Puntagorda
Puntagorda é un municipio español situado no noroeste da illa canaria de La Palma, pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Capital | Puntagorda (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.320 (2023) (74,6 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 31,1 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 722 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Vicente Rodriguez Lorenzo (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 38789 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 38029 | ||||
Sitio web | puntagorda.es |
Ten unha extensión de 31,10 km² e unha poboación de 2.028 habitantes (Instituto Nacional de Estadística, 2011). A súa altitude é de 600 metros sobre o nivel do mar e ten unha lonxitude de costa de 8,80 km. É o municipio máis occidental da illa, atópase delimitado ao norte polo barranco de Hizcagua, que o separa do municipio de Garafía, ao sur linda con Tijarafe por medio do Barranco de Garome.
Economía
editarPuntagorda é un municipio primordialmente rural dedicado ao sector primario. Tradicionalmente os cultivos de secaño foron dominantes no municipio, especialmente améndoas, vide e trigo. No século XX impulsáronse os cultivos de regadío. O municipio conta cun Mercadillo do Agricultor onde estes venden directamente os produtos da horta aos consumidores.
O turismo rural tivo certo auxe na zona recentemente, pero sen substituír a agricultura como motor económico.
Cultura
editarA Igrexa de San Mauro Abad e a súa casa parroquial están declaradas Ben de Interese Cultural. Está situada na parte baixa do municipio.
No mes de febreiro celébranse as festas da amendoeira en flor.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Puntagorda |