Idade de Ferro británica
A Idade de Ferro británica é o nome convencional usado na arqueoloxía da illa de Gran Bretaña, para referirse ás fases da Prehistoria e Protohistoria da cultura da Idade de Ferro, excluíndo tradicionalmente a Prehistoria de Irlanda que tivo unha cultura da Idade de Ferro de seu.[1]
A Idade de Ferro británica durou teoricamente dende o primeiro uso importante do ferro para facer ferramentas e armas en Gran Bretaña ata a romanización da metade sur da illa. Esta cultura romanizada da chamada Gran Bretaña romana foi a que suplantou á Idade de Ferro británica. A Idade de Ferro irlandesa rematou coa chegada do cristianismo.
As tribos que poboaban a illa pertencían a ampla cultura celta, máis especificamente á chamada cultura celta insular (en contraste coa cultura celta non insular propia dos pobos do continente como os galos e os celtiberos). As linguas britónicas e goidélicas forman parte do subgrupo celta insular que está dentro das linguas célticas. O termo lingüístico "celta" non ten unha implicación de unidade cultural sostible que conecte a Galia coas Illas Británicas ó longo da Idade de Ferro.[2]
Notas
editar- ↑ Cunliffe (2005) page 27.
- ↑ Fitzpatrick (1996) page 242: "It is clear, then, that there is no intrinsic 'Celtic' European unity and that the idea of 'Celtic' Iron Age Europe has developed in an almost ad hoc fashion. When examined critically the central idea – of being 'Celtic' – may also be seen to be weakly formulated ...."
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Lindsay, Euan (2008). "Place names on Ptolemy's Map of Scotland". Bretaña romana. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2008. Consultado o 2008-11-22.
- Ross, David (1996). "Celtic Britain (The Iron Age) c. 600 BC - 50 AD". Bretaña celta. Consultado o 2007-03-13.