Manuel Sáinz de Vicuña

arquitecto, empresario e político español

Manuel Sáinz de Vicuña Camino, nado en Irún o 25 de marzo de 1888 e finado en Madrid o 14 de maio de 1973,[1] foi un arquitecto, empresario e político español.

Modelo:BiografíaManuel Sáinz de Vicuña
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1888 Editar o valor en Wikidata
Irún, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de maio de 1973 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto, emprendedor, político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1916 Editar o valor en Wikidata -

Traxectoria

editar

Fillo de Lesmes Sáinz de Vicuña Arrascaeta, fundador da sociedade Perfumería Gal, con Salvador Echeandía Gal. En 1893 a familia trasladouse a Madrid. Ingresou en 1906 na Escola Superior de Arquitectura de Madrid. Como arquitecto participou na construción do Barrio de Moratalaz e foi autor da praza de touros de Albacete, xunto co tamén arquitecto Julio Carrilero. Casou con Avelina García-Prieto Montero-Ríos, II marquesa de Alhucemas, filla de Manuel García Prieto en 1915. Foi elixido deputado representando ao Partido Liberal polo distrito de Ponferrada nas eleccións de 1916, polo distrito de Santiago de Compostela en 1918 e polo distrito de Lalín en 1919, 1920 e 1923. A partir de 1923 abandonou a vida política, dedicándose á arquitectura. Tamén foi conselleiro da empresa familiar Perfumería Gal, e na década dos corenta foi presidente de Occidente Seguros e fundou a Inmobiliaria Urbis, da que foi presidente.

Un colexio do barrio de Moratalaz, construído pola Inmobiliaria Urbis en 1962, leva o seu nome.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar