Pokémon

franquía arredor do videoxogo homónimo

Pokémon (ポケットモンスター Poketto Monsutā?, Pocket Monsters, literalmente "monstros de peto" en galego) é unha franquía multimillonaria, que orixinalmente comezou coma un videoxogo, mais debido á súa popularidade logrou expandirse a outros medios de entretemento coma series de televisión, xogos de cartas, roupa, entre outros, converténdose nunha marca que é recoñecida no mercado mundial. As vendas de videoxogos até o 1 de decembro de 2006, acadaran unha cantidade de 175 millóns de exemplares (incluíndo a venda da versión Pikachu da consola Nintendo 64), atinxindo ocupar o segundo lugar das sagas de videoxogos máis vendidos de Nintendo. A franquía celebrou o seu décimo aniversario o 27 de febreiro de 2006.

Pokémon, Anime
{{{caption}}}
ポケットモンスター
Poketto Monsutā

(Pocket Monsters)
Anime Pokémon
Dirixido por Masamitsu Hidaka (1997-2006)
Norihiko Sudo (2006-presente)
Estudio {{{estudio}}}
Canle televisiva Japan TV Tokyo
Kids WB, Cartoon Network
Chile Paraguai

Cartoon Network Latinoamérica
Canal 5
Gamavisión, Ecuavisa, Teleamazonas
Panamericana Televisión, Frecuencia Latina
Televen
Chile Chilevisión, Mega, etc...TV
Inglaterra Cartoon Network
España Telecinco, Jetix, Canal 2 Andalucía
Italia Italia 1
Caracol TV, Canal Capital, CityTV (exclusivamente Bogotá)

Primeira emisión 1 de abril de 1997
Última emisión -
Núm. de capítulos 610
Un avión Boeing 747 xaponés decorado con debuxos de Pokémon.

A serie de videoxogos foi desenvolvida pola compañía programadora de software xaponesa Game Freak, con personaxes creados por Satoshi Tajiri para a empresa de xoguetes Creatures Inc., e á súa vez para Nintendo. A misión nestes xogos é aprehender e adestrar aos pokémon (personaxes cuxa denominación dá nome ao xogo), que até a data acadan o número de 1025. A posibilidade de os intercambiar fíxolle conseguir unha popularidade que se reflectiu nun éxito de vendas e a conseguinte aparición dunha serie animada, filmes e diverso merchandising coma peluches, xoguetes e cartas.

A produción dos videoxogos, a serie de anime e demais material para a súa distribución en occidente foi realizada nos Estados Unidos por 4Kids Entertainment até novembro de 2005, momento no que decidiu non renovar o seu contrato con Pokémon USA (unha subsidiaria de Pokémon Company). Actualmente esta supervisa todo o referente ao material de Pokémon na súa distribución en occidente.

Videoxogos

editar

Os videoxogos de Pokémon limitábanse nun principio ao xénero RPG. Após comprobaren o éxito da saga, espalláronse en moitos outros xéneros.

As series e filmes de Pokémon, forman un anime metaserial que se basea na saga de videoxogos (agás Pokémon Amarelo). A serie segue as aventuras de Ash Ketchum (Satoshi na versión orixinal), quen desexa converterse nun Mestre Pokémon e que na compaña dos seus amigos viaxa ao redor do mundo ficticio de Pokémon. A versión orixinal da serie chámase Pocket Monsters, ou simplemente Pokémon nos países occidentais (a miúdo chamado Pokémon: Gotta Catch 'Em All para o distinguir das demais tempadas) Ash inicia o seu primeiro día de adestrador Pokémon co seu primeiro (e propio) pokémon, chamado Pikachu, a diferenza dos videoxogos onde o adestrador pode escoller a un Bulbasaur, Charmander, ou Squirtle.

A serie de anime foi estreada no Xapón o 1 de abril de 1997 na canle TV Tokyo e foi adaptada á cultura occidental por 4Kids Entertainment deica novembro do 2005. Actualmente Pokémon USA encárgase da produción e distribución da serie de anime en occidente.

Filmes

editar

Durante cada tempada da serie, preséntase un Filme Pokémon (劇場版ポケットモンスター Gekijōban Poketto Monsutā?, Pocket Monsters the Movie), protagonizado polos personaxes principais da serie. Até mediados do 2008, hai once filmes e un especial para a televisión (emitido fóra do Xapón e titulado "Mewtwo Returns"). Na trama de cada filme, hai un encontro cun pokémon lendario. As películas tamén empréganse para promoveren o novo Pokémon que se supón que vai aparecer nas novas versións do xogo.

Dende o primeiro filme até o sétimo, están precedidos por unha pequena curta denominada “The Pikachu Movie” (O Filme de Pikachu).

Pokémon Trading Card Game

editar

Pokémon Trading Card Game é un xogo de cartas coleccionábeis baseado na serie de anime e videoxogos. Os xogadores empregan estrataxemas e usan as fortalezas e os puntos febles das súas cartas para derrotaren ao seu opoñente por knock out. O xogo foi lanzado por primeira vez na Norteamérica por Wizards Of The Coast en 1999. Porén, co lanzamento de Pokémon Rubí e Zafiro para Game Boy Advance, Wizards Of The Coast perdeu a licenza para publicar o xogo e Nintendo e Pokémon USA decidiron producir o xogo pola súa conta.

O manga de Pokémon é un conxunto de historias, algunhas das cales están baseadas nos videoxogos, a serie de anime e os seus filmes.

O manga está publicado unicamente no Xapón por Shogakukan, Estados Unidos por Viz Media e en Singapur e a China por Chuang Yi.

Especies

editar
Artigo principal: Lista de pokémon.

Os pokémon son unha clase de criaturas baseadas en moitos casos en animais reais ou criaturas míticas e mitolóxicas orientais. Outros inspíranse en cousas inanimadas e lendarias. Son capturados cun aditamento especial chamado Poké Ball (pokebola). Existe unha cantidade aproximada de 1025 pokémon; algúns deles son Pikachu, Mew, Raichu etc.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

En xaponés

En inglés

En castelán

En portugués