Little Miss Sunshine
Little Miss Sunshine é un filme estadounidense do ano 2006, dirixida por Jonathan Dayton e Valerie Faris. A película gañou o Óscar ó mellor actor secundario (Alan Arkin) e o Óscar ó mellor guión orixinal e foi candidata ó Óscar ó mellor filme, á parte de participar e obter outros premios.
Little Miss Sunshine | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Little Miss Sunshine |
Director | Jonathan Dayton e Valerie Faris |
Produtor | Marc Turtletaub David T. Friendly Peter Saraf Albert Berger Ron Yerxa |
Guión | Michael Arndt |
Intérpretes | Steve Carell Toni Collette Greg Kinnear Alan Arkin Beth Grant Paul Dano Abigail Breslin |
Música | Mychael Danna DeVotchka |
Fotografía | Tim Suhrstedt |
Montaxe | Pamela Martin |
Estrea | 2006 |
Duración | 101 min. |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia, drama |
Orzamento | $8 000 000[1] |
Recadación | $100 523 181 |
Na rede | |
http://www.foxsearchlight.com/littlemisssunshine/ | |
Sinopse
editarOs Hoover realizan unha viaxe a California para presentar a nena Olive (Abigail Breslin) a un concurso de beleza chamado Little Miss Sunshine. Ante a grande ilusión da filla, seus pais Richard (Greg Kinnear) e Sheryl (Toni Collette) deciden facer o longo traxecto durante o cal as personalidades dos membros da familia sairán a flote. Na furgoneta Volkswagen marela que empregan para a viaxe van, á parte dos pais, a cativa, o avó de Olive e pai de Richard (Alan Arkin), que axuda a Olive co concurso, o tío Frank (Steve Carell), profesor experto na obra de Marcel Proust que se recupera dun intento de suicidio tras ser abandonado polo seu mozo, e o irmán de Olive, Dwayne (Paul Dano), fanático de Nietzsche que está realizando un voto de silencio até ingresar na Forza Aérea dos Estados Unidos.
Personaxes
editar- Greg Kinnear como Richard Hoover
- Steve Carell como Frank Ginsberg
- Toni Collette como Sheryl Hoover
- Paul Dano como Dwayne Hoover
- Abigail Breslin como Olive Hoover
- Alan Arkin como Edwin Hoover
- Bryan Cranston como Stan Grossman
- Dean Norris como State Trooper McCleary
- Wallace Langham como Kirby
- Beth Grant como Asistente oficial Jenkins
- Mary Lynn Rajskub como Asistente do concurso Pam
- Matt Winston como Asistente MC
Premios
editarRecibiu en total 31 premios e 34 candidaturas.
Ano | Categoría | Candidatos | Resultado |
---|---|---|---|
2006 | Mellor filme | Candidata | |
2006 | Mellor actor secundario | Alan Arkin | Gañador |
2006 | Mellor actriz secundaria | Abigail Breslin | Candidata |
2006 | Mellor guión orixinal | Michael Arndt | Gañadora |
Ano | Categoría | Candidatos | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical | Candidata | |
2007 | Globo de Oro á mellor actriz - Comedia ou musical | Toni Collette | Candidata |
Ano | Categoría | Candidatos | Resultado |
---|---|---|---|
2006 | BAFTA á mellor película | Candidata | |
2006 | BAFTA ó mellor director | Jonathan Dayton Valerie Faris |
Candidatos |
2006 | BAFTA ó mellor actor secundario | Alan Arkin | Gañador |
2006 | BAFTA á mellor actriz secundaria | Abigail Breslin | Candidata |
2006 | BAFTA á mellor actriz secundaria | Toni Collette | Candidata |
2006 | BAFTA ó mellor guión orixinal | Michael Arndt | Gañadora |
Ano | Categoría | Candidatos | Resultado |
---|---|---|---|
2006 | Premio SAG ó mellor elenco de actores | Gañadora | |
2006 | Premio SAG ó mellor actor secundario | Alan Arkin | Candidato |
2006 | Premio SAG á mellor actriz secundaria | Abigail Breslin | Candidata |
Comentarios
editar- A rodaxe realizouse entre os estados de California e Arizona. Concretamente en Arizona filmouse nas localidades de Chandler, Flagstaff e Phoenix. No estado de California gravouse nos Ánxeles, Santa Clarita e Ventura.
- O DVD trae finais alternativos onde rouban o premio do concurso.
- Os directores, habituais no mundo dos vídeos musicais, realizaron videoclips para Red Hot Chili Peppers, R.E.M., The Smashing Pumpkins e Oasis, entre outros.
- A actriz Mary Lynn Rajskub (1971) fai unha aparición cun pequeno papel na fin do filme.
Banda sonora
editar- Sufjan Stevens: Chicago (Sufjan Stevens).
- Matt Winston: America The Beautiful (tradicional).
- Francisco Javier González e Jose Zúñiga: Tu Abandono (Xocoyotzin Herrera).
- John Ehrlich: Information Highway (John Ehrlich).
- DeVotchka: Enemy Guns (DeVotchka).
- Casandra Ashe: Give My Regards To Broadway (George M. Cohan).
- Conway Twitty: Fifteen Years Ago (Raymond A. Smith).
- Inspiration: You've Got Me Dancing (Gordon Pogoda e Barry Upton).
- DeVotchka: La llorona (tradicional).
- Lindsey Jordan: Rodeo Queen (Darvin Jordan).
- David Sparkman: Martini Lounge (David Sparkman, Scott Nickoley e Jamie Dunlap).
- Pulse: Give It Up (Marc Dold e Judith Martin).
- John Ehrlich: Change The World (John Ehrlich).
- Julie Griffin: Let It Go (Gordon Pogoda).
- Rick James: Super Freak (Rick James e Alonzo Miller).
- DeVotchka: Til The End Of Time (Nick Urata e DeVotchka).
- Sufjan Stevens: No Man's Land (Sufjan Stevens).
Guión
editarAntes de escribir o guión, Arndt leu nun xornal que o actor e gobernador de California Arnold Schwarzenegger, nun discurso ante uns escolares, dixo: «Se hai algo neste mundo que me dea noxo, son os perdedores. Desprézoos profundamente». Como resultado, Arndt creou un guión satirizando esa actitude[2].
Notas
editar- ↑ "Little Miss Sunshine at Box Office Mojo" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2009.
- ↑ "Little Miss Sunshine: The Shooting Script" (en inglés). FORA.tv. 15-II-07. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2011. Consultado o 26 de novembro de 2009.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Little Miss Sunshine na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)