R.E.M.
R.E.M. foi unha banda de rock alternativo estadounidense creada en 1980 en Athens, Xeorxia. Estivo formada por Michael Stipe (voz), Peter Buck (guitarra), Mike Mills (baixo) e Bill Berry (batería); este último deixou o grupo en 1997. R.E.M. foi unha das bandas de rock alternativo máis populares, e unha das primeiras do xénero en chegar ao gran público durante a década dos 80.
R.E.M. | |
---|---|
R.E.M. en directo | |
Orixe | Athens, Xeorxia, Estados Unidos |
Período | 1980 – 2011 |
Xénero(s) | rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | I.R.S. Records, Warner Bros. Records |
Membros | Peter Buck Mike Mills Michael Stipe Bill Berry |
Artistas relacionados | 10,000 Maniacs, Automatic Baby, The B-52's, The Baseball Project, Filthy Friends, Hindu Love Gods, The Minus 5, The Troggs, Tired Pony, Tuatara, U2, Warren Zevon |
Na rede | |
http://remhq.com | |
O día 21 de setembro do 2011 a banda anunciaba a súa disolución a través da súa páxina web oficial.[1]
Traxectoria
editarR.E.M. marcou o punto na historia do rock onde o post-punk converteuse en rock alternativo. Dende o primeiro sinxelo "Radio Free Europe", lanzado en 1981, xerou un movemento "de volta ao garaxe" no underground estadounidense. Mentres existía un número grande de bandas hardcore e punk nos Estados Unidos durante o inicio dos anos 80, R.E.M. trouxo de volta o pop rock de finais dos anos 60 dun xeito tan único que soaba ao mesmo tempo tradicional e moderno. A pesar de non haber grandes innovacións na súa música, R.E.M. ten unha identidade e unha actitude que transformou o underground estadounidense.
Ao longo dos anos 80 traballaron incansablemente, lanzando discos todos os anos e con xiras constantes en teatros e pequenos clubs. Pasaron anos ata que R.E.M. alcanzou a cima das listas, pero dende o principio, dende o lanzamento do EP Chronic Town en 1982, a banda ven conquistando a admiración e o respecto do seu público sempre en aumento. Chronic Town establecía unha mestura de folk e garage rock que se converteu na marca rexistrada da banda durante os seguintes cinco anos.
A finais dos anos 80 o público da banda medrara o suficiente para garantir grandes vendas, pero o grande éxito comercial do álbum Document de 1987, empurrado polo sinxelo "The One I Love" foi inesperado, especialmente porque R.E.M. pouco cambiara no seu son e na súa actitude diante dos medios. Despois de Document, a banda lentamente converteuse nunha das máis populares do mundo. Logo dunha exhaustiva xira internacional de presentación do álbum Green, de 1988, R.E.M. parou coas xiras e concentrouse no estudio, cando gravou os seus álbums máis exitosos: Out of Time (1991) e Automatic for the People (1992).
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Murmur | 1983 | I.R.S. Records |
Reckoning | 1984 | I.R.S. Records |
Fables of the Reconstruction | 1985 | I.R.S. Records |
Lifes Rich Pageant | 1986 | I.R.S. Records |
Document | 1987 | I.R.S. Records |
Green | 1989 | Warner Bros. Records |
Out of Time | 1991 | Warner Bros. Records |
Automatic for the People | 1992 | Warner Bros. Records |
Monster | 1994 | Warner Bros. Records |
New Adventures in Hi-Fi | 1996 | Warner Bros. Records |
Up | 1998 | Warner Bros. Records |
Reveal | 2001 | Warner Bros. Records |
Around the Sun | 2004 | Warner Bros. Records |
Accelerate | 2008 | Warner Bros. Records |
Collapse into Now | 2011 | Warner Bros. Records |
EPs
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Chronic Town | 1982 | I.R.S. Records |
Not Bad for No Tour | 2001 | Warner Bros. Records |
Vancouver Rehearsal Tapes | 2003 | Warner Bros. Records |
Live from London | 2008 | Warner Bros. Records |
Reckoning Songs from the Olympia | 2009 | Warner Bros. Records |
Deep Cuts: R.E.M. | 2009 | Warner Bros. Records |
Recompilatorios
editarVideografía
editarNotas
editar- ↑ "Anuncio da separación" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2011. Consultado o 21 de setembro de 2011.