Os Vilares, Guitiriz
San Vicenzo dos Vilares é unha parroquia do concello de Guitiriz, a sete quilómetros da vila en dirección nordeste. En 2012 tiña unha poboación de 574 habitantes (278 homes e 296 mulleres).
Os Vilares | |
---|---|
Igrexa de San Vicenzo dos Vilares. | |
Concello | Guitiriz[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°14′27″N 7°52′23″O / 43.2407724, -7.8729392 |
Área | 3,4 km² |
Poboación | 515 hab. (2020) |
Densidade | 151,47 hab./km² |
Entidades de poboación | 46[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O topónimo Vilares procede do latín villa, villaris, referido a unha casa de campo, granxa ou poboación. A advocación da parroquia é na honra de San Vicenzo. Pertence á diocese de Mondoñedo e xa tiña curato no século X.
Patrimonio
editarA igrexa de San Vicenzo dos Vilares ten no seu adro un calvario de finais do século XVIII da autoría de Felipe de Sá, canteiro da veciña parroquia de San Salvador de Parga.
Festas
editarO sábado e o domingo máis próximos ao 22 de xaneiro celébrase a festa do seu patrón, San Vicenzo, e o domingo e o luns de Pascua celébrase unha festa en honor á Virxe dos Desamparados. Despois da misa sae a procesión polo adro e dá a volta ó redor do seu calvario. O segundo domingo de agosto celébrase na carballeira do Cancelo a Romaría Labrega da Chaira.
Cultura
editarNa aldea do Vilariño desta parroquia naceu en 1914 o poeta Xosé María Díaz Castro, autor de Nimbos; no lugar do Pazo, preto da igrexa e ó lado dun cruceiro, ten un busto en granito feito por Raúl Río Díaz.
En 2016 levouse a cabo o proxecto Os Vilares, lareira de soños, coa publicación dun libro e un documental[2].
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes dos Vilares, Guitiriz.
-
Fachada da Igrexa.
-
Igrexa.
-
Calvario dos Vilares.
-
Cruceiro con ara.
-
Muíño do Batán.
-
Muíño do Batán.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Dos Vilares". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2017. Consultado o 03 de setembro de 2017.
Lugares e parroquias
editarLugares dos Vilares
editarLugares da parroquia dos Vilares no concello de Guitiriz (Lugo) | |
---|---|
Ación | Os Ares | O Barreiro | Berulfe | O Cancelo | A Casa Nova de Vilariño | As Casas Vellas | Os Castros | A Chousa Grande | Cibreiro | As Costoiras | O Coto | Drada | O Fagundo | A Forcamuniz | O Gorgulfe | O Laxoso | Lea | Liñarede | Malde | Os Manchás | O Mato | O Meao | O Merendeiro | Nandulfe | Novás | O Pazo | A Pena de Roldán | A Pena Fachada | A Pena | O Pico Farelo | Os Ramos | A Reboira | Rego Pequeno | As Reixas | Requeixo | A Ribeira | San Miguel | O Tarrelo | A Tiñaz | A Tolda | O Toxo Brañío | Vilarchán | Vilargabín | O Vilariño | Vilasuso |
Parroquias de Guitiriz
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Pérez López, Segundo L. (2008). A escola habanera dos Vilares (Guitiriz). Santiago de Compostela: Instituto Teolóxico Compostelán. ISBN 978-84-9362-411-8.