Super Game Boy
O Super Game Boy (スーパーゲームボーイ Sūpā Gēmu Bōi?) é un accesorio que permite que os cartuchos de Game Boy poidan ser xogados na consola Super Nintendo Entertainment System. Lanzado en xuño de 1994, comercializouse por 59,99 dólares nos Estados Unidos[1] e por 49,99 libras no Reino Unido.[2]
Características
editarEste periférico permite que os xogos monocromáticos de catro tons de gris sexan compatibles cun marco deseñado nos bordos da pantalla ou deseñar un marco propio empregando o control estándar ou o rato, ademais de liñas de código máis avanzadas que as da Game Boy estándar, como máis paletas de cores, maior velocidade e máis resolución. Un exemplo célebre foi o xogo The King Of Fighters '95 que aproveitou estas funcións cando se xogaba co Super Game Boy. Aínda cando Nintendo orixinalmente pensou lanzar ó mercado unha versión de Super Game Boy en consola e un adaptador para Super Nintendo / Super Famicom, só saíu ó mercado esta última e segunda versión da mesma.
Super Famicom
editarSuper Game Boy 2
editarNo Xapón saíu un accesorio máis avanzado, Super Game Boy 2, cuxa mellora máis salientable foi a inclusión dunha saída para conectar o cable link e así xogar o modo multixogador e incluía un led verde indicando conexión co cable Link e un led vermello indicando o acendido. O motivo principal foi a febre Pokémon.
Notas
editar- ↑ "GamePro Labs" (PDF). GamePro (59) (IDG). xuño de 1994. p. 172.
- ↑ "Nintendo Super Game Boy Super NES - Computing History". www.computinghistory.org.uk. Consultado o 2017-07-28.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Super Game Boy |
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |