Poboación (bioloxía)
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Poboación biolóxica" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
En bioloxía unha poboación é un conxunto de individuos da mesma especie que ocupan unha área concreta nun momento determinado.
As poboacións poden estudarse dende dous puntos de vista: a distribución no tempo e a distribución no espazo dos organismos.
Dinámica das poboacións
editarEstuda a distribución nos tempos a través dos seguintes parámetros:
- natalidade. Relación entre o número de nacementos por unidade de tempo e o tamaño da poboación.
- mortalidade. Relación entre o número de mortes por unidade de tempo e o tamaño da poboación.
- inmigración. Relación entre o número de individuos procedentes doutras poboacións por unidade de tempo e o tamaño da poboación.
- emigración. Relación entre o número de individuos que deixan a poboación por unidade de tempo e o tamaño da poboación.
Para calcular o tamaño dunha poboación emprégase a taxa de crecemento, que é a relación entre a variación do número de individuos e o colectivo inicial. A taxa de crecemento máxima ou teórica chámase potencial biótico.
Distribución espacial
editarOs organismos dunha poboación poden distribuírse no espazo de tres formas:
- ao azar, por especies que non forman grupos, en ambientes uniformes
- uniforme, en ambientes desfavorables onde se establecen relacións de competencia
- en grupos ou agregados, porque representa unha vantaxe para a supervivencia nun medio heteroxéneo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Poboación |