Maruxa Mallo
Maruxa Mallo, tamén citada como Maruja Mallo, pseudónimo de Ana María Gómez González,[1] nada en Viveiro o 5 de xaneiro de 1902 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1995, foi unha pintora surrealista galega.[2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ana María Gómez González 5 de xaneiro de 1902 Viveiro, España |
Morte | 6 de febreiro de 1995 (93 anos) Madrid, España |
Residencia | Buenos Aires (1937–) París (1932–) Avilés (1913–1922) Madrid Xixón Illas Canarias Galicia |
Ideoloxía política | Segunda República Española |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando (1922–) Q62604383 (1922–) Escola de Artes e Oficios de Avilés |
Actividade | |
Ocupación | mestra (1933–), pintora, deseñador de teatro, debuxante |
Membro de | |
Movemento | Surrealismo, Xeración do 27, Escuela de Vallecas (en) e Las Sinsombrero (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Cristino Mallo |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Concise Dictionary of Women Artists (en) |
Traxectoria
editarFoi a cuarta filla do matrimonio formado por Justo Gómez Mallo e María del Pilar González, e irmá máis vella do escultor Cristino Mallo (nado en Tui en 1905). Os dous irmáns utilizaron o segundo apelido do seu pai.
Sendo aínda unha nena a súa familia trasladouse á localidade asturiana de Avilés.
En 1922, con 20 anos, trasladouse a Madrid para estudar na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando onde permaneceu ata 1926, como tamén fixo o seu irmán dende 1923. Alí relacionouse con artistas, escritores e cineastas como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Margarita Manso, Luis Buñuel, María Zambrano e Rafael Alberti, co que mantivo unha relación ata que aquel coñeceu a María Teresa León. En 1927 tomou parte activa na primeira "Escuela de Vallecas", unha proposta 'plástico-poética' do escultor Alberto Sánchez Pérez e o pintor Benjamín Palencia.[4]
Durante esa década de 1920 traballou tamén para numerosas publicacións literarias como La Gaceta Literaria, El Almanaque Literario ou Revista de Occidente e realizou portadas de varios libros. Ortega y Gasset coñeceu os seus cadros en 1928 e organizoulle unha exposición nos salóns da Revista de Occidente. Exhibiu dez óleos que representaban pobos cheos de sol, toureiros e manolas, así como estampas coloreadas de maquinaria, deportes e cine de principios de século. A exposición foi todo un acontecemento cultural en Madrid, e tamén punto de partida para que Maruxa fose xulgada pola súa obra e non pola súa condición feminina.
Unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas permitiulle ir a París en 1932, onde entrou en contacto co surrealismo (coñeceu a Max Ernst, René Magritte, Joan Miró, Giorgio de Chirico e outros), e participou en parladoiros con André Breton e Paul Éluard. Mudou a súa concepción sobre a pintura, alí comezou a súa etapa surrealista. A súa pintura cambiou radicalmente e alcanzou a mestría, tanto que o mesmo Breton lle comprou en 1932 o cadro titulado Espantapájaros, obra poboada de espectros que hoxe é considerada unha das grandes obras do surrealismo.
Regreso a España
editarDe regreso a España comprometeuse coa Segunda República, e deu clases de pintura en Arévalo (Ávila) e Madrid. A sublevación do 18 de xullo de 1936 colleuna en Galicia, co seu mozo Alberto Fernández Martínez, onde estaba participando como mestra das Misións Pedagóxicas.[5] Refuxiouse en Vigo, na casa dun tío seu, onde viviu oculta por medo a unha denuncia. Pasou case seis meses oculta ata que en xaneiro de 1937 conseguiu chegar a Tui e de alí a Lisboa.
Con axuda de Gabriela Mistral, embaixadora de Chile en Lisboa,[6] logrou viaxar ata América en febreiro de 1937. Acabou por instalarse na Arxentina. A chegada de Perón fixo que marchase aos Estados Unidos, e instalouse en Nova York. Porén, en 1965 decidiu regresar a España, e fixou a súa residencia en Madrid.
Última etapa e pasamento
editarEn 1979, comezou a súa última etapa pictórica con Los Moradores del vacío. Tiña daquela 77 anos, mais aínda conservaba o frescor e a vitalidade que a acompañaran toda a súa vida. Na década dos 90 ofrecéronlle varias exposicións e premios, como a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e o Premio de Artes Plásticas de Madrid. Cunha exposición monográfica da súa obra inaugurouse o Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, en 1993.
Meses despois faleceu en Madrid aos 93 anos.
Algunhas obras
editar- Desnudo surrealista (1927)[7]
- La Verbena (1927)[8]
- La kermesse (1928)
- La huella (1929)
- Canto de las espigas (1929)[8]
- Antro de fósiles (1930)[8]
- Sapos y excrementos (1932)[9]
- Tierra y excrementos (1932)[8]
- Sorpresa en el trigo (1936)
- Figuras (1937)[8]
- Cabeza de mujer(1941)
- Máscaras (1942)[7]
- Naturaleza viva (1943)
- El racimo de uvas (1944)
- Oro (1951)
- Mujer rubia (1951)[7]
- Agol (1969)
- La ola (1969)[7]
- Sin título (1969)[7]
- Geonauta (1975)
- Selvatro (1979)[8]
- Concorde (1979)[8]
- Máscara tres-veinte (1979)[8]
- Airagu, (1979)[8]
- Protoesquema (1980)[8]
- Acróbatas macro y microcosmos (1981)[8]
- Acróbatas (1981)[8]
- Protozaorios (1981)[8]
- Panteo (1982)[8]
- Acróbata (1982)[8]
- Razas (1982)[8]
- Viajeros del éter (1982)[8]
Recoñecementos
editar- Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes (1982)
- Medalla de Ouro de Madrid (1990)
- Medalla de Ouro da Xunta de Galicia (1991) [10]
- Un centro social municipal de Lugo leva o seu nome [11]
En 2019 a compañía de danza Licenciada Sotelo na montaxe A gala investiga a súa figura e obra.[12]
Notas
editar- ↑ El arte de Maruja Mallo y sus obras en el museo de Lugo (en castelán)
- ↑ Entrada "Gómez González, Ana María" na EGU
- ↑ MARUJA MALLO: Obituario.1995.Heraldo de Aragón (en castelán)
- ↑ VARIOS AUTORES. Catálogo da exposición Forma, palabra y materia en la poética de Vallecas. Deputación de Alacant (Alacant, 2011). ISBN 978-84-96979-82-6.
- ↑ Vallina 2022, p. 49
- ↑ Fandiño Veiga.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Ficha do cadro na web da Colección de novacaixagalicia". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 03 de febreiro de 2013.
- ↑ 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 8,11 8,12 8,13 8,14 8,15 8,16 "Colección Museo Reina Sofía". Consultado o 15-05-2017.
- ↑ Ficha do cadro na web España es cultura Arquivado 29 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Maruxa Mallo na páxina web España es cultura Arquivado 14 de maio de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ "Centro de convivencia Maruja Mallo". Concello de Lugo. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2019. Consultado o 24 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Licenciada Sotelo estrea A gala en Ourense". Cultura Galega. 14 de febreiro de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maruxa Mallo |
Bibliografía
editar- Diego, Estrella de; Sobrino, María Luisa; Sarmiento, Rosario (1995). A arte inexistente: as artistas galegas do século XX (PDF). Santiago de Compostela: Auditorio de Galicia. ISBN 84-88484-240.
- Pérez Leira, Lois (2009). Mulleres da emigración (bilingüe: galego-castelán). Vigo: Grupo de Comunicación Galicia en el Mundo. ISBN 978-84-936759-9-8.
- Sabatés, Sandra; Juan, Ana (2018). Pelea como una chica. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 978-84-08-19623-5.
- Vallina, Alicia (febreiro de 2022). "Maruja Mallo. La mujer de las 20 almas". Descubrir el Arte (en castelán) (Madrid: Art Duomo Global). XXIII (276): 42–50. ISSN 1578-9047.
- Villar, Arturo del (2009). Maruja Mallo, pintora del pueblo, testigo de lo que hicieron en Galicia. Madrid: Colectivo Republicano Tercer Milenio. ISBN 978-84-613-0556-8.
Ligazóns externas
editar- Fandiño Veiga, Xosé Ramón. "Maruxa Mallo". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- Fandiño Veiga, Xosé Ramón. "Maruxa Mallo". Álbum da JAE do Consello da Cultura Galega.
- Sobrino Manzanares, María Luisa (2006). "Maruxa Mallo". Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.
- Yáñez, L. (1995/96). "El arte de Maruja Mallo y sus obras en el Museo de Lugo". Boletín (Museo Provincial de Lugo) (VII (1)): 279–296. ISSN 0212-8438.
- Maruxa Mallo na Colección Afundación.
- Maruja Mallo. Mitad ángel, mitad marisco Documental dirixido por Antón Reixa e con guión de Antón Patiño (en castelán)