Malcolm McKenna
Malcolm Carnegie McKenna, nado o 21 de xullo de 1930 en Pomona (California), no condado dos Ánxeles (California), e finado o 3 de marzo de 2008, en Boulder (Colorado), foi un destacado paleontólogo estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xullo de 1930 Pomona, Estados Unidos de América |
Morte | 3 de marzo de 2008 (77 anos) Boulder, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de California, Berkeley Instituto Tecnolóxico de California The Webb Schools (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Paleontoloxía, xeoloxía e Bioloxía molecular |
Ocupación | paleontólogo, conservador, profesor universitario |
Empregador | Universidade Columbia |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables | |
Doutorando | E Delson |
Abreviatura do autor en zooloxía | McKenna |
Familia | |
Fillos | Bruce C. McKenna |
Pai | Donald McKenna |
Premios | |
|
Traxectoria
editarMalcolm McKenna naceu en Pomona (California), aínda que medrou en Claremont, no condado dos Ánxeles, onde estudou na Webb School. Raymond Alf, o fundador do Museo de Paleontoloxía desa escola, influíu no adolescente McKenna para que se convertera en paleontólogo.
En 1958 obtivo o doutoramnto na Universidade de California, en Barkeley, e comezou o seu traballo de investigación especializándose na historia e evolución dos mamíferos do eoceno inferior dos Estados Unidos, aínda que tamén publicou traballos interdisciplinarios noutros moitos ámbitos, como a cosmoloxía, a xeoloxía e a bioloxía molecular.
Traballou durante 41 anos en el Museo Americano de Historia Natural de Nova York. Despois da súa xubilación, McKenna foi conservador emérito deste Museo, e profesor emérito de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente da Universidade de Columbia, exercendo tamén de adxunto nas Universidades de Colorado e de Wyoming.
En 1997 publicou a súa principal obra, Classification of Mammals Above the Species Level, en dos tomos, escrita conxuntamente coa palenotóloga Susan K. Bell. Nesta obra clasifícanse todos os mamíferos coñecidos, tanto vivos como extintos.
Ademais foi autor dun cento de traballos de investigación, recollidos nunha ducia de volumes, aínda que o seu traballo con Bell foi tan ben recibido no ámbito académico, que eclipsou o resto da súa obra. Stephen Jay Gould, prominente evolucionista, dixo que «todo o que aprendera sobre os mamíferos, aprendérao de Malcolm McKenna».[1]
Morreu o 3 de marzo de 2008 en Boulder, Colorado.[2]
Algunhas publicacións
editarObra principal
editar- McKenna, Malcolm; Bell, Susan K. (1997). Classification of Mammals Above the Species Level. Columbia University Press. ISBN 0-2311-1012-X.
- McKenna, Malcolm; Bell, Susan K. (2000). Classification of Mammals Above the Species Level. Columbia University Press. ISBN 0-2311-1013-8.
Outras obras importantes
editar- Malcolm C. McKenna (1960): Fossil mammalia from the early wasatchian four mile fauna, Eocene of northwest Colorado. Berkeley, California, USA: University of California publications in geological sciences, v. 37, nº 1. University of California Press.
- Malcolm C. McKenna (1960): "The Geolabidinae: a new subfamily of early Cenozoic Erinaceoid insectivores". Berkeley, California, USA: University of California publications in geological sciences, v. 37, nº 2. University of California Press.
- Daryl P. Domning, Clayton E. Ray & Malcolm C. McKenna (1986): Two new Oligocene desmostylians and a discussion of tethytherian systematics Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Washington: Smithsonian contributions to paleobiology, nº 59. Smithsonian Institution Press. ISBN 0-0008-1026-6.
- Frederick S. Szalay, Michael J. Novacek & Malcolm C. McKenna, eds. (1993): Mammal phylogeny. Plancentals. Springer-Verlag GmbH. ISBN 0-3879-7853-4.
- Frederick S. Szalay, Michael J. Novacek & Malcolm C. McKenna, eds. (1993): Mammal phylogeny. Mesozoic differentiation, multituberculates, monotremes, early therians, and marsupials. Springer-Verlag GmbH. ISBN 0-3879-7854-2.
Honores
editarAbreviatura
editarA abreviatura McKenna emprégase pa recoñecer a Malcolm McKenna como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
editar- ↑ American Museum of Natural History (2008). "Malcolm Carnegie McKenna, 77, Paleontologist" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2008. Consultado o 3 de maio de 2016.
- ↑ "Malcolm Carnegie McKenna". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2017. Consultado o 02 de maio de 2016.