Nicole Kidman
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Nicole Mary Kidman, nada en Honolulú (Hawai) o 20 de xuño de 1967[1][2], é unha actriz e produtora con dobre nacionalidade australiana e estadounidense.[3] Gañou un Óscar, catro Globo de Oro, un Bafta e un Oso de Prata á mellor actriz, entre outros. Ten unha irmá máis nova, Antonia Kidman, que tamén é actriz.
Traxectoria
editarVida e familia
editarNicole foi a primeira das fillas do matrimonio formado por Anthony Kidman e Janelle Stuart, que casaron en decembro de 1963. Seu pai, bioquímico austaliano, era, daquela, un estudante de doutoramento nun instituto de investigación médica da Universidade de Hawái. Súa nai era enfermeira e activista feminista de Women's Electoral Lobby. Opostos á guerra de Vietnam, seus pais participaron en protestas contra a guerra cando estaban en Washington.[4]
Aos poucos de nacer Nicole, a familia trasladouse a Washington, D.C. onde o pai conseguira unha bolsa de estudos para investigar sobre o cancro de mama e ao mesmo tempo era profesor da universidade de Sidney, Tras eses primeiros catro anos vivindo en Estados Unidos, en 1971, a familia trasladouse a Australia.[5]
Kidman que comezara a tomar clases de ballet á idade de tres anos, en Australia ingresou nunha escola de teatro para mozos. O seu pai preocupábase de que ela e a súa irmá máis nova tivesen unha boa condición física, polo que lles facía realizar cada mañá exercicios de ximnasia.
Traxectoria profesional
editarSegundo ela mesmo afirmou, seus pais dubidaban de que puidera chegar a ser actriz por ser máis alta cá maioría dos actores masculinos.[6] Porén, cando tiña 16 anos (en 1983) Kidman iniciou a súa carreira de actriz cando interveu nunha película ambientada en Nadal, (Bush Christmas), que segue proxectándose frecuentemente na época do Nadal. Ó enfermar a súa nai de cancro de mama, Nicole Kidman abandonou os seus estudos escolares, pero unha vez que a súa nai se recuperou, retomou a súa carreira de actriz.[7] Ó longo da década de 1980 apareceu en numerosas películas e series de televisión australianas.
En 1989 deuse a coñecer en Europa e en Estados Unidos coa película Calma total, rodada aínda en Australia, e co-protagonizada polo actor Sam Neill, tamén australiano e coa súa seguinte película, xa estadounidense, Days of Thunder, na que interpretou un papel xunto a Tom Cruise. Ao ano seguinte casou con Tom Cruise na noite de Nadal, nun lugar das Montañas Rochosas, no estado de Colorado. Inicialmente a voda mantívose en segredo. A parella adoptou dous fillos e viviu entre Os Ánxeles, Nova York e Colorado.
Kidman alcanzara xa fama, e demostrou as súas dotes de interpretación e a súa elegancia nas seguintes películas, nas que actuou con actores tan populares como Bruce Willis e Dustin Hoffman. En 1999 fixo xunto co seu marido Eyes Wide Shut, a que sería a última película do director Stanley Kubrick, e que tivo unha gran resonancia.
Uns anos despois, en 2002, Nicole Kidman divorciouse de Tom Cruise de xeito amigable. Segundo algunhas fontes a razón principal foi que Cruise insistiu en educar ós seus fillos segundo as crenzas da Ciencioloxía (creada por Ron Hubbard), mentres que Kidman quería que fosen educados segundo a tradición católica.
O maior recoñecemento profesional ata entón obtívoo Kidman en 2001, cando foi nomeada ó Oscar como mellor actriz principal polo seu papel en Moulin Rouge!.
Coa película de suspense Os outros, dirixida polo director español Alejandro Amenábar, rodada nese mesmo ano, tamén cultivou un éxito importante. Tivo que renunciar a intervir na película Panic Room debido a unha lesión no xeonllo contraído durante a rodaxe de Moulin Rouge!, pero no ano 2002 gañou o Oscar como mellor actriz principal pola súa interpretación do personaxe da escritora Virginia Woolf en The Hours.
O 25 de xuño de 2006 contrae matrimonio co cantante de música country, Keith Urban.
O 8 de xaneiro de 2008 anuncia que o seu primeiro fillo biolóxico, unha nena chamada Sunday Rose que nacería o 7 de xullo do mesmo ano.
Filmografía
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Ano | Filme | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1983 | Os bicivoadores | Judy | |
Bush Christmas | Helen | ||
1984 | The Wacky World of Wills & Burke | Julia Matthews | |
1986 | Windrider | Jade | |
1987 | Watch the Shadows Dance | Amy Gabriel | |
The Bit Part | Mary McAllister | ||
1988 | Emerald City | Helen | |
1989 | Calma total | Rae Ingram | |
1990 | Days of Thunder | Dr. Claire Lewicki | |
1991 | Flirting | Nicola Radcliffe | |
Billy Bathgate | Drew Preston | Nomeada - Globo de Ouro á mellor actriz secundaria | |
1992 | Far and Away | Shannon Christie | |
1993 | Malice | Tracy Kennsinger | |
My Life | Gail Jones | ||
1995 | To Die For | Suzanne Stone Maretto | Globo de Oro á mellor actriz - Comedia ou Musical
Nomeada - BAFTA á mellor actriz |
Batman Forever | Dr. Chase Meridian | ||
1996 | The Portrait of a Lady | Isabel Archer | |
1997 | O pacificador | Dr. Julia Kelly | |
1998 | Practical Magic | Gillian Owens | |
1999 | Eyes Wide Shut | Alice Harford | |
2001 | Moulin Rouge! | Satine | Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou Musical
Nomeada - Oscar á mellor actriz |
The Others | Grace Stewart | Nomeada - Globo de Ouro á mellor actriz - Drama
Nomeada - BAFTA á mellor actriz | |
Birthday Girl | Sophia/Nadia | ||
2002 | The Hours | Virginia Woolf | Óscar á mellor actriz
Globo de Ouro á mellor actriz - Drama BAFTA á mellor actriz |
2003 | Dogville | Grace Margaret Mulligan | |
The Human Stain | Faunia Farley | ||
Cold Mountain | Ada Monroe | Nomeada - Globo de Ouro á mellor actriz - Drama | |
2004 | As mulleres perfectas | Joanna Eberhart | |
Birth | Anna | Nomeada - Globo de Ouro á mellor actriz - - Drama | |
2005 | The Interpreter | Silvia Broome | |
Bewitched | Isabel Bigelow/Samantha | ||
2006 | Fur: An Imaginary Portrait of Diane Arbus | Diane Arbus | |
Happy Feet | Norma Jean | Voz | |
2007 | The Invasion | Dr. Carol Bennell | |
Margot at the Wedding | Margot | ||
The Golden Compass | Marisa Coulter | ||
2008 | Australia | Lady Sarah Ashley | |
2009 | Nine | Claudia Jenssen | |
2010 | Rabbit Hole | Becca Corbett | Tamén produtora
Nomeada - Óscar á mellor actriz Nomeada - Globo de Ouro á mellor actriz - Drama |
2011 | Just Go with It | Devlin Adams | |
Trespass | Sarah | ||
2012 | The Paperboy | Charlotte Bless | Nomeada - Globo de Ouro á mellor actriz secundaria |
2013 | Stoker | Evelyn 'Evie' Stoker | |
2014 | The Railway Man | Patti Lomax | |
Grace of Monaco | Grace Kelly | ||
Before I Go to Sleep | Christine Lucas | ||
Paddington | Millicent | ||
2015 | Strangerland | Catherine Parker | |
Queen of the Desert | Gertrude Bell | ||
The Family Fang | Annie Fang | ||
Secret in Their Eyes | Irene | ||
2016 | Genius | Aline Bernstein | |
Lion | Sue Brierley | Nomeada - Oscar á mellor actriz secundaria
Nomeada - Globo de Ouro á mellor actriz secundaria Nomeada - BAFTA á mellor actriz secundaria | |
2017 | The Beguiled | Miss Martha | |
How to Talk to Girls at Parties | Raíña Boadicea | ||
The Killing of a Sacred Deer | Anna Murphy | ||
The Upside | Yvonne | ||
2018 | Aquaman | Atlanna | |
Boy Erased |
Premios e nomeamentos
editarAno | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Oscar á mellor actriz | The Hours | Gañadora |
2001 | Oscar á mellor actriz | Moulin Rouge! | Nomeada |
2011 | Oscar á mellor actriz | Rabbit Hole | Nomeada |
2017 | Oscar á mellor actriz secundria | Lion | Nomeada |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1992 | Mellor actriz secundaria | Billy Bathgate | Nomeada |
1996 | Mellor actriz - Musical ou comedia | To Die For | Gañadora |
2002 | Mellor actriz - Drama | The Others | Nomeada |
Mellor actriz - Musical ou comedia | Moulin Rouge! | Gañadora | |
2003 | Mellor actriz - Drama | The Hours | Gañadora |
2004 | Mellor actriz - Drama | Cold Mountain | Nomeada |
2005 | Mellor actriz - Drama | Birth | Nomeada |
2011 | Mellor actriz - Drama | Rabbit Hole | Nomeada |
2013 | Mellor actriz secundaria | The Paperboy | Nomeada |
Mellor actriz - Miniserie ou telefilm | Hemingway & Gellhorn | Nomeada | |
2017 | Mellor actriz secundaria | Lion | Nomeada |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1996 | Mellor actriz | To Die For | Nomeada |
2002 | Mellor actriz | The Others | Gañadora |
2003 | Mellor actriz | The Hours | Nomeada |
2017 | Mellor actriz secundaria | Lion | Nomeada |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2003 | Mellor actriz | The Hours | Gañadora |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2001 | Mellor actriz | The Others | Nomeada |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor actriz - Miniserie ou telefilm | Hemingway & Gellhorn | Nomeada |
Notas
editar- ↑ "Nicole Kidman. Biography". imdb.com. Consultado o 12-08-2018.
- ↑ Selvatge (2007), p. 89
- ↑ Clinton, Paul (18-01-2002). "Nicole Kidman: 'Back to my core'". web.archive.org (en inglés). (arquivado en Internet Machine o 27-04-2006(. Archived from the original on 27-04-2006. Consultado o 12-08-2018.
- ↑ Dickerson (2003), p. 2
- ↑ Thomson (2008), pp. 25-26
- ↑ Servitje (2007), p.87
- ↑ Selvatge (2007), p. 90
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nicole Kidman |
Bibliografía
editar- Dickerson, James (2003). Nicole Kidman (en inglés). Citadel Press. ISBN 978-0-8065-2490-0.
- Servitje, Marc (2007). Tom Cruise: nacido el tres de julio. Un mito en la industria de Hollywood. (en castelán). Barcelona: Carena. ISBN 978-84-96357-65-5.
- Thomson, David (2006). Nicole Kidman (en inglés). Knopf. ISBN 978-1-4000-4273-9.
- Tylski, Alexandre (2016). Nicole Kidman (en inglés). Phaidon. ISBN 978-0714868035.