Tríades da Illa de Bretaña
As Tríades galesas (en galés: Trioedd Ynys Prydein), literalmente "Tríades da Illa da Britania") son un grupo de textos relacionados en manuscritos medievais, que preservan fragmentos do folclore, da mitoloxía e da historia tradicional galesa en grupos de tres. A tríade é unha forma retórica pola qcal os asuntos se agrupan en grupos de tres, cun título que indica o punto de semellanza. Por exemplo, "Tres cousas non facilmente contidas, o fluxo dunha corrente, o voo dunha frecha, e a lingua dun tolo".[1]
Contido
editarOs textos inclúen referencias ao Rei Artur e a outros personaxes semihistóricos da Britania posromana, figuras míticas como Bran o Bendito, innegabelmente personaxes históricos, como Alan IV, duque da Bretaña (ao que chaman Alan Fyrgan) e até mesmo personaxes da Idade de Ferro como Caswallawn (Cassivelauno) e Caradoc (Caratacus).
Algunhas tríades simplemente fornecen unha lista de tres personaxes con algo en común (como "os tres bardos frívolos da illa da Britania"[2]), en tanto que outros inclúen explicacións narrativas substanciais. A forma tríade probabelmente se orixinou entre os bardos ou poetas galeses como unha forma de axuda mnemónica na composición dos seus poemas e historias, e máis tarde tornouse un dispositivo retórico da literatura galesa. O conto medieval galés, Culhwch e Olwen, ten moitas tríades embutidas na súa narrativa.
Manuscritos importantes
editarA colección máis antiga das Tríades galesas está ligada ao manuscrito Peniarth 16, actualmente na Biblioteca Nacional do País de Gales, que foi datada do terceiro trimestre do século XIII e que contén 46 das 86 tríades editadas por Rachel Bromwich. Outros manuscritos importantes inclúen o Peniarth 45 (escrito aproximadamente en 1275), e o par Libro Branco de Rhydderch (en galés: Llyfr Gwyn Rhydderch) e o Libro Vermello de Hergest (en galés: Llyfr Coch Hergest), que comparten unha versión común totalmente diferente da versión das coleccións nos manuscritos Peniarth.
Coleccións posteriores
editarO anticuario galés do século XVIII, Iolo Morganwg, compilou unha colección de tríades, que alegou ter tomado da súa propia colección de manuscritos. Algunhas das súas tríades son semellantes ás encontradas nos manuscritos medievais, pero algunhas son exclusivas de Morganwg, e está amplamente acreditado seren produtos da súa propia invención.
Notas
editar- ↑ Lloyd, John Edward (1911), "Note to the Historical Triads", A History of Wales from the Earliest Times to the Edwardian Conquest, I (Second ed.), Londres: Longmans, Green, and Co. (publicado en 1912), p. 122.
- ↑ Alan Lupack, "The Oxford guide to Arthurian literature and legend", Oxford University Press, 2007, ISBN 0-19-921509-X, p.21
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Rachel Bromwich, editora e tradutora. Trioedd Ynys Prydein: The Welsh Triads. Cardiff: University of Wales Press, Second Edition 1978. ISBN 0-7083-0690-X
- Rachel Bromwich, editora e tradutora. Trioedd Ynys Prydein: The Welsh Triads. Cardiff: University of Wales Press, Third Edition, 2006. ISBN 0-7083-1386-8
- W. Probert (tradutor) (1977), Iolo Morganwg, The Triads of Britain