23 de outubro
data
<< | Outubro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 | |||
2024 Todos os días |
O 23 de outubro é o 296º día do ano do calendario gregoriano (297ºnos anos bisestos). Quedan 69 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- -42: Batalla de Filipos, onde Bruto e Casio, asasinos de Xulio César se enfrontan a Marco Antonio e Octaviano.
- 425: Con apenas seis anos, Valentiniano III ascende ao trono romano do Occidente.
- 1086: Batalla de Zalaca: o exército almorábide de Yūsuf Ibn Tāshfīn derrota as tropas do rei Afonso VI de León.
- 1091: a cidade de Londres (Inglaterra) é azoutada por un tornado F4, que demole o ponte de Londres, varias igrexas e 600 casas (Tornado de Londres de 1091). É o primeiro tornado rexistrado na Historia de Europa, e o máis violento.[1]
- 1641: Comeza a Rebelión irlandesa de 1641.
- 1685: Lois XIV de Francia revoga o Edicto de Nantes co Edicto de Fontainebleau.
- 1702: ten lugar na ría de Vigo a batalla de Rande.
- 1868: Xapón: un decreto inaugura a era Meiji, novo réxime imperial.
- 1923: Fundación do Seminario de Estudos Galegos, en Santiago de Compostela.
- 1940: Prodúcese en Hendaia un encontro entre Francisco Franco e Adolf Hitler.
- 1956: Revolución húngara: insurrección en Hungría contra o goberno comunista.
- 1977: Chega a Cataluña o seu presidente Josep Tarradellas, até entón no exilio.
- 1989: O presidente Mátyás Szűrös declara a República de Hungría en substitución ó réxime socialista.
- 2001: En Irlanda do Norte, o IRA comeza a desarmarse, logo de conversas de paz auspiciadas polo presidente estadounidense Bill Clinton.
- 2004: Brasil lanza con éxito o seu primeiro foguete espacial.
Nacementos
editar- 1771 - Jean-Andoche Junot, xeneral francés (m. 1813).
- 1817 - Pierre Athanase Larousse, lexicógrafo francés (m. 1875).
- 1844 - Sarah Bernhardt, actriz de teatro francesa.
- 1890 - Ernestina Otero, mestra e pedagoga galega (m. 1956).
- 1893 - Gummo Marx, actor estadounidense (m. 1977).
- 1898 - Gervasio Paz Lestón, escritor e xornalista galego (m. 1977).
- 1903 - José Barral Souto, economista, estatístico e actuario galego nacionalizado arxentino (m. 1976)
- 1905 - Felix Bloch, químico suízo, Premio Nobel (m. 1983).
- 1908 - Ilya Frank, físico ruso, Premio Nobel de Física (m. 1990).
- 1915 - Xaime Illa Couto, intelectual e economista galego (m. 2012).
- 1920 - Paul Celan, poeta alemán.
- 1940 - Edson Arantes do Nascimento, máis coñecido como Pelé, xogador de fútbol brasileiro.
- 1940 - Fuad Tual, bispo católico latino palestino, patriarca de Xerusalén.
- 1942 - Michael Crichton, escritor norteamericano.
- 1942 - Anita Roddick, empresaria inglesa de cosmética e escritora (m. 2007).
- 1951 - Charly García, cantante arxentino.
- 1952 - Alfonso Álvarez Cáccamo, escritor galego.
- 1961 - Andoni Zubizarreta, xogador de fútbol español
- 1974 - Jasmin St. Claire, actriz porno estadounidense
Mortes
editar- 1590 - Bernardino de Sahagún, frade franciscano e etnólogo.
- 1688 - Charles du Fresne, coñecido como sieur du Cange, filólogo e historiador francés (n. 1610).
- 1869 - Edward Smith-Stanley, primeiro ministro británico (n.1799).
- 1872 - Théophile Gautier, poeta francés (n. 1811).
- 1944 - Charles Glover Barkla, físico británico, Premio Nobel (n.1877).
- 1950 - Al Jolson, actor e cantante americano (n. 1886).
- 1977 - Gervasio Paz Lestón, escritor e xornalista galego (m. 1898).
- 1986 - Edward Adelbert Doisy, bioquímico estadounidense, Premio Nobel (n.1893).
- 2008 - Constantino García, lingüista e escritor galego (n. 1927).
- 2011 - Marco Simoncelli, piloto de motociclismo italiano (n. 1987).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: San Graciano de Toulon, bispo e mártir; San Servando; San Severino de Colonia, bispo; San Xermán.
- A Igrexa ortodoxa conmemora a Santiago o Xusto, irmán do Señor.
Notas
editar- ↑ «British & European Tornado Extremes» Arquivado 28 de agosto de 2014 en Wayback Machine.,