Camillo Benso

político e estadista da Italia anterior á unificación

Camillo Benso, conde de Cavour, nado en Turín o 10 de agosto de 1810 e finado o 6 de xuño de 1861, foi un político e estadista da Italia anterior á unificación.

Modelo:BiografíaCamillo Benso

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(it) Camillo Benso di Cavour Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Camillo Paolo Filippo Giulio Benso Editar o valor en Wikidata
10 de agosto de 1810 Editar o valor en Wikidata
Turín, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xuño de 1861 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Turín, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemalaria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCastle Cavour of Santena (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Minister of War of the Kingdom of Italy (en) Traducir
17 de marzo de 1861 – 23 de marzo de 1861
← sen valor – Manfredo Fanti →
Minister of the Navy of the Kingdom of Italy (en) Traducir
17 de marzo de 1861 – 6 de xuño de 1861
← sen valor – Luigi Federico Menabrea →
Minister of Foreign Affairs of the Kingdom of Italy (en) Traducir
17 de marzo de 1861 – 6 de xuño de 1861
← sen valor – Bettino Ricasoli →
Prime Minister of the Kingdom of Italy (en) Traducir
17 de marzo de 1861 – 6 de xuño de 1861
← sen valor – Bettino Ricasoli →
Deputado do Reino de Italia
18 de febreiro de 1861 – 6 de xuño de 1861
Minister of War of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
29 de setembro de 1860 – 17 de marzo de 1861
← Manfredo FantiSupresión do cargo →
Member of the Chamber of Deputies of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
2 de abril de 1860 – 17 de decembro de 1860
Minister of the Navy of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
21 de xaneiro de 1860 – 17 de marzo de 1861
← sen valor – Supresión do cargo →
Minister of interior of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
21 de xaneiro de 1860 – 24 de marzo de 1860
← Urbano RattazziLuigi Carlo Farini →
Minister of Foreign Affairs of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
21 de xaneiro de 1860 – 17 de marzo de 1861
← Giuseppe DabormidaSupresión do cargo →
Prime Minister of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
21 de xaneiro de 1860 – 17 de marzo de 1861
← Alfonso La MarmoraSupresión do cargo →
Minister of interior of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
15 de xaneiro de 1858 – 19 de xullo de 1859
← Urbano RattazziUrbano Rattazzi →
Member of the Chamber of Deputies of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
14 de decembro de 1857 – 21 de xaneiro de 1860
Minister of Foreign Affairs of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
5 de maio de 1856 – 19 de xullo de 1859
← Luigi CibrarioGiuseppe Dabormida →
Minister of Finance of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
30 de abril de 1856 – 14 de xaneiro de 1858
← Giovanni LanzaGiovanni Lanza →
Minister of Finance of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
12 de decembro de 1855 – 13 de febreiro de 1856
← Giovanni LanzaGiovanni Lanza →
Minister of Finance of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
31 de maio de 1855 – 19 de novembro de 1855
← Camillo BensoGiovanni Lanza →
Minister of Finance of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
4 de maio de 1855 – 31 de maio de 1855
← Camillo BensoCamillo Benso →
Minister of Foreign Affairs of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
10 de xaneiro de 1855 – 30 de maio de 1855
← Giuseppe DabormidaLuigi Cibrario →
Member of the Chamber of Deputies of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
19 de decembro de 1853 – 25 de outubro de 1857
Prime Minister of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
4 de novembro de 1852 – 19 de xullo de 1859
← Massimo d'AzeglioAlfonso La Marmora →
Minister of Finance of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
4 de novembro de 1852 – 4 de maio de 1855
← Luigi CibrarioCamillo Benso →
Minister of Finance of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
26 de febreiro de 1852 – 21 de maio de 1852
← Camillo BensoLuigi Cibrario →
Minister of Finance of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
19 de abril de 1851 – 26 de febreiro de 1852
← Giovanni NigraCamillo Benso →
Minister of Agriculture and Trade of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
12 de outubro de 1850 – 21 de maio de 1852
← Giovanni Filippo GalvagnoSupresión do cargo →
Member of the Chamber of Deputies of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
20 de decembro de 1849 – 20 de novembro de 1853
Member of the Chamber of Deputies of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
30 de xullo de 1849 – 20 de novembro de 1849
Member of the Chamber of Deputies of the Kingdom of Sardinia (en) Traducir
8 de maio de 1848 – 30 de decembro de 1848
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónDeísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal Academy of Turin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, empresario, diplomático, escritor Editar o valor en Wikidata
Partido políticoDereita Histórica Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaBenso (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
ParellaHortense Allart Editar o valor en Wikidata
PaisMichele Benso di Cavour Editar o valor en Wikidata  e Adélaïde de Sellon Editar o valor en Wikidata
IrmánsGustavo Benso di Cavour Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX993898
Camillo Benso, conde de Cavour

Foi ministro do Reino de Sardeña de 1850 a 1852, presidente do Consello de Ministros do Reino de Sardeña de 1852 a 1859 e do 1860 a 1861. No mesmo 1861, coa proclamación do Reino de Italia, converteuse no primeiro presidente do Consello de ministros do novo Estado, cargo que ocupou ata a súa morte ese mesmo ano.

Foi protagonista do Risorgimento como partidario das ideas liberais, do progreso civil e económico, do anticlericalismo, dos movementos nacionais e da expansión do Reino de Sardeña fronte ao Imperio Austríaco e os Estados italianos de antes da unificación.

En economía promoveu o mercado libre, os grandes investimentos industriais (sobre todo no campo ferroviario) e a cooperación entre público e privado. En política apoiou e defendeu a promulgación do Estatuto albertino. Xefe da chamada dereita histórica, asinou un acordo coa esquerda, coa que realizou diversas reformas. Confrontou abertamente as ideas republicanas de Giuseppe Mazzini e enfrontouse a miúdo a Giuseppe Garibaldi, de cuxas accións temía un potencial revolucionario.

En política exterior teceu con habilidade unha alianza con Francia grazas á cal, coa segunda guerra da Independencia, obtivo a expansión territorial do Reino de Sardeña na Lombardía. Conseguiu manexar os eventos políticos (disturbios no Gran Ducado de Toscana, nos ducados de Módena e Parma e no Reino das Dúas Sicilias) que xunto á Expedición dos Mil levaron á formación do Reino de Italia.

Biografía

editar

Fillo do marqués Michele Benso de Cavour e de Adèle de Sellon, dama de orixe suíza. Piemontés aristocrático de ideas liberais, durante a súa mocidade estudou na Academia Militar, chegando a ser oficial de Enxeñeiros. Pouco apegado á vida militar, deixou o exército e dedicouse a viaxar ao estranxeiro estudando o desenvolvemento económico dos países máis industrializados como Francia e Inglaterra, documentándose en tódalas innovacións relacionadas con calquera campo. Aos 22 anos foi nomeado alcalde de Grinzane, localidade na que a súa familia tiña terras, e ocupou o cargo durante 17 anos.

Os seus comezos en política

editar

En 1847 fixo a súa aparición na escena política como fundador, xunto a Cesare Balbo dun xornal liberal moderado, Il Risorgimento. Foi elixido deputado ao Parlamento en xuño de 1848. Perdeu o seu escano nas eleccións de xaneiro de 1849, pero recuperouno en marzo do mesmo ano e non o deixaría ata a súa morte.

En 1850, tras un apaixonado discurso a favor das leis Siccardi pasou a formar parte do goberno de Massimo d'Azeglio, como ministro de Agricultura, Comercio e Mariña; en 1851 completou o seu control da vida económica do País coa asunción das competencias da carteira de Finanzas. En 1852 preparou con Cristián Rattazzi, principal expoñente da esquerda liberal, unha coalición que o levou en novembro do mesmo ano á Presidencia do Consello de Ministros.

Reformas económicas

editar
 
Scritti di economia, 1962

Unha vez acadado este cargo, o conde de Cavour consagrouse ao fortalecemento económico e industrial do Reino de Sardeña, favorecendo a construción de ferrocarrís, estradas e iniciando a construción do túnel do Frejus. Revitalizou a agricultura coa introdución de novos cultivos, a realización de obras de mellora e a construción de canles de rega. Favoreceu a creación dunha industria siderúrxica e o fornecemento da téxtil. Reformou o exército a través do seu colaborador, o xeneral La Marmora, e ordenou a construción dun arsenal marítimo en La Spezia.

Política interna

editar

En política interna foi o artífice da orde monárquica constitucional, tódalas súas reformas estaban ditadas polo seu desexo de impedir calquera tipo de insurrección democrática ou republicana. Partidario acérrimo da afirmación de Charles de Montalembert, «Igrexa libre en Estado libre», preocupouse de redimensionar o poder da Igrexa, e promoveu a construción de fogares para a infancia, e mantivo unha loita tenaz contra os xesuítas, que tiñan o monopolio nas tarefas educativas.

Conseguiu que se aprobase unha lei que suprimía as ordes monásticas contemplativas e que abolía os privilexios da manomorta e do foro eclesiástico. Esta lei provocou un grande escándalo e tropezou coa oposición do rei, quen forzou a dimisión de Cavour, na chamada crise Calabiana (26 de abril de 1855). Tras uns días, con todo, o rei tivo que volver chamar a Cavour para o mesmo posto, pero o proxecto de lei tivo que ser abandonado en parte.

Política exterior e unificación de Italia

editar
 
Retrato de Cavour, obra de Francesco Hayez.
 
O Congreso de París de Dubufe, onde Camilo Benso aparece representado na primeira fila.

En política exterior foi un político hábil, aínda que ás veces estivo acompañado pola fortuna. O seu obxectivo era crear un estado forte no norte de Italia baixo a coroa da Casa de Savoia, pero descubriu que para acadar ese obxectivo, o Piemonte debía obter apoios das potencias europeas. En 1854 estoura a guerra de Crimea: Francia e Inglaterra, aliadas con Turquía, loitaban contra Rusia, que facía esforzos por espallar a súa hexemonía na península balcánica. Cavour ofreceu a axuda do Piemonte ás grandes potencias, enviando a Crimea un corpo de exército.

Non resultou sinxelo obter a autorización para a expedición por parte do Parlamento de Turín: non se entendía a razón pola que piemonteses debían morrer defendendo intereses turcos nunha zona na que o Piemonte non tiña ningún interese que defender. Pero ao participar na guerra no lado dos vencedores, o Piemonte foi admitido á mesa de negociacións como aliado de dúas grandes potencias: Francia e Inglaterra.

En 1856 asinouse a paz no Congreso de París, coa presenza do representante de Austria. Cavour non obtivo compensación algunha pola súa participación na guerra, pero conseguiu que unha das sesións fose adicada expresamente a discutir o problema italiano: puido así defender publicamente a idea de que a represión dos gobernos reaccionarios e a política do Imperio Austrohúngaro eran os auténticos responsables das inquietudes revolucionarias que se estaban formando en toda a península e que estas revoltas poderían constituír unha ameaza para todos os gobernos de Europa.

Así, Cavour chamou a atención de tódalas potencias europeas sobre a cuestión italiana; para ter éxito tería que conseguir interesar polo menos de xeito especial nalgunha delas. En 1858 entrevistouse con Napoleón III (favorable a intervir a favor dos italianos a pesar de escapar milagrosamente con vida ao atentado do patriota emiliano Felice Orsini) en Plombières para ratificar un tratado defensivo-ofensivo fronte aos Habsburgo. En 1859 estoura a guerra que enfronta por unha banda a Francia e ao Piemonte e por outro a Austria. A guerra permitiu a anexión da Lombardía, pero os franceses interromperon a guerra antes do previsto, asinando un armisticio con Austria no Tratado de Villafranca. Cavour, como protesta, dimitiu. Malia a oposición de Vítor Manuel II, en 1860 Cavour volveu ocupar o cargo de Presidente do Consello.

Cuns estratéxicos movementos políticos e coa axuda do goberno británico, conseguiu obter o recoñecemento dos plebiscitos que se celebraron en Toscana, nos ducados de Módena e Parma e nos Estados Pontificios para a anexión do Reino de Sardeña. Para continuar obtendo o apoio francés no seu proxecto, que xa era o de unificar a península italiana, cedeu a Francia a cidade de Niza e a rexión de Savoia. De xeito non explícito axudou a Garibaldi a organizar a Expedición dos Mil, e logo, coa escusa de deter a ese "perigoso revolucionario" obtivo o permiso de Francia para ocupar os Estados Pontificios, agás a cidade de Roma.

Cando se uniron os exércitos, Garibaldi doou a Víctor Manuel II o sur de Italia, co que se chegou a unha reunificación parcial da península. O 17 de marzo de 1861 Víctor Manuel II foi proclamado Rei de Italia. Cavour adicouse a unha operación diplomática a grande escala para conseguir un acordo co Papa, pero antes de chegar á conclusión morreu, probablemente de malaria, no palacio da súa familia en Turín o 6 de xuño de 1861.

Legado

editar

En 1916 a localidade de Grinzane mudou de nome e pasou a chamarse Grinzane Cavour como agradecemento a Camillo Benso, que foi o seu alcalde durante 17 anos. Tamén leva o seu nome outro municipio italiano, Sogliano Cavour, na provincia de Lecce. No transcurso do tempo dous barcos da mariña italiana levaron o nome de Cavour, en 1915 un barco de guerra, e en 2004 un portaavións. Ademais numerosas rúas e prazas de cidades italianas levan o seu nome.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar