Fillo dun avogado xudeu, en 1930, Aron doutorouse en filosofía da historia. Ao comezar a segunda guerra mundial deixa o seu posto de profesor na Universidade de Tolosa e entra na forza aérea, despois da rendición de Francia, marcha a Londres para se unir ás forzas da Francia Libre, entre 1940 e 1944 editou o seu xornal France Libre. Despois da guerra volveu a Francia para ensinar socioloxía na École Nationale d'Administration. Entre 1955 e 1968 ensinou na Sorbona, e logo de 1970 no Collège de France. Como xornalista dende 1947 escribe artigos en Le Figaro e dende 1977 en l'Express escribe unha columna sobre a situación política ata a súa morte.