Steve Martin
Stephen Glenn "Steve" Martin, nado o 14 de agosto de 1945 en Waco, Texas, é un humorista, actor, dramaturgo e guionista estadounidense.
Traxectoria
editarMartin medrou no sur de California, traballou de neno en Disneyland (1955-1958) e como humorista no parque de atraccións Knott's Berry Farm, comezou a facerse coñecido como guionista da Smothers Brothers Comedy Hour (1967-1969) polo que cos outros guionistas gañou un Emmy en 1969. A mediados da década de 1970 foi un convidado frecuente en The Tonight Show cun humor absurdo. Con Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band (1978) comezou a súa carreira como actor, salientando en Pennies from Heaven (1981), All of Me (1984), Roxanne (1987), Parenthood (1989), O pai da noiva (1991), O pai da noiva II (1995) ou Cheaper by the Dozen (2003). En 1993 estreou a súa primeira obra de teatro Picasso at the Lapin Agile. No ano 2000 publicou a novela curta Shopgirl, seguíndolle The Pleasure of My Company (2003) e o libro de memorias Born Standing Up (2007).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Steve Martin |