Residencia de Estudiantes
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
A Residencia de Estudiantes, localizada en Madrid, é un centro fundado en 1910 pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, produto directo das ideas renovadoras que iniciara en España o krausista Francisco Giner de los Ríos coa fundación en 1876 da Institución Libre de Enseñanza. Desde o primeiro momento quixo ser un complemento educativo á universidade no que se formasen os fillos das clases dirixentes liberais. Por ela pasaron figuras como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Jorge Guillén, Luis Buñuel, o ourensán Carlos Velo, a viguesa de orixe rusa Lydia Kúper ou o lugués Luís Pimentel.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Residencia de Estudiantes |