San Pedro de Mor, Alfoz

parroquia civil do concello de Alfoz

San Pedro de Mor é unha parroquia do concello de Alfoz. No ano 2020 tiña 467 habitantes (225 homes e 242 mulleres), distribuídos en 15 entidades de poboación, cunha densidade de 127,6 hab./km². Acolle a aldea da Seara, o principal núcleo do concello de Alfoz dende 1990, e onde vive a cuarta parte da poboación do municipio.

Mor
Igrexa parroquial de San Pedro de Mor
ConcelloAlfoz[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°31′00″N 7°25′00″O / 43.51666667, -7.41666667
Área3,66 km²
Poboación467 hab. (2020)
Densidade127,6 hab./km²
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

Limita ao norte coa parroquia de Ferreira (O Valadouro), ao sur e ao oeste con Lagoa e ao leste co Castro de Ouro.

Patrimonio

editar

A primeira mención histórica desta parroquia data do ano 1164, cando o conde Álvaro e maila súa muller Sancha subscribiron unha escritura de cambio co bispo Pedro I e co prior, pola cal aqueles cedían a estes a igrexa de San Pedro de Mor e outras máis.

A parroquia ten un volume considerable de cruceiros.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de San Pedro de Mor

editar
Lugares da parroquia de San Pedro de Mor no concello de Alfoz (Lugo)

O Barral | O Candaedo | Correlos | Couto de Baixo | Couto de Riba | O Fargallo | O Fontelo | A Igrexa | Liñar | A Rega | Santa Mariña | A Seara | Vilagabe | Vilaúde | Xordelo


Parroquias de Alfoz

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Alfoz

Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castro de Ouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | San Pedro de Mor (San Pedro) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María)


Notas