós Ourense.[2]
Parroquias
editar
Lugares de Vilardevós
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilardevós vexa: Lugares de Vilardevós.
Notas
editar- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 61. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Decreto 278/2003, do 22 de maio DOG núm. 113 (12 de xuño de 2003)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilardevós |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |