Wii
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2020.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A Wii (ウィー, Wī) é unha videoconsola de sétima xeración de Nintendo, lanzada en 2006 e descontinuada en 2014. Wii é a sucesora de Nintendo GameCube. Cómpre destacar que Wii foi a primeira consola de sobremesa de Nintendo que non levou a palabra "Nintendo" no nome senón que se chamou unicamente Wii. Foi desenvolvida en colaboración entre IBM e ATI. A Wii é a sucesora da Nintendo GameCube e competiu contra a Playstation 3 de Sony e a Xbox 360 de Microsoft como parte das videoconsolas de sétima xeración.
A videoconsola foi concibida no ano 2001, xunto ao comezo da venda ao público da Nintendo GameCube. Acorde a unha entrevista con Shigeru Miyamoto, o concepto centrábase nunha nova forma de interacción co videoxogo.
Historia
editarA videoconsola foi concibida no 2001, mentres se comenzaba a venda ao público da Nintendo GameCube. Segundo unha entrevista co deseñador de xogos de Nintendo, Shigeru Miyamoto, o concepto desenvolveuse tendo como obxectivo lograr unha nova forma de interacción co xogador. "O concepto xeral era que o poder non o é todo para unha consola. Demasiadas consolas poderosas non poden coexistir. É como ter só dinosauros feroces. Eles poderían loitar e adiantar a súa propia extinción".
Dous anos máis tarde, enxeñeiros e deseñadores reuníronse para desenvolver o concepto en profundidade. Para o ano 2005, o controlador tomara forma, para presentarse no público na E3 dese ano, mais foi retirado por problemas técnicos. Miyamoto mencionou que "na Revolución (así era como se chamaba daquela) había que facerlle algúns axustes. Así que decidimos non relevar o controlador e mostrar soamente a consola". O propio presidente de Nintendo, Satoru Iwata, mostrou ao mundo o Control Remoto Wii na Tokio Game Show de setembro.
A Nintendo DS serviu de guía para o deseño da Wii. O deseñador Kenichiro Ashida sinalou que "tivemos a DS nas nosas mentes mentres traballábamos en Wii. Pensamos en copiar a pantalla táctil da DS e mesmo chegamos a deseñar un prototipo". A idea foi finalmente rexeitada, coa idea de que os dous sistemas de xogo serían idénticos".
Nintendo atribuíu o éxito da Wii a ideas presentadas no libro de estratexia de negocios Blue Ocean Strategy. Dentro do contexto de análise de Blue Ocean Strategy, os factores chave da Wii reflíctense en seis puntos que están descritos no libro. Aínda que Nintendo non revelou publicamente os factores utilizados, crese que incluíron "prezo", "xogar no filme", "gráficos", "físico", "divertido", "librería de xogos" e "variña máxica".
Nome
editarDurante o seu desenvolvemento, a consola é coñecida polo nome chave de "Revolution" ata o 27 de abril de 2006, pouco antes do comezo da E3 dese ano. O nome debía definir o novo camiño que tomaba Nintendo: "é simplemente Wii, non Nintendo Wii". Isto significa que é a segunda consola de sobremesa de Nintendo que foi comercializada fóra do Xapón sen o nome da marca da empresa.
A escritura de "Wii" coas dúas letras i minúsculas semella dúas persoas xuntas, como representación de dous xogadores que se reúnen, ademais de representar ao Wii Remote e Nunchuk. A empresa deu varias razóns para esta opción do nome dende o anuncio; a máis coñecida é:
Wii soa como a palabra inglesa we (nós), o que enfatiza que a consola é para todos. Wii é doado de lembrar pola xente ao redor do mundo, sen importar o seu idioma. Non hai confusións. Non se necesita abreviar. Simplemente WiiIntroducing_wii
Lanzamento
editarAs datas oficiais de lanzamento déronse a coñecer o 14 de setembro de 2006 no sitio web de Nintendo; así como o seu prezo e os vinte e sete títulos dispoñibles que acompañarían á consola á súa estrea.
A consola lanzouse o 19 de novembro de 2006 nos Estados Unidos, o 2 de decembro no Xapón e o 8 de decembro en Europa. No Xapón esgotáronse as 400.000 unidades dispoñibles ao pouco tempo de pórse a venda, e en Europa as 325.000 unidades de lanzamento esgotáronse en 2 días. Wii tamén foi lanzada noutros territorios como Corea do Sur, o 26 de abril de 2008, e Taiwán, o 12 de xullo dese mesmo ano.
Demografía
editarNintendo espera orientar a súa consola cara a unha maior audiencia cá dos seus competidores nesta xeración. Nunha conferencia de prensa sobre o futuro xogo de Nintendo DS, Dragon Quest IX, Satoru Iwata insistiu en que "non estamos pensando en loitar contra Sony, senón nas persoas ás que podemos chegar para que xoguen. Non estamos pensando en novos sistemas portátiles, consolas, e así sucesivamente, senón que queremos que a xente xogue a xogos novos".
Hardware
editarA Wii é a consola de sobremesa máis pequena ata a data de hoxe. Ten unhas medidas de 44-157-215,4 mm (ancho-alto-profundidade) na súa orientación vertical, o equivalente a 3 caixas de DVD apiadas xuntas. O stand inclusive ten unhas medidas de 55,4-44-225,6 mm.
A consola pesa 1,2 kg, o que fai dela a máis lixeira das 3 principais consolas da sétima xeración. A consola pode ser colocada ou en posición vertical ou en horizontal. O prefixo para o esquema de numeración do sistema e as súas partes e accesorios é "RVL-", xa que o nome en chave do proxecto era "Revolution". Wii ten un detalle que se repite no deseño da consola, nas tarxetas SD, na fonte de alimentación e todos os enchufes teñen unha das súas esquinas recortada.
A parte frontal da consola conta cunha fenda de iluminación incorporada que acepta discos tanto Wii Optical de 12 cm como G.O.D. A luz azul na fenda do disco ilumínase brevemente cando a consola está acendida e escintila cando recibe datos a través de WiiConnect24. Despois da actualización do firmware 3.0, a fenda de luz do disco actívase cada vez cun disco insírese o expúlsase. Cando non hai información de WiiConnect24, a luz permanece apagada. A fenda de luz sempre aparece apagada cando se está xogando a un xogo ou cando se utilizan outras funcións. Os dous portos USB atópanse na parte posterior. A fenda para tarxetas SD agóchase detrás dunha tapa na parte frontal da Wii. As tarxetas SD poden ser utilizadas para subir fotografías, así como copias de seguridade dos datos gardados dos xogos e descargar xogos da Consola Virtual. Ao utilizar a fenda SD para transferir os xogos gardados, débese instalar unha actualización. Ben a poder descargar dende as opcións do menú de inicio de Wii, a través de Internet, ou mediante a inserción dun disco de xogo que teña unha actualización do firmware. A Consola Virtual é un sistema dixital de descargas cuxos xogos non poden ser usados en ningún outro sistema a excepción do sistema de orixe. As tarxetas SD tamén poden ser utilizadas para engadir música personalizada a un xogo, sempre que esta tarxeta teña ficheiros en formato .mp3. Esta utilidade aparecía en xogos como Excite Truk, ademais de poder utilizarse como música de fondo para a presentación de diapositivas do Canal Fotos.
Nintendo mostrou a Wii e o Control Remoto Wii en branco, negro, prata, verde lima e vermello, mais só está dispoñible en branco. Shigeru Miyamoto afirmou que as outras cores estarían dispoñibles ao público en canto se superen as dificultades no abastecemento de consolas. En Europa lánzase a consola en cor negra o 20 de novembro de 2009. O día 7 de novembro de 2010 foi lanzada a varios mercados en edición limitada en cor "vermella Mario" para celebrar o 25 aniversario de dito personaxe que inclúe un novo Wiimote Plus, que, ao igual que o resto de accesorios, son de cor vermella, así como o xogo de New Super Mario Bros Wii.
Dende o lanzamento da Wii, o paquete inclúe a consola, o soporte para póla en posición vertical, un control remoto Wii, un Nunchuk, a barra de sensores, un soporte para esta barra, un adaptador de corrente externo, dúas pilas AA, unha canle AV composto con conectores RCA, un adaptador SCART para os países europeos (cable de vídeo por compoñentes e outros tipos de canles están dispoñibles por separado), documentación e instrucións de uso, e en todas as rexións excepto Xapón, unha copia do xogo Wii Sports.
Despois de que se lanzara a consola en cor negra ademais do xogo Wii Sports tamén se inclúe o xogo Wii Sports Resort nas consolas branca e negra. Para a consola vermella inclúese o xogo Wii Sports e New Super Mario Bros. Wii.
Nintendo ten previsto lanzar unha versión da consola coa capacidade de reproducir DVD-Vídeo. Sonic Solutions foi a empresa elixida por Nintendo para incluír seu reprodutor de DVD "CinePlayer CE DVD Navigator" na futura versión de Wii. Aínda que o software se usa para habilitar a funcionalidade do DVD-Vídeo, Nintendo declarou que: "require máis que unha actualización de firmware" para póla en práctica e que a funcionalidade non estará dispoñible como unha opción de actualización para os actuais modelos Wii. Despois de anunciar a versión en DVD para o ano 2007, Nintendo atrasou seu lanzamento para centrarse na produción da consola orixinal para satisfacer a demanda.
Wii Remote
editarWii Remote é o mando principal da Wii. Utiliza unha combinación de acelerómetros incorporados na detección por sinais en bluetooth e sentido a súa posición no espazo 3D, en referencia aos IREDs (LEDs infravermellos) da Barra de Sensores. Este deseño permite aos usuarios controlar o xogo mediante xestos físicos tradicionais, así como premer un botón. O controlador conéctase á consola mediante Bluetooth, pode vibrar, e ten un altofalante interno. O Control Remoto Wii pode conectarse a outros dispositivos a través dun porto propietario na base do controlador. O dispositivo que vén inclusive co paquete da consola Wii polo miúdo é o Nunchuk, o cal conta cun acelerómetro e un tradicional control analóxico con dous botóns de activación. Ademais, dispón dunha correa de pulso para impedir que o xogador tire accidentalmente o Control Remoto Wii. Debido a que a correa orixinal provocou varios incidentes de roturas, Nintendo está ofrecendo unha correa gratis de substitución máis forte. Nintendo tamén ofreceu ao Control Remoto Wii unha correa para proporcionar protección e agarre extra, esta correa foise perfeccionando debido a que algúns usuarios experimentaron o desprendemento desta por un uso excesivo ou incorrecto.
A barra de sensores permítelle ao Wii Remote maior vantaxe para poder detectar mellor o movemento, poderse utilizar a unha maior distancia e poder apuntar ao lugar indicado que se desexa facer sen dificultade ningunha, ten uns IREDs (LEDs Infravermellos) que só poden ser vistos a través dunha cámara infravermella ou cámara de celular, os cales teñen ao lado da barra de sensores e que permitirán a maior utilidade ao Bluetooh cara ao Wiimote.
Xunto co lanzamento da edición vermella que celebra o "25 Aniversario de Super Mario Bros" lánzase o mando WiiMote Plus en cor vermella (inclusive coa consola), o cal inclúe no mando orixinal WiiMote o accesorio WiiMotion Plus integrado dentro do mesmo dispositivo
Especificacións
editarCPU | IBM PowerPC, nome en clave "Broadway" (IBM Broadway) (con tecnoloxía SOI CMOS de 90 nm) | 729 MHz |
---|---|---|
GPU | ATI "Hollywood" manufacturado con tecnoloxía SOI CMOS de 90 nm[1] | 243 MHz |
RAM | 24 MB 1T-SRAM, 3 MB EDRAM | |
VRAM | Bus GDDR3 | 64 MB |
Medio | Wii Optical Disc (12 cm), GameCube Optical Disc (8 cm) | |
Almacenamento | Memoria interna flash | 512 MB |
Controladores |
| |
Portos I/O | USB 2.0 (2), SD Card (1), barra sensor (1), memory cards (2), portos para expansión de memoria GameCube (2) | |
Comunicación en rede | Tecnoloxía WiFi (Rede sen fíos) incorporada, a cal permite unha conexión a Internet IEEE802.11 b/g), Compatible con adaptador de USB 2.0 a Ethernet LAN | |
Son | Compatible con Dolby Pro Logic II.[2] | |
Resolución de vídeo | 480p (PAL/NTSC), 480i (NTSC) e 576i (PAL/SECAM) | |
Formatos compatibles | GameCube Optical Disc (GOD) de 8 cm | |
Saída son-vídeo | Salida A/V: Compoñente, vídeo composto e S-Vídeo, soporte para formato panorámico 16:9 | |
Dimensións e peso | Aproximadamente 157 mm (altura) x 215'4 mm (profundidade) x 44 mm (ancho) e pesa aproximadamente 1'2 Kg |
Notas
editar- ↑ "Ign, 29 de marzo de 2006 (en inglés)". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 08 de marzo de 2011.
- ↑ "Dolby, 22 de setembro de 2006 (en inglés)". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2006. Consultado o 08 de marzo de 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wii |