O Burgo, Pontevedra
O Burgo é un barrio da cidade de Pontevedra. É un dos barrios máis antigos da cidade e está atravesado polo Camiño Portugués. Á súa dereita atópase a zona da Xunqueira, con importantes equipamentos educativos e culturais.
O Burgo | |
---|---|
Ponte do Burgo e Avenida da Coruña | |
Concello | Pontevedra |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°26′15″N 8°38′29″O / 42.4375, -8.64138889 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago Peregrino do Burgo é unha parroquia eclesiástica urbana do concello de Pontevedra. Sitúase ao norte da cidade, delimitada ao sueste co río Lérez, ao oeste coas marismas de Alba, e ao norte con Lérez.
Localización
editarO Burgo é un barrio situado ao norte da cidade, na marxe dereita do río Lérez. O seu eixo principal é a avenida da Coruña e a rúa Xoán Bautista Andrade, así como a avenida de Compostela á dereita, que o separa da zona da Xunqueira. Ao sur, o barrio está delimitado pola rúa Domingo Fontán.
Historia
editarO Burgo, xunto á ponte que leva o seu nome e á beira do río Lérez, foi un punto estratéxico de Pontevedra desde os romanos (por aquí pasaba a Vía XIX Braga-Lugo-Astorga que viña desde a ponte do Burgo e continuaba cara a Alba), e desde a Idade Media unha das entradas á cidade desde o norte, así como punto de paso no Camiño Portugués.[1]
No século XI, a ponte do Burgo substituíu a antiga ponte romana, que estaba en ruínas.[2] O Burgo Pequeno foi o primeiro dos tres arrabaldes da cidade e está documentado a partir de 1290. A formación deste novo, aínda que pequeno, asentamento humano fixo que a ponte servise de ligazón entre a cidade e o barrio, que se converteu nunha especie de apéndice urbano. O barrio desenvolveuse coa ermida de San Xacobe ou Santiago do Burgo como centro. A súa economía baseábase na viticultura, apoiada pola presenza dun muíño no século XV, e pola súa proximidade e relación co mosteiro de San Salvador de Lérez.[3]
Na Idade Media, O Burgo converteuse en parada obrigatoria para os peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela desde Portugal. Conta a lenda que o Apóstolo Santiago o Maior, na súa peregrinación a Santiago de Compostela, sentiuse canso e detívose no Burgo, onde o atenderon e deron acubillo ata que se recuperou e puido continuar a súa viaxe. En agradecemento pola axuda recibida, o santo dixo aos donos da casa onde descansou que alí madurarían cada ano as primeiras uvas e o primeiro millo de cada colleita.[4]
No século XVI había xa un pequeno barrio que pertencía a Lérez. A finais do século XVIII, o arrabalde lineal do Burgo, de orixe medieval, comezou a cobrar certa importancia. O 16 de decembro de 1811 naceu no Burgo Xoán Manuel Pintos, escritor e lexicógrafo, un dos autores do Rexurdimento.[5] En 1898, o barrio creceu coa construción dunha estrada entre O Burgo e A Caeira.[6]
O campo deportivo do Burgo inaugurouse o 16 de outubro de 1919 cun partido de fútbol entre o Pontevedra Athletic e o Real Coruña. O campo converteuse no recinto polideportivo por excelencia da cidade. En 1949, a estrada coñecida como Camiño de Santiago ou Camiño do Burgo pasou a chamarse Avenida da Coruña. En 1960, o Concello comprou o estadio, que se converteu no actual Estadio de Pasarón.[7] O 13 de xullo de 1968 inaugurouse no barrio o Pavillón Municipal de Deportes.[8]
O 10 de setembro de 1983 inaugurouse a ponte de Santiago para desconxestionar a ponte do Burgo e proporcionar un novo acceso ao centro da cidade.[9]
En setembro de 1986 derrubouse a antiga capela do Burgo e en abril de 1987 comezou a construción dunha nova igrexa que integraba a fachada do antigo edificio.[10] Anteriormente houbera unha capela preto da ponte do Burgo, máis ao sur.
O 3 de xullo de 1987 inaugurouse a Avenida Compostela, de catro carrís, que proporcionou unha nova saída da cidade desde o norte en dirección a Santiago de Compostela e A Coruña.[11] En 1993 urbanizáronse terreos ao norte da Xunqueira para o campus de Pontevedra.[12] O 26 de maio de 1995 inaugurouse unha nova ponte para conectar esta parte da cidade coa beira esquerda do río, a Ponte dos Tirantes. [13]
En 1996 creouse no barrio a parroquia de Santiago do Burgo.[14][15]
No verán de 2020 inaugurouse a peonalización da ponte do Burgo, que mellorou a conexión do barrio co centro da cidade.[16]
Urbanismo
editarO Burgo é o barrio pontevedrés situado na marxe dereita do río Lérez. Organízase lonxitudinalmente desde a ponte do Burgo, ao longo da avenida da Coruña e a rúa Xoán Bautista Andrade. A rúa Domingo Fontán discorre pola ribeira do Lérez e o Camiño Portugués pola rúa Santiña.[17][18] Ao leste, a avenida de Compostela separa o barrio do Burgo da zona da Xunqueira, conectada coa ponte dos Tirantes pola rúa Alexandre Bóveda.
Fronte ao estadio de Pasarón atópase o Parque de Pasarón[19] e ao oeste o Parque Natural das Marismas de Alba. Na parte traseira do Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra hai unha pista de petanca.[20] Na zona da Xunqueira atópase o Parque Rosalía de Castro e o Parque da Illa das Esculturas, un dos máis grandes da cidade.
No número 20 da avenida da Coruña atópase a casa Sanz Díaz, un edificio modernista do arquitecto Antonio López Hernández.
Instalacións
editarDeportes e lecer
editarO Burgo conta coas instalacións deportivas máis importantes da cidade:
- Estadio de Pasarón: feudo local do Pontevedra CF, foi inaugurado en 1965, foi completamente renovado en 2006.[21]
- O Pavillón Municipal dos Deportes: inaugurado en 1968, foi deseñado polo arquitecto Alejandro de la Sota.[22] É onde xoga a SD Teucro.
- Na zona da Xunqueira hai varios campos de fútbol (un deles de céspede artificial)[23],[24] e un pavillón polideportivo.[25]
Centros escolares
editarA zona da Xunqueira conta con importantes infraestruturas educativas e é nela onde se concentra a maior parte da oferta educativa da cidade. Nesta zona hai:[26]
- Dous colexios: A Xunqueira 1 e A Xunqueira 2.
- Dous centros de ensino secundario: A Xunqueira 1 e A Xunqueira 2.
- Un Centro Integrado de Formación Profesional.
- A Escola Oficial de Idiomas da cidade.
- O Centro de Formación do Profesorado da Xunta de Galicia.
- O campus da Xunqueira, con 4 facultades, 1 escola de enxeñería e unha gardería da Xunta de Galicia.
Outras instalacións
editarAo oeste, preto do parque natural das Marismas de Alba, atópase o centro de exames da Dirección Provincial de Tráfico, na rúa Martín Códax.[27] O Burgo tamén conta cun centro social para os habitantes do barrio.[28] No barrio hai unha igrexa parroquial: Santiago Peregrino do Burgo.
Na Xunqueira hai importantes equipamentos culturais: o Pazo de Congresos de Pontevedra e o Recinto Feiral de Pontevedra.
Festividades e actos culturais
editarAs festas do barrio celébranse todos os anos en torno ao 25 de xullo, así como a tradicional ofrenda de uvas e millo ao apóstolo Santiago o Maior.[29] Cada 24 de xullo celébrase unha procesión coa imaxe do Santiaguiño, sendo levada a unha casa particular. Segundo a tradición, o apóstolo andaba a evanxelizar por estas terras e foi atendido nesa casa, e agradecido, fixo que as uvas e o millo das leiras da casa madurasen antes.
Galería de imaxes
editar-
O Burgo, a ponte das Correntes e o porto Deportivo de Pontevedra
-
Casa modernista Sanz Díaz
-
Parque de Pasarón
-
Parque de Pasarón
-
Avenida da Coruña e Estadio de Pasarón
-
Parada da liña 1 de autobuses urbanos
-
Busto de Diosiño
-
Rúa Valentín Paz Andrade
-
Placa da rúa da Santiña, no camiño portugués
-
Igrexa de Santiago Peregrino do Burgo
-
Ponte do Burgo e barrio homónimo no fondo
-
Ponte do Burgo peonil
-
A rúa Santiña en 1908, por Enrique Campo
-
Pista de petanca
-
Interior da igrexa
Notas
editar- ↑ "O Burgo, un puente con historia". Diario de Pontevedra (en castelán). 11 de xaneiro de 2020.
- ↑ Nadal, Paco, 2012, Rías Baixas. Escapadas, Madrid, El País Aguilar, p. 35
- ↑ Álvarez Pérez, Belén, 2021, Pontevedra en la baja edad media: trazado urbano, arquitectura civil y militar, Santiago de Compostela, Universidad de Santiago de Compostela, p. 124-125
- ↑ "El barrio de O Burgo revive la tradición de las uvas y el maíz". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de xullo de 2014.
- ↑ "Xoán Manuel Pintos, el 'gaiteiro do Burgo'". Diario de Pontevedra (en castelán). 2 de xullo de 2017.
- ↑ "O Burgo, un puente con historia". Diario de Pontevedra (en castelán). 11 de xuño de 2017.
- ↑ "Pasarón cumple sus primeros 100 años de historia". Diario de Pontevedra (en castelán). 19 de febreiro de 2019.
- ↑ "El día que Samaranch visitó Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 16 de xullo de 2018.
- ↑ "Apertura del tercer puente sin la avenida de Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de setembro de 2018.
- ↑ "Las últimas fiestas en la antigua capilla de O Burgo". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de xullo de 2017.
- ↑ "Inauguración de la nueva avenida de Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 2018.
- ↑ "Comienza la urbanización de los terrenos del campus universitario de A Xunqueira". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xullo de 2017.
- ↑ "Prueba de resistencia y apertura del quinto puente". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de maio de 2017.
- ↑ "La parroquia de Santiaguiño de O Burgo cumple 20 años". Pontevedra Viva (en castelán). 31 de outubro de 2016.
- ↑ "O Burgo, un barrio en medio del Camino". Diario de Pontevedra (en castelán). 24 de xullo de 2015.
- ↑ "Acaba la reforma del puente de O Burgo, a la espera de la nueva iluminación". Diario de Pontevedra (en castelán). 27 de maio de 2020.
- ↑ "El proyecto de A Santiña culminará el plan de reforma del barrio de O Burgo". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de outubro de 2020.
- ↑ "O Burgo, el barrio auténtico de Pontevedra donde hasta los japoneses se sienten de pueblo". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de maio de 2023.
- ↑ "Pontevedra duplicará la superficie de juegos del parque infantil de Pasarón". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Los recién inaugurados campos de petanca de O Burgo acogen el trofeo Concello de Pontevedra". Pontevedra Viva (en castelán). 2 de setembro de 2021.
- ↑ "Pasarón cumple sus primeros 100 años de historia". Diario de Pontevedra (en castelán). 19 de febreiro de 2019.
- ↑ "El pabellón municipal recuperará su diseño original 30 años después". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de febreiro de 2016.
- ↑ "Al fin, obras en los campos de fútbol de A Xunqueira". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de maio de 2017.
- ↑ "El nuevo cesped de A Xunqueira estará listo a finales de mes". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de febreiro de 2022.
- ↑ "Pontevedra estrena pabellón multiusos". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de marzo de 2019.
- ↑ "A Xunqueira como nombre oficial". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 2011.
- ↑ "Los profesores de autoescuela reclaman un convenio provincial que solvente una larga lista de precariedades". Pontevedra Viva (en castelán). 17 de agosto de 2021.
- ↑ "El centro social de O Burgo, en marcha". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xuño de 2017.
- ↑ "O Burgo celebró la tradicional ofrenda de uvas y maíz al Apóstol Santiago". Diario de Pontevedra (en castelán). 25 de xullo de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Burgo, Pontevedra |
Bibliografía
editar- Álvarez Pérez, Belén (2021). Universidad de Santiago de Compostela, ed. Pontevedra en la baja edad media: trazado urbano, arquitectura civil y militar (en castelán). Santiago de Compostela. p. 124-125.
- Gallego Rei, M. e Sánchez-Agustino Rodríguez, R.: O Burgo: no camiño das uvas e do millo. Deputación de Pontevedra, 2004.
- Nadal, Paco (2012). El País-Aguilar, ed. Rias Baixas. Escapadas (en castelán). Madrid. p. 34-35. ISBN 978-8403501089.