Museo Americano de Historia Natural
O Museo Americano de Historia Natural,[1] en inglés: American Museum of Natural History (AMNH), situado no Upper West Side de Manhattan no 200 Central Park West de Nova York, Estados Unidos, é un dos maiores e máis famosos museos de historia natural do mundo. Situado nuns terreos axardinados fronte ao Central Park, componse de 27 edificios interconectados que albergan 46 salas de exposición permanentes, laboratorios de investigación e a súa famosa biblioteca.
Museo Americano de Historia Natural | |
---|---|
Coordenadas | 40°46′51″N 73°58′28″O / 40.780833333333, -73.974444444444 |
País | Estados Unidos de América |
Cidade | Manhattan |
Tipo | Historia natural |
Director | Ellen Victoria Futter |
Inauguración | 6 de abril de 1869 |
Visitantes | 5 millóns/ano |
Na rede | |
http://www.amnh.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
As súas coleccións están formadas por máis de 34 millóns de espécimes, dos cales só unha pequena parte pode ser exposta á vez.[2]
Conta con 225 investigadores a tempo completo, patrocina máis de 120 expedicións científicas cada ano,[3] e recibe unha media anual de cinco millóns de visitantes.[4]
O AMNH é unha organización privada.[5]
A súa declaración de obxectivos é:
Descubrir, interpretar e difundir, a través da investigación científica e a educación, o coñecemento sobre as culturas humanas, o mundo natural e o universo.[6]
Historia
editarO museo foi fundado en 1869. A fundación do museo realizou o soño do naturalista Albert S. Bickmore, alumno do zoólogo de Harvard Louis Agassiz, que meteu presión incansabelmente durante anos para o establecemento dun museo de historia natural en Nova York. A súa proposta, respaldada por poderosos patrocinadores, ganou o apoio do gobernador do estado de Nova York, John Thompson Hoffman, que asinou un proxecto de lei creando oficialmente o Museo Americano de Historia Natural o 6 de abril de 1869.
En 1909, científicos do museo realizaron unha reconstrución da mandíbula dun tiburón, pero os expertos modernos demostraron que era demasiado grande e que estaba baseada en presuncións incorrectas.[7]
Investigacións
editarÁreas principais de investigacións e proxectos:
- Antropoloxía
- Ciencias físicas
- Conservación da biodiversidade
- Xenoma
- Informática
- Invertebrados
- Paleontoloxía
- Zooloxía de vertebrados, incluíndo
Cultura popular
editar- O Museo Americano de Historia Natural é o principal escenario da comedia estadounidense Night at the Museum (protagonizada por Ben Stiller), así como o da súa secuela Night at the Museum: Battle of the Smithsonian. O museo tamén é o escenario habitual nas novelas de Douglas Preston e Lincoln Child.
Imaxes
editarNotas
editar- ↑ "Esquema do Museo Americano de Historia Natural" (PDF). Museo Americano de Historia Natural. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 de xuño de 2012. Consultado o 17 de novembro de 2022.
- ↑ "Dioramas at the Museum: Millions of Specimens in Context". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2019. Consultado o 17 de novembro de 2022.
- ↑ "American Museum of Natural History - Overview and Programs". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2009. Consultado o 17 de novembro de 2022.
- ↑ "Nº 7 American Museum of Natural History, New York City". Travel + Leisure. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2014. Consultado o 17 de novembro de 2022.
- ↑ "American Museum of Natural History". Charity Navigator. Arquivado dende o orixinal o February 4, 2022. Consultado o March 25, 2022.
- ↑ "Mission Statement". AMNH. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2018. Consultado o 11 de decembro de 2018.
- ↑ Sala, Ángel (2005). "I. Bases fácticas y artísticas para una idea". En M. Tangir, Osvaldo. Tiburón ¡Vas a necesitar un barco más grande! El filme que cambió Hollywood. Hombres y tiburones: de la leyenda al estudio científico (2005 ed.). Barcelona, España: Círculo Latino, Sociedad Limitada. p. 9. ISBN 8496129721.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo Americano de Historia Natural |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- American Museum of Natural History na Enciclopedia Británica
- AMNH American Museum of Natural History main website
- OLogy AMNH's site for kids devoted to the various kinds of studies
- AMNH Research department websites
- AMNH Informatics Department
- History of the AMNH
- Early history of the AMNH
- American Museum of Natural History at About.com
- Seminars on Science Online graduate science courses for educators
- Visitar el museo Información en español para a visita