Linguas arauacas
As linguas arauacas[2] son unha familia de linguas indíxenas de América, estendida por América do Sur e as Antillas. Recibe o seu nome da lingua arauaca. É unha das máis diversas e estendidas de América, no senso de que inclúe máis variedades coñecidas e alcanza unha dispersión territorial maior. Algúns autores postulan que as linguas arauacas propiamente ditas (maipureanas) poderían estar emparentadas coas linguas guahibanas e as arauanas, e para elas emprégase o termo macroarauaco.
Arauaco | ||
---|---|---|
Falado en: | Bolivia, Güiana, Güiana Francesa, Suriname, Venezuela, Colombia, Perú, Brasil, Paraguai, Belize, Honduras, Nicaragua, Guatemala, Arxentina, Porto Rico, Cuba, Xamaica, República Dominicana e Haití. | |
Rexións: | En cada país de América do Sur, agás Ecuador, o Uruguai e Chile | |
Total de falantes: | ~688.000 (2009)[1] | |
Familia: | Macroarauaco Arauaco | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
A denominación «linguas maipureanas» é equivalente, aínda que ten un uso máis limitado e foi acuñado por Filippo Salvatore Gilii en 1772, provén da lingua maipure, falada no século XVIII en Colombia e Venezuela.
Notas
editar- ↑ ethnologue Statistical Summaries
- ↑ Definición de arauaco, -ca no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |