Florderrei Vello, Arzádegos, Vilardevós

lugar da parroquia de Arzádegos, no concello de Vilardevós

Florderrei Vello, tamén coñecido como Florderrei de Portas Abertas é unha aldea da parroquia de Arzádegos, no concello de Vilardevós. En 2009 tiña 89 habitantes.

Florderrei Vello
ParroquiaArzádegos
ConcelloVilardevós
Coordenadas41°52′29″N 7°18′46″O / 41.874786111111, -7.3127972222222
Poboación74 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Como en todo o concello o seu clima é oceánico de montaña, aínda que con algún matiz mediterráneo. Porén parece que Florderrei dispón dun microclima que provoca que durante o período de setembro se produza un estraño fenómeno: miles de formigas voadoras acoden a morrer na capela da Virxe das Portas Abertas no punto máis alto da aldea, que se atopa construída sobre un antigo castro[1][2].

Historia

editar

O 27 de outubro de 1947 oito gardas civís rodearon a vivenda de Amadeo Domínguez e Pilar Suárez en Florderrei Vello onde estaba agochados os maquis Francisco Peña e mais Ángel Santos Rodríguez. No asalto resultaron mortos Francisco Peña e o garda civil Miguel Álvarez Barreira, de Arzádegos. Os donos da casa, Amadeo Domínguez e Pilar Suárez, foron tamén asasinados. Amadeo foi asasinado no Pontón de Soutocobo nunha emboscada da Garda Civil, e Pilar foi torturada e ao día seguinte asasinada no Pinal da Carolina, preto de Florderrei Vello.

  1. "Castro de Florderrei Vello – Ermita das Portas Abertas". Galicia Máxica. 
  2. Victoria Mourenza (30 de agosto de 2001). "Las hormigas vienen a morir al pie de la Virgen de Florderrei". La Voz de Galicia. 

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Arzádegos

editar
Lugares da parroquia de Arzádegos no concello de Vilardevós (Ourense)

Arzádegos | Florderrei Vello

Parroquias de Vilardevós

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilardevós

Arzádegos (Santa Baia) | Berrande (San Bartolomeu) | Enxames (San Xoán) | Fumaces e A Trepa (Santa María) | Moialde (Santa María) | Osoño (San Pedro) | Santa María de Traseirexa (Santa María) | Soutochao (Santa María) | Terroso (Santa Cruz) | Vilar de Cervos (San Vicente) | Vilardevós (San Miguel) | Vilarello da Cota (Santa María)


Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar