San Román de Vilaestrofe, Cervo
San Román de Vilaestrofe é unha parroquia que se localiza no concello de Cervo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 238 habitantes (122 homes e 116 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 252 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 213 habitantes, sendo 106 homes e 107 mulleres.
San Román de Vilaestrofe | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Román de Vilaestrofe. | |
Concello | Cervo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°38′59″N 7°24′13″O / 43.649722222222, -7.4036111111111 |
Poboación | 201 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lendas
editarCóntase que unha balea atemorizaba ós habitantes da Mariña lucense e, concretamente, ós mariñeiros que se dedicaban á caza de baleas do porto de San Cibrao (en Cervo). Cando o soubo o bispo de Mondoñedo, San Gonzalo, achegouse á praia onde nadaba a balea. Esta, ó velo chegar, acaroouse ata onde a profundidade non implicaba risco de varamento e bispo e balea puxéronse a falar. Cando remataron, o bispo bendixo ó animal, subiu a unha barca e achegouse onda a balea. A balea abriu a boca e o bispo penetrou nela, para saír ó pouco cunha imaxe da Virxe nas mans. É a Virxe de Vilaestrofe, que se conserva na igrexa de San Román de Vilaestrofe.
Lugares e parroquias
editarLugares de San Román de Vilaestrofe
editarLugares da parroquia de San Román de Vilaestrofe no concello de Cervo (Lugo) | |
---|---|
A Alleira | O Calvario | A Calvela | A Cerdeira | O Eixo | Os Feás | Marrube | A Pena | Santomé | A Senra | Vilaestrofe | Vilar |
Parroquias de Cervo
editarGalicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cervo | |
---|---|
Castelo (San Xiao) | Cervo (Santa María) | Lieiro (Santa María) | Rúa (Santa María) | San Román de Vilaestrofe (San Román) | Sargadelos (Santiago) |
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011, 231.