Vítor Manuel II de Italia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2017.) |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Vítor Manuel II, (en italiano Vittorio Emanuele II), nado en Turín o 14 de marzo de 1820 e finado en Roma o 9 de xaneiro de 1878 foi o derradeiro rei do Reino de Sardeña e o primeiro Rei de Italia.
Traxectoria
editarFillo primoxénito de Carlos Alberte I, Rei de Sardeña e de María Tareixa de Austria, Princesa da Toscana. Durante o reinado do seu pai Carlos Alberte, os reinos de Sardeña e Piamonte foron unificados. Carlos Alberte foi á guerra en 1848 contra o Imperio Austríaco (que gobernaba a meirande parte do norte de Italia), pero foi derrotado na Batalla de Novara ó ano siguinte. Carlos Alberto abdicou e o seu fillo Vítor Manuel conveteuse en rei de Piamonte-Sardeña o 24 de marzo de 1849.
Baixo o seu mandato, e debido ás habilidades do seu ministro, o Conde de Cavour, o Reino de Sardeña creceu ata incluír toda Italia (1860-1870), polo proceso da Unificación italiana. O Reino de Sardeña converteuse no Reino de Italia en marzo de 1861. Polo feito de ser o primeiro rei dunha Italia unida pola súa popularidade, Vítor Manuel II recibiu o alcume de "Padre della Patria". Nun esforzo por manter a súa continuidade dinástica, e a pesar de ser o primeiro Rei de Italia, o soberano conservou o número "II" ordinal baixo o que gobernara o seu pai como Rei de Sardeña. Esta decisión xerou incomodidade nos recentemente unificados territorios do sur.
Algúns dos seus obxectivos foron a industrialización; efectuar unha reforma económica cun novo sistema fiscal e mellorar as relacións exteriores, usando a diplomacia para facer aliados. Vítor Manuel II foi excomungado pola Igrexa católica despois de que exército italiano tomara Roma en 1870 e o papa Pío IX tivese que retirarse ó Vaticano.
O seu fillo varón Amadeo, sería Rei de España por un breve período de apenas dous anos entre 1870 e 1873, e pasaría a lista de reis españois baixo no nome de Amadeu I.