Shinkansen (新幹線) é a rede de ferrocarril de alta velocidade do Xapón, o servizo efectúano catro compañías da Japan Railways. A primeira liña foi a Tōkaidō Shinkansen, entre Toquio e Osaka, aberta en 1964 e que alcanzaba unha velocidade de 210 km/h, o éxito comercial (máis de 100 millóns de viaxeiros en menos de tres anos) fixo que a rede se ampliase ata atinxir oito liñas e 2.459 km, ligando a maioría das grandes cidades das illas de Honshū e Kyūshū con velocidades de máis de 300 km/h. en probas chegouse ata 443 km/h para raís convencionais en 1996 e a 581 km/h (o récord do mundo) para (361 mph) en trens de levitación magnética. Os trens viaxan durante o día, de 6 da mañá ata as 24, logo e ata as 6 da mañá realízanse operacións de mantemento e percorre a rede o coñecido como Doctor Yellow (ドクターイエロー), un convoi que testa as liñas.

Shinkansen E6
Shinkansen 200 ~ E5
Shinkansen 0 ~ N700
Rede Shinkansen

Orixes

editar

As orixes da rede de alta velocidade xaponesa están na década dos cincuenta do século pasado, nese momento, algúns tramos da rede convencional, como a liña Tokaido, estaban a piques de se saturar, e por iso a compañía decide a construción dun novo sistema para desconxestionar o corredor Toquio-Osaka, converténdose o primeiro país en dotarse dunha liña de alta velocidade, as obras comezaron en 1959 e a primeira liña inaugurouse con motivo dos Xogos Olímpicos de Toquio. A palabra Shinkansen significa literalmente "Nova gran liña" e refírese estritamente ao trazado das vías, mentres os trens reciben o nome de "Super Expresos" (超特急, chō-tokkyū), porén no uso popular tanto as vías como os trens chámanse shinkansen . Shinkansen utiliza o largo de vía normal (1.440 mm) e en 40 anos de funcionamento non houbo accidente ningún, o terremoto do 23 de outubro de 2004 provocou o descarrilamento espectacular dun Shinkansen 200 que efectuaba o servizo Toki 231, circulando a 200 km/h na liña Toquio-Niigata pero sen ocasionar vítimas.

Liñas

editar

As principais liñas son:

Dúas liñas máis, coñecidas como Mini-Shinkansen (ミニ新幹線), construíronse ao actualizar seccións das liñas xa existentes: