Mark Spitz
nadador estadounidense
Mark Spitz, nado en Modesto (California) o 10 de febreiro de 1950, é un ex nadador estadounidense de orixe xudía. Acadou sete medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de 1972, amais dunha marca mundial.
Traxectoria
editarGrazas ao seu pai Arnold, aprendeu a nadar aos dous anos mentres vivía en Hawai. Estudou na Universidade de Indiana. Recibiu o premio Sullivan Howard no ano 1971 e o premio nadador do ano en 1972. No 2005, Mark Spitz foi escollido como portabandeira da Delegación estadounidense dos XVII Xogos Macabeos.
Actualmente vive nos Ánxeles coa súa esposa Suzy Weiner e os seus dous fillos (Matthew (n. 1981) e Justin (n. 1991).
Palmarés
editarTítulos
editar- Panamericanos de Winnipeg 1967 (5 medallas de ouro)
- Xogos Olímpicos de 1968 (2 medallas de ouro, 1 de prata e 1 de bronce)
- Xogos Olímpicos de 1972 (7 medallas de ouro)
- 8 títulos universitarios nos Estados Unidos (NCAA)
Plusmarcas
editar- 26 mundiais
- 35 de Estados Unidos
- 100 m estilo libre: 51.22 (1972, récord do mundo)
- 200 m estilo libre: 1:52.78 (1972, récord do mundo)
- 100 m estilo bolboreta: 54.27 (1972, récord do mundo)
- 200 m estilo bolboreta: 2:00.70 (1972, récord do mundo)
- Substitucións:
- 4×100 m estilo libre: 3:26.42 (1972, récord do mundo)
- 4×200 m estilo libre: 7:35.78 (1972, récord do mundo)
- 4×100 m medley: 3:48.16 (1972, récord do mundo)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mark Spitz |