Lingua achagua
O achagua[3] é unha lingua da familia arauaca de Colombia.[4]
Achagua Achawa | ||
---|---|---|
Falado en: | Colombia | |
Rexións: | Meta | |
Total de falantes: | 250 (2000)[1] | |
Familia: | Americana Arauaco Setentrional Arauaco do alto Amazonas Nawiki occidental Piapoco Achagua | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | aca
| |
Mapa | ||
Status | ||
Distribución xeográfica
editarOs achagua viven preto do río Meta, a maioría vive nun casarío de 50 casas, denominado Umapo no concello de Puerto López, outras 5 familias viven nun asentamento do departamento de Casanare.
Escrita
editarA primeira obra en achagua é un dicionario compilado polos misioneiros Alonso Neira e Juan Ribero en 1726 e que permanece inédito, Arte y vocabulario de la lengua Achagua. Doctrina cristiana, confesionario de uno y otro sexo o instrucción de catecumenos. Dende 1983 véñense publicando materiais relixiosos e de aprendizaxe da lingua nun alfabeto propio desenvolvido por misioneiros protestantes.
Historia
editarAntes de chegaren os españois estímase o seu número entre 50.000 e 100.000, o grupo máis grande habitaba entre os ríos Vichada e Guavire, na rexión dos Llanos Orientales, aínda que tamén había grupos importantes nos Llanos de Casanare, Barinas ( ao longo do río Apure) e en Barraguán. No século XVIII comeza a diminuír o seu número, polas guerras de conquista dos españois e polas novas enfermidades traídas polos europeos, os que quedaron buscaron refuxio nas misións xesuítas.
Notas
editar- ↑ "A lingua achagua en Ethnologue". Consultado o 8 de maio de 2019.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ García-Miguel, José M. (2000). "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística". En F. Ramallo; G. Rei-Doval; X.P. Rodríguez Yáñez. Manual de Ciencias da Linguaxe (PDF). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. pp. 173–220. ISBN 84-8302-588-4.
- ↑ Neira, Alonso de. World Digital Library, ed. "The Art and Vocabulary of the Achagua Language". Consultado o 23 de maio de 2013.