Selandia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
- Este é un artigo sobre unha illa dinamarquesa. Para a provincia dos Países Baixos, consulte Zelandia
Selandia[Cómpre referencia] (Sjælland en dinamarqués) é a illa máis grande de Dinamarca con 7.031 km². Está situada entre o estreito de Kattegat (ao norte) e o mar Báltico (ao sur), separada da rexión sueca de Escania polo estreito de Sund (ao leste) e de Fionia polo Gran Belt (ao oeste). É a illa máis grande (agás Groenlandia) e a illa máis populosa de Dinamarca cunha poboación de 2.267.659 habitantes (39% do total de Dinamarca en xaneiro de 2016).[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.302.074 (327,4 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 7.031,3 km² | ||||
Medición | 116 () × 132 () km | ||||
Bañado por | Mar Báltico | ||||
É a illa número 96 do mundo por superficie e a 35ª máis populosa. Está conectado con Fionia pola Ponte do Gran Belt, a Lolland, Falster (e Alemaña a partir de 2028) pola Ponte Storstrøm e as Pontes Farø. Selandia tamén está vinculada a Amager por cinco pontes. Selandoa está unida indirectamente, a través de illas intermedias por unha serie de pontes e túneles, ao sur de Suecia.
Copenhague, a capital de Dinamarca, atópase en parte na costa oriental de selandia e en parte na illa de Amager. Outras cidades en Selandia son Roskilde, Hillerød, Næstved e Helsingør. A illa non está unida historicamente á nación do Pacífico de Nova Zelandia, que se chama así pola provincia holandesa de Zelandia.
Orixes mitolóxicos
editarNa mitoloxía nórdica como se contou na historia de Gylfaginning, a illa foi creada pola deusa Gefjun despois de engar a Gylfi, o rei de Suecia. Sacou un pedazo de terra e transportouno a Dinamarca, que se converteu en Selandia. A superficie vacante encheuse de auga e converteuse en Mälaren.[2] Con todo, como os mapas modernos mostran unha similitude entre Selandia e o lago sueco de Vänern, ás veces identifícase como o buraco deixado por Gefjun.
Xeografía
editarSelandia é a illa máis populosa de Dinamarca (Pob. 2012 estim. 2.491.090)[3]. Ten forma irregular, posúe un relevo chan, accidentado por outeiros morrénicos e costas recortadas, está ao norte das illas de Lolland, Falster, e Møn. A pequena illa de Amager atópase xusto ao leste.
A capital de Dinamarca, Copenhague, está parcialmente situada na costa leste de Selandia e parcialmente na illa de Amager (parte do Øresund). Unha serie de pontes e o Metro de Copenhague conectan Selandia con Amager, que está conectada a Scania en Suecia pola ponte de Øresund a través da illa artificial de Peberholm. Selandia únese no oeste a Fionia, pola ponte da Gran Belt, e Fionia conéctase mediante pontes á parte continental do país, Xutlandia. Outras cidades na illa son Roskilde e Elsinor.
O 5 de xuño de 2007, a filial rexional da emisora nacional DR, informou que Kobanke no sueste preto da cidade Rønnede no concello de Faxe, cunha altura de 122´9 m., era o punto natural máis alto de Selandia. Gyldenløveshøj, ao sur da cidade Roskilde, ten unha altura de 126 m., pero iso débese a un outeiro feito polo home desde o século XVII. O punto natural máis alto ten só 121´3 m..
Selandia dá o seu nome á era Selandiana do Paleoceno.
O nome orixínase nas grandes poboacións de focas (en danés sæl) nas costas da illa.
Notas
editar- ↑ Source:statistikbanken.dk/Befolkning og valg/table BEF4:Folketal 1. januar efter øer.
- ↑ Den Store Danske Encyklopædi, article Gefion
- ↑ Encyclopædia Britannica. "Zealand". Britannica.com. Consultado o 28 de febreiro de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Selandia |