Lollapalooza
Lollapalooza é un festival musical estadounidense que se celebra anualmente e amosa recoñecidas bandas de heavy metal, rock alternativo, hip hop e punk rock, ademais de espectáculos de danza, comedia e talleres. Tamén proporciona unha plataforma para organizacións políticas e sen ánimo de lucro.
Historia e características
editarPolos escenarios de Lollapalooza pasaron unha ampla variedade de grupos e o festival axudou a popularizar a artistas ou bandas alternativas como Red Hot Chili Peppers, Pearl Jam, Primus, The Killers, Rage Against the Machine, Arcade Fire, Nine Inch Nails, Jane's Addiction, Soundgarden, Siouxsie & the Banshees, The Smashing Pumpkins, Muse, Alice in Chains, Tool, Hole, 30 Seconds to Mars, The Strokes, Lady Gaga e Green Day.
Concibido e creado en 1991 polo vocalista de Jane's Addiction Perry Farrell como unha xira de despedida da súa banda, Lollapalooza celebrouse anualmente ata 1997, e recuperouse no ano 2003. Dende a súa creación ata 1997, e na súa edición do 2003 o festival xirou por Norteamérica. No ano 2004 os seus organizadores decidiron aumentar as datas a dous días por cidade, pero as baixas vendas de entradas fixeron que esa edición fose cancelada. No 2005, Farrell e a William Morris Agency asociada coa compañía de Austin, Texas Capital Sports Entertainment (agora C3 Presents), reestructuraron Lollapalooza ao seu actual formato, un festival de fin de semana en Grant Park, Chicago, Illinois. No 2010 anunciaron que Lollapalooza estrearíase no estranxeiro, facéndose tamén en Santiago de Chile os días 2 e 3 de abril do 2011.