Resident Evil 3: Nemesis
Resident Evil 3: Nemesis é un videoxogo producido por Capcom, pertencente á serie Resident Evil. Cronoloxicamente está situado antes e despois do Resident Evil 2. Tamén está ambientado en Raccoon City. Foi lanzado para PlayStation, Dreamcast, GameCube, PC e en breve sairá en Wii. Pódese descargar desde PlaySation Network na Store nipoa.
Resident Evil 3: Nemesis | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Capcom |
Distribuidora(s) | Capcom |
Lanzamento | 22 de setembro de 1999 |
Xénero | survival horror |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | PlayStation 3, Microsoft Windows, PlayStation, GameCube e Dreamcast |
Na rede | |
http://www.capcom.co.jp/bio_series/biohazard3.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarNarra a fuxida de Jill Valentine de Raccoon City. Jill xa se vira mesturada nos incidentes da mansión Spencer, contados no primeiro Resident Evil. A axente dos S.T.A.R.S. abandona o seu domicilio e diríxese á comisaría de policía. Durante o traxecto atópase cun antigo compañeiro das unidades especiais, Brad Vickers, que é asasinado por unha nova arma biolóxica, o Némesis. Jill atravesa diversos escenarios de Raccoon City fuxindo de Némesis. Coñece ademais a un grupo de mercenarios de Umbrella, que foran enviados a tentar eliminar o gromo de virus T, así coma acabar con calquera proba da súa implicación nestes feitos. Estes tres mercenarios son Carlos Oliveira, Mikhail Viktor e Nikholai Gianovaef. Únese a eles e xuntos buscan unha saída da cidade. Mikhail morre a mans de Némesis e Nikholai é un traidor.
Nun dos encontros, Némesis fere a Jill e inféctaa co virus T. Inmediatamente despois, Carlos acode ao hospital, onde atopa unha vacina. Sae del xusto cando estoupa unha bomba nel. Jill, xa recuperada, e Carlos entéranse de que o goberno norteamericano planea "esterilizar" a cidade co uso de mísiles. Faise urxente saír canto antes. Tras unha dura batalla con Némesis, logran fuxir nun helicóptero antes da destrución da cidade.
Características do xogo
editarSegue un estilo similar ao dos dous xogos anteriores: punto de vista en terceira persoa, cámara fixa, escenarios estreitos e agobiantes, restos de sangue e cadáveres pola cidade... A diferenza dos xogos anteriores, hai un maior volume de munición. En momentos puntuais hai que resolver certos crebacabezas para poder avanzar.
Unha vez rematado o xogo é posible desbloquear novos traxes (por exemplo, o traxe de Regina, a protagonista doutro xogo de Capcom, Dino Crisis). Xogando na maior dificultade, poden desbloquearse novas armas, de maior potencia e cadencia de disparo cas normais.
Crítica e vendas
editarCando foi lanzado en 1999 para PlayStation diversos medios especializados déronlle boas notas. En Metacritic acadou un 71 a versión de PC[1], un 62 a de GameCube[2] e un 79 a de Dreamcast[3].
A versión orixinal de PlayStation vendeu máis de 3 millóns e medio de unidades[4]
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 29 de marzo de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2011. Consultado o 29 de marzo de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2011. Consultado o 29 de marzo de 2009.
- ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=4161®ion=All